Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.673

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Sta. María Madre-Dr.Cabaleiro Goás de Ourense, relativos á publicación de puntuacións do terceiro exercicio e á celebración do cuarto exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Sta. María Madre-Dr.Cabaleiro Goás de Ourense por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), e adoptado acordo polos respectivos

tribunais sobre a publicación das puntuacións outorgadas ós aspirantes no terceiro exercicio da fase de oposición, así como sobre o lugar, data e hora de realización do cuarto exercicio da fase de oposición das categorías de ATS/DUE, grupo de xestión da función administrativa e asistente social, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose para iso expresamente a este centro directivo, polo que,

RESOLVE:

Primeiro,-as puntuacións obtidas polos aspirantes das categorías de TEL, TER, auxiliar de enfermería, auxiliar administrativo, telefonista, celador e operario, relativas ó terceiro exercicio da fase de oposición, tendo en conta que, de conformidade coa

devandita convocatoria, tódolos presentados a estes último exercicio teñen a consideración de aptos.

Non obstante, de presentarse solicitudes de comprobación ou revisión da puntualización outorgada, a estimación ou desestimación, se é o caso, destas entenderase implícita na resolución que publique a conclusión da fase de oposición.

Segundo.-Convoca-los aspirantes que superaron o terceiro exercicio da fase de oposicións das categorías de ATS/DUE, grupo de xestión da función administrativa e asistente social para o vindeiro día 11 de decembro de 1997, na Escola Universitaria de Enfermería do Complexo Hospitalario Sta. María Madre-Dr.Cabaleiro Goás de Ourense, ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo; excluiranse do concurso-oposición aqueles que non comparezan.

Terceiro.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base novena da convocatoria.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos