Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.674

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de novenbro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o concurso-oposición para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, convocado pola Resolución do 24 de outubro de 1996.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Resolución do 24 de outubro de 1996 (DOG nº 218, do 8 de novembro) para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde e elevado a este centro directivo, por parte dos tribunais que o xulgan, o acordo que contén a relación alfabetizada de aspirantes que superaron o concurso-oposición con indicación da puntuación obtida, procede agora, de conformidade co establecido na base sétima da dita resolución, resolve-lo concurso-oposición e publicar no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes que resultaron seleccionados pola orde de puntuación final, especificando o sistema de acceso fibre ou de promoción interna, segundo o caso.

Así mesmo, a base oitava da Resolución do 24 de outubro de 1996 dispón que na mesma resolución se concede o prazo para presentaren a documentación oportuna os ditos aspirantes seleccionados, que, por motivos de axilidade, será de dez días naturais, tramitándose co carácter de urxencia, segundo establece o artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de decembro.

Por último, segundo o disposto na base décima da devandita convocatoria, na presente resolución articúlase a solicitude expresa dos destinos ofertados, que para cada unha das referidas clases se indican no anexo respectivo, para proceder á súa adxudicación os aspirantes seleccionados pola orde de saída da oposición.

En consecuencia, este centro directivo,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar resolto o concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, convocado pola Resolución do 24 de outubro de 1996.

Segundo.-Declarar seleccionados os seguintes aspirantes da clase de médicos titulares polo sistema de acceso libre, pola súa orde de puntuación:

1º. Mª Luisa Carretero Díaz, DNI 34.254.957.

2º. Miguel Fco. González-Anleo Rodríguez, DNI 11.377.605.

3º. Mª Teresa Pena Babío, DNI 32.433.304.

Terceiro.-Producida a oportuna rectificación aritmética na puntuación outorgada ós aspirantes polo sistema de promoción interna da clase de médicos titulares, respecto da publicada polo Acordo do 20 de outubro de 1997 (DOG nº 210, do 30 de outubro), no sentido de adxudicar unha nova puntuación na fase de concurso, de 97,35 puntos a Jesús Rafael Benito Grande Estévez e de 99 puntos a César Antonio Vila Blanco, cunha puntuación final de 259,75 e 253,6 puntos respectivamente, declárase seleccionado nesta quenda a Jesús Rafael Benito Grande Estévez, DNI 34.908.604.

Cuarto.-Declarar seleccionados os seguintes aspirantes da clase de practicantes titulares, pola súa orde de puntuación:

1º. Purificación Cal Viqueira, DNI 32.787.857.

2º. Manuel Sayáns Liste, DNI 35.284.691.

3º. Antonio Eduardo López Rodríguez, DNI 32.418.031.

4º. Guadalupe Inés Fontao González, DNI 35.226.643.

Quinto.-Declarar seleccionados os seguintes aspirantes da clase de matronas titulares, pola súa orde de puntuación:

1º. Mª Ramona Casares Souto, DNI 35.422.110.

2º. Mª Concepción García Rodríguez, DNI 34.904.714.

3º. Mª Luisa Crespo Rodríguez, DNI 32.330.274.

Sexto.-De conformidade coa base oitava da Resolución do 24 de outubro de 1996, os aspirantes seleccionados deberán presentar en calquera dos organismos previstos no apartado 4 da base terceira da dita resolución os seguintes documentos, dirixidos

ó director xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente clase.

c) Declaración xurada ou promesa de non estaren separados mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitados para o exercicio de funcións públicas.

d) Certificado médico en modelo oficial, acreditativo de non estaren afectados por limitacións físicas ou psíquicas que os imposibiliten para o desempeño das funcións correspondentes á praza que pretenden desempeñar.

e) Declaración xurada ou promesa de non incorreren en incompatibilidade conforme a lexislación vixente.

Os aspirantes aprobados que tivesen a condición de persoal fixo, por calquera vínculo ó servicio das administracións públicas ou dos servicios de saúde, estarán exentos de acredita-las condicións e requisitos xa xustificados para obteren o seu anterior nomeamento, e deberán presentar certificación do organismo de que dependan na que acrediten a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal. En todo caso, achegarán os documentos a que fan referencia os parágrafos c) e d).

Os que dentro do prazo fixado, e salvo casos de forza maior libremente apreciada pola autoridade convocante, non presentasen a documentación, ou do exame dela se deducise que carecen dalgúns requisitos esixidos para seren nomeados funcionarios, quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade na sú instancia.

Setimo.-De conformidade coa base novena da devandita convocatoria, os aspirantes deben elixir obrigatoriamente destino, solicitándoo expresamente mediante escrito que deberán xuntar á documentación referida no punto anterior, indicando de xeito ordenado os destinos preferidos, en número igual ó de prazas convocadas, segundo as seguintes previsións:

a) Para a clase de médicos titulares relaciónanse no anexo I da presente resolución os postos de traballo que se ofertan para a elección de destino definitivo nos que concorren os requisitos esixidos no apartado 1 da base novena da Resolución do 24 de outubro de 1996 do proceso selectivo.

b) Para a clase de practicantes titulares relaciónanse no anexo II da presente resolución os postos de traballo que se ofertan para a elección de destino definitivo, distinguíndose entre o único posto de traballo que se oferta no que concorren os requisitos esixidos na convocatoria, e as seis prazas restantes, que na actualidade xa non cumpren os requisitos

indicados na dita Resolución do 24 de outubro de 1996 por estaren integrados en unidades de atención primaria con posterioridade ó día 26 de maio de 1995 e, en consecuencia, teñan a condición de prazas estatutarias pero que na dita data si cumprían a condición de atoparse vacantes trala resolución definitiva do concurso de traslados convocado pola Resolución do 19 de decembro de 1994.

En todo caso, a aqueles aspirantes ós que se lles adxudique co carácter de destino definitivo algunha destas seis prazas, seralles plenamente de aplicación o disposto na Orde do 30 de maio de 1996 (DOG nº 123, do 24 de xuño), pola que se sistematiza o réxime xurídico do persoal pertencente ás clases de médicos e practicantes titulares como consecuencia da posta en funcionamento do novo modelo de atención primaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Para a clase de matronas titulares relaciónanse no anexo III da presente resolución os postos de traballo que se ofertan para a súa cobertura co carácter de destino provisional nos termos previstos no apartado 2 da base novena da convocatoria.

Oitava.-Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso ordinario ante este centro directivo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Médicos titulares

Provincia: A Coruña

Dumbría 1º

Dumbría 2º

Fisterra 1º

Fisterra 2º

Malpica de Bergantiños 2º

Provincia: Lugo

Abadín

Alfoz

Bóveda

Cervantes 1º

Cervantes 2º

Folgoso do Courel

Lourenzá

Meira

Mondonedo 2º

Navia de Suarna 1º

Pedrafita do Cebreiro

A Pobra de Brollón 1º

Pol

Portomarín

Ribeira de Piquín

Samos

Sober 1º

Taboada 1º

Triacastela

O Valadouro

Xermade

Provincia: Ourense

Muíños

Provincia: Pontevedra

Crecente 2º

ANEXO II

Practicantes titulares

Prazas non integradas

Provincia: Lugo

Folgoso do Courel

Prazas integradas

Provincia: A Coruña

Noia

Provincia: Ourense

Castro Caldelas-A Teixeira

Larouco

Pontedeva

A Veiga

Vilariño de Conso

ANEXO III

Matronas titulares

Provincia: A Coruña

Corcubión

Curtis

Laracha

Malpica de Bergantiños

Oza dos Ríos

Ponteceso

Vilarmaior

Cerdido

Fene

Ferrol 1º

Mañón

Moeche

Mugardos

Ortigueira

As Pontes de García Rodríguez

As Somozas

Arzúa

Mazaricos

Melide

Muros

Negreira

Noia

A Pobra do Caramiñal

Santiso

Toques

Touro

Provincia: Lugo

Alfoz

Baralla

Barreiros

Carballedo

Cospeito

O Incio

Monforte de Lemos

Navia de Suarna

Ourol

Portomarín

Quiroga

Sarria

Vilalba

Viveiro

Provincia: Ourense

Allariz

Avión

Baltar

Bande

Baños de Molgas

O Barco de Valdeorras

Beariz

Os Blancos

Calvos de Randín

Carballeda de Avia

Carballeda de Valdeorras

Castrelo do Val

Castro Caldelas-A Teixeira 1º

Castro Caldelas-A Teixeira 2º

Celanova 1º

Celanova 2º

Cortegada

Cualedro

Esgos

Gomesende

A Gudiña

Leiro

Lobeira

Lobios

Maceda

Manzaneda

Melón

A Mezquita

Montederramo

Monterrei

Muínos

Oímbra

Ourense 1º

Paderne de Allariz

Padrenda

O Pereiro de Aguiar

A Peroxa

Petín

A Pobra de Trives

Porqueira

Rairiz de Veiga

Ramirás

Riós

A Rúa

Rubiá

San Amaro

San Cibrao das Viñas

Sarreaus

Taboadela

Toén

Trasmiras

A Veiga

Verín

Viana do Bolo

Vilamarín

Vilamartín de Valdeorras

Vilar de Santos

Vilariño de Conso

Xunqueira de Ambía

Provincia: Pontevedra

Arbo

A Cañiza

O Covelo

Crecente

Fornelos

A Guarda

Mondariz

As Neves

Salceda de Caselas

Salvaterra de Miño

Catoira

Dozón

A Lama

Meis

Ribadumia

Rodeiro

Valga-Pontecesures

Vila de Cruces

Vilagarcía de Arousa 1º