Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.652

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio de alimentación.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector do comercio de alimentación, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-8-1997, subscrito en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Empresarios de Comercio de Alimentación de Pontevedra e pola Asociación de Supermercados e Autoservicios de Pontevedra, e da parte social, polas centráis sindicáis CC.OO. e UGT, en data 31-7-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representaeións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.- Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de agosto de 1997.

F. Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito persoal funcional.

O presente convenio afecta no seu contido normativo a toda a provincia de Pontevedra, e abrangue tódalas actividades do sector do comercio de alimentación nas que se inclúen maioristas e distribuidores, retallistas, supermercados e autoservicios e similares e en xeral tódalas empresas dos sectores do comercio de alimentación e comercio de gandería, rexidas pola-ordenanza laboral de comercio, a cal é aplicable subsidiariamente en todo o establecido no presente convenio e para todo o persoal destas.

Artigo 2º.-Vixencia.

A duración do presente convenio será desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1998. A denuncia do convenio entenderase validamente efectuada por calquera das partes sempre que medie comunicación por escrito á outra parte antes do último mes de vixencia ordinaria do convenio.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas, compensación e absorción.

As melloras económicas obtidas no presente convenio non podarán ser absorbidas nin compensadas por melloras voluntarias anteriores ou futuras.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para tódolos traballadores do sector será de corenta horas semanais, de luns a venres, excepto retallistas de alimentación, establecementos de cash-almacén, para os cales a xornada finalizará o sábado.

Nos almacéns maioristas poderase ter un retén os sábados ata un máximo de catro persoas, rotativo e de acorde a empresa co comité; o remate da dita xornada será as doce horas.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán anualmente dunhas vacacións retribuídas de acorde coas seguintes condicións:

lª. Terán unha duración de 31 días naturais, independentes da categoría profesional de cada traballador.

2ª. As vacacións poderanse desfrutar no transcurso do ano, sendo obrigatorio para a empresa conceder estas, polo menos nun 40% do cadro de persoal, durante o periodo abranguido entre o 15 de maio e o 30 de setembro, de forma rotativa.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute e anunciaranse no taboleiro de anuncios do centro de traballo.

3ª. Cando un traballador cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional das vacacións.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

De conformidade co disposto na Lei de xornada máxima, pode ser autorizada polo delegado de Traballo a realización de horas extraordinarias, que se

retribuirán para o persoal indistintamente cun aumento do 75%, retribuíndose co 150% as realizadas en domingo e días festivos.

Enténdese que tales recargos son establecidos con carácter xeral e mínimo, e podarán ser substituídos por outros superiores.

Os límites máximos de horas extraordinarias serán os seguintes:

-Día: 02 horas.

-Mes: 15 horas.

-Ano: 70 horas.

Artigo 7º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con saldo en calquera dos casos seguintes:

a) Casamento do traballador: 15 días.

b) Necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admiten demora: 2 días.

c) Morte ou enterramento do cónxuxe, pais, avós, fillos, netos ou irmáns, enfermidade do cónxuxe, pais e fillos e parto da esposa: 3 días.

En caso de desprazamento por estas motivos, a licencia será de catro días, ampliables a cinco días, se o desprazamento é fóra da provincia.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a unha licencia retribuída de dous días. A dita licencia non poderá ser acumulada en vacacións, pontes ou calquera outra licencia. Tampouco se podará desfrutar durante o mes de decembro, e deberá ser solicitada cunha antelación de cinco días. A súa concesión estará suxeita á orde de prioridade da solicitude, en caso de coincidencia de datas.

Artigo 8º.-Excedencias.

Poderán solicita-la excedencia voluntaria tódolos traballadores da empresa sempre que leven polo menos un ano de servicio.

A excedencia voluntaria concederase por prazo non inferior a dous anos nin superior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia. Non se computará para ningún efecto o tempo que os traballadores permanecesen nesta situación.

Ó remata-la situación de excedencia, o persoal terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza na súa categoria se non houbese traballadores en situación de excedencia forzosa.

A empresa concederá preceptivamente a excedencia voluntaria por un tempo non superior a un ano, cando medien fundamentos serios debidamente xustificados de orde familiar, terminación de estudios, etc.

Perderase o dereito o reingreso na empresa se non fose solicitado polo interesado antes de expira-lo prazo que lle foi concedido.

Darán lugar á situación de excedencia forzosa calquera das causas seguintes:

a) Nomeamento para cargo que teña que facerse por decreto, por designación ou para cargo electivo.

b) Enfermidade.

c) Maternidade, por un prazo non superior a tres anos.

A esta excedencia podarán optar a nai ou o pai ós que afecte a dita situación.

Artigo 9º.-(Sen contido).

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado percibirá tres pagas extraordinarias consistentes nunha mensualidade dos salarios bases vixentes en cada momento, maila antigüidade e melloras voluntarias que conceden as empresas. Estas serán aboadas:

a) Paga de verán: o día 18 de xullo.

b) Paga de Nadal: o día 22 de decembro.

c) Paga de beneficios: esta aboarase o día 1 de xaneiro e poderá prorrogarse ata o 31 de marzo.

Artigo 11º.-Condicións económicas.

O incremento salarial para o primeiro ano de vixencia do convenio será do 2,8%. Acórdase unha revisión salarial para o suposto en que o IPC real supere a devandita porcentaxe.

Para o segundo ano, páctase un incremento salarial consistente no IPC previsto, cunha revisión na contía en que ó final do ano o IPC real supere ó IPC previsto.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Complemento de antigüidade. A confía de complemento de antigüidade será a que o 31 de decembro de 1994 figure en nómina como plus de antigüidade e aboarase nas 15 mensualidades.

Ós traballadores que o 31 de decembro de 1994 cumpran algún trienio aboaráselles este cuantificándose a partir da dita data a antigüidade por cuadrienios, que empezarán a percibi-los traballadores que a partir da dita data empecen a xerar cuadrienios. O dito concepto denominado complemento de antigüidade introducirase en nómina, o cal será cotizable, e non será absorbible por ningún outro concepto salarial.

Será aplicado a este concepto o incremento pactado en cada negociación colectiva.

Antigüidade. En concepto de antiguidade establécense cuadrienios na confía dun 6% sobre o salario do convenio vixente en cada momento e para cada categoría.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

Terán dereito a estas tódolos traballadores que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexan obrigados a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo

a dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que imposibiliten o seu regreso e sexo preciso efectuar comidas fóra do seu propio domicilio ou teñan necesidade de desprazarse a localidades onde tamén lle esixa a misión encomendada unha permanencia que obrigue a tomar aloxamento.

A súa confía será a seguinte:

-Axuda de custo completa: 4.862 ptas.

-Xantar: 1.537 ptas.

-Cama: 1.384 ptas.

-Almorzo: 460 ptas.

-Cea: 1.445 ptas.

Artigo 14º.-Complemento asistencial en caso de enfermidade ou accidente.

Durante as situacións de incapacidade laboral transitoria as empresas aboarán desde o primeiro día o 100% do salario, podendo resarcirse as empresas coas cantidades que a Seguridade Social aboa como prestación pola dita continxencia.

Artigo 15º.-Axuda escolar.

Todo traballador que teña fillos abranguidos en toda a etapa de EXB (educación xeral básica) percibirá por concepto de axuda escolar a contía de 8.542 ptas. anuais por cada fillo. A dita cantidade aboarase ó comeza-lo curso. Será requisito indispensable que os fillos figuren como beneficiarios na cartilla da Seguridade Social do traballador.

Artigo 16º.-Plus de incapacidade.

Tódolos traballadores que teñan algún fillo subnormal, diminuído físico ou minusválido percibirán a contía de 8.542 ptas. mensuais por cada fillo que se atope nas ditas circunstancias.

Artigo 17º.-Servicio militar.

O persoal abranguido no presente convenio ten dereito a que se lle respecte o posto de traballo durante o tempo que dure o servicio militar e dous meses máis.

Así mesmo o persoal que leve dous anos prestando servicio, durante o tempo que estea prestando o servicio militar ten dereito a percibir, como se estivese presente no traballo, o importe de dúas gratificacións extraordinarias fixas, verán e Nadal.

Se levan máis de tres anos na empresa, tamén percibirán a gratificación de beneficios.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

As empresas estarán abrigadas a facilitarlles ós seus productores un mínimo de dúas pezas de roupa de traballo por ano. Ós choferes e repartidores facilitaráselles uniformes de traballo acondicionados ás temperaturas de verán e inverno, así como roupas de auga. O seu uso será obrigatorio.

Así mesmo, o persoal terá a abriga de conserva-la roupa en bo estado. O traballador estará abrigado

a comprala ó séu cargo cando por abandono ou neglixencia a el imputable as estrague de forma clara.

Artigo 19º.-Ingresos.

Terán dereito preferente para o ingreso, en igualdade de condicións, os que desempeñasen ou desempeñen funcións na empresa con carácter eventual interino ou contratado por tempo determinado e tamén os fillos dos traballadores da empresa, xa estean en activo, xubilados ou falecidos.

Artigo 20º.-Período de proba.

O ingreso entenderase provisional mentres non se cumprise o período de proba que para cada grupo profesional dos enumerados na clasificación profesional se detalla a seguir:

-Grupo I: 6 meses.

-Grupo II: 3 meses.

-Grupo III: 1 mes.

Artigo 21º.-Medidas disciplinarias.

Nos supostos de medidas disciplinarias por parte da empresa, tales como propostas de despedimento, sancións ou amoestacións formais, estas deben ser comunicadas por escrito ó traballador e ó comité de empresa ou delegados correspondentes. Nestes casos, o traballador, se fose chamado pola empresa, poderá ser acompañado polos seus lexítimos representantes legais.

Artigo 22º.-Reparto.

As empresas maioristas recomendarán ós seus clientes a necesidade de que os locais onde teña lugar a recepción das mecadorías solicitadas reúnan as debidas condicións para tratar de evitar no posible tarefas que supoñan excesivo esforzo físico para os traballadores.

Artigo 23º.-Traballadores en cámara de conxelación.

O persoal que traballe en cámaras frigoríficas con permanencia nelas por un tempo como mínimo do 25% da súa xornada laboral, con independencia de que sexa dotado de roupa adecuada ó seu cometido, percibirá un plus do 25% do seu salario regulamentario.

Artigo 24º.-Retirada do carné de conducir e multas.

En caso de retirada do carné de conducir por causa non imputable ó traballador, a empresa comprométese a facilitarlle ó conducir afectado un posto de traballo idóneo, de acorde coa súa categoría profesional sen que con iso vexa diminuído o seu salario.

As multas imputables ó traballador serán aboadas por este, en caso contrario pagaraas a empresa, esta tamén se fará responsable das multas orixinadas por exceso de carga, mal aparcamento en caso de carga ou descarga e número de viaxeiros excesivo que

teñan a condición de ser persoal de servicio da empresa.

Artigo 25º.-Seguridade no posto de traballo.

A todo traballador que, por calquera causa xustificada non puidese seguir desempeñando o posto de traballo para o que foi contratado, a empresa estará obrigada a outorgarlle un dereito preferente de ocupación das vacantes que existen, sempre e cando as características do posto habilitado sexan aptas ás condicións fisicas ou intelectuais do traballador.

Artigo 26º.-Afiliación sindical.

A empresa ten o deber de respecta-lo dereito do traballador á afiliación sindical libre.

As empresas deducirán das nóminas as cotas correspondentes ós afiliados a centrais sindicais. O traballador interesado na relación de tal operación remitiralle á empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde do desconto, o sindicato ó que pertence e a contía da cota correspondente.

Artigo 27º.-Garantía ad persona.

As condicións laborais pactadas neste convenio enténdense co carácter de mínimas, e deberán ser respectadas as condicións de todo tipo que veñan desfrutando os traballadores en canto sexan máis beneficiosas cás aquí establecidas.

Artigo 28º.-Visitas médicas.

En caso de saídas ó médico, a empresa aboará o tempo empregado cando a visita coincida co horario de traballo. Para o seu aboamento será preceptivo que o volante estea asinado polo médico, á vez que datado.

Artigo 29º.-Gastos de locomoción.

Tódolos traballadores percibirán en concepto de plus de locomoción a cantidade de 7.009 pesetas mensuais. Esta cantidade aboarase nos doce meses do ano.

Artigo 30º.-Comité de empresa.

A empresa facilitará local adecuado, no caso de que dispoña del, para as reunións e consultas do delegado ou comité de delegados cos traballadores, así como un taboleiro para poñer comunicacións avisos, carteis, etc.

De acordo co establecido no artigo 68 e) do Estatuto dos traballadores, as horas retribuídas para a representación dos traballadores poderán ser desfrutadas por un ou varios membros dunha mesma organización sindical, sen excede-lo máximo total de horas ás que esta organización sindical ten dereito segundo os seus representantes dentro da empresa concreta na que se propón esta acumulación.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes no presente convenio,

créase unha comisión paritaria que estará composta da seguinte forma:

-Presidente-secretario: o que o foi do convenio, Juan José Piñeiro Gómez-Durán.

-Tres vocais: en representación da parte social.

-Tres vocais: en representación da parte económica.

A dita comisión actuará no ámbito da súa competencia, sen invadi-las esferas daqueles organismos e xurisdiccións que teñan unha competencia determinada concreta recoñecida na normativa de convenios colectivos.

Artigo 32º.-Xubilación.

A idade de xubilación obrigatoria será os 65 anos, sempre e cando se reúnan os requisitos legáis para acceder á correspondente prestación. A xubilación voluntaria será ós 64 anos, segundo a normativa legal vixente en cada momento, e de mutuo acordo, empresa e traballador, ós 60 anos, compensando a empresa as diferencias salariais e de cotización á Seguridade Social ata os 65 anos.

Artigo 33º.-Declaración de principios.

Os representantes sociais asinan o presente convenio, comprometéndose formalmente a realizar unha maior productividade que axude á supervivencia de tódalas empresas do sector. Por outra parte, a representación económica observará o estricto cumprimento do convenio, mellorando as condicións laborais de todo tipo e en xeral dos productores ó seu servicio. Ámbalas partes recoñecen e son conscientes de que forman un todo para que a empresa poida proporciona-los elementos que corresponden a cada unha delas.

Artigo 34º.-Partes que o concertan.

Este convenio foi concertado pola Asociación Provincial de Empresarios, Detallistas e Maioristas de alimentación, pola Asociación de Supermercados e Autoservicios de Pontevedra, por Mercacebi (Mercados centrais da comarca de Vigo), polo gremio provincial de carniceiros e charcuteiros e polas centrais sindicáis CC.OO. e UGT.

Artigo 35º.-Recoñecementos médicos.

As empresas estarán abrigadas a facilitar un recoñecemento médico obrigatorio, con periodicidade mínima dun ano. Os traballadores someteranse voluntariamente ó dito recoñecemento.

Artigo 36º.-Prestación por quilometraxe.

Todos aqueles traballadores que teñan que realizar desprazamentos en vehículo propio en tarefas ou traballos encomendados directamente pola empresa percibirán 29 ptas./km, respectándose as condicións máis beneficiosas que viñesen desfrutando anteriormente ó asinamento do presente convenio.

O anterior enténdese que non afecta a un traslado voluntario a outro centro de traballo.

Artigo 37º.-Traballadores eventuais.

Todos aqueles traballadores temporais e eventuais que a partir do 17 de xuño de 1988 superen tres anos de contratación, nunha ou varias das modalidades temporais de contratación actualmente en vigor, pasarán á situación de fixos.

Para efectos do cómputo da dita duración, contaranse os períodos de traballo efectivo, ILT nas súas distintas clases e duración, e calquera circunstancia que leve consigo unha suspensión temporal do contrato de traballo (coa excepción de calquera tipo de excedencia).

Para estes efectos computarase como tempo traballado a permanencia en empresas filiais da principal.

O presente artigo non será de aplicación a aqueles traballadores que cesen voluntariamente e retornen á empresa ou que sexan contratados ó abeiro do artigo 42º do presente convenio no seu apartado c.

Artigo 38º.-Premios por xubilación.

Se, ó se produci-la xubilación, o traballador acreditase unha antigüidade na empresa de máis de trinta anos, percibirá por parte desta, nun único pagamento, un premio consistente nunha cantidade igual a unha mensualidade do salario real que viñese percibindo.

Artigo 39º.-Descanso semanal.

Cando, por coincidi-lo día de descanso semanal noutro festivo, o traballador se vexa privado do seu desfrute, as empresas veranse na abriga de compensar a este con outro día de descanso en día laborable, nun prazo non superior a quince días, a partir da data do día que lle correspondese desfrutar.

Artigo 40º.-Dereito de información en materia de contratación.

Recóllese no presente artigo a Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación. Para a súa aplicación observaranse as seguintes condicións:

1. O presente texto manterá a súa vixencia no convenio ata o momento da derrogación da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, no que quedará sen efecto.

2. O presente texto recollerá no seu contido calquera modificación que se produza no articulado da citada lei.

«Texto da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

Artigo 1º

1. O empresario entregaralle á representación legal dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que deban celebrarse por escrito a excepción dos contratos de relación laboral especial de alta dirección, sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores.

Co fin de compraba-la adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica conterá tódolos datos do contrato a excepción do número do documento nacional de identidade, o domicilio, o estado civil e calquera outro que de acordo coa Lei orgánica 1/1992, do 5 de maio, puidese afectar á intimidade persoal.

A copia básica será entregada polo empresario nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores, os que a asinarán para efectos de acreditar que se produciu a entrega. Posteriormente a dita copia básica enviarase á oficina de emprego.

Nos contratos suxeitos á obriga de rexistro no Inem a copia básica remitirase xunto co contrato á oficina de emprego. Nos restantes supostos remitirase exclusivamente a copia básica.

2. O empresario notificaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo ós que se refire o número 1, así como as denuncias correspondentes a estas no prazo dos dez días seguintes a aquel en que teña lugar.

3. Os representantes legais dos traballadores deberán recibir, polo menos trimestralmente, información acerca das previsións do empresario sobre celebración de novos contratos, indicando o número destes e as modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como dos supostos de subcontratación.

Artigo 2º

Os representantes da Administración así como os das organizacións sindicais e os das asociacións empresariais que teñan acceso á copia básica dos contratos, en virtude da súa pertenza ós órganos de participación institucional que regulamentariamente teñan tales facultades, observarán sixilo profesional, e non podarán utiliza-la dita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

Artigo 3º

1. O empresario, con ocasión da extinción do contrato, comunicaralles ós traballadores a denuncia ou, se é o caso, o aviso previo da súa extinción, deberá xuntar unha proposta do documento de liquidación das cantidades que se deben.

O traballador poderá solicita-la presencia dun representante legal dos traballadores no momento de proceder ó asinamento do recibo da liquidación, facéndose constar nel o feito do seu asinamento en presencia dun representante legal dos traballadores, ou ben que o traballador non fixo uso desta posibilidade. Se o empresario impedise a presencia do representante no momento do asinamento, o traballador podará facelo constar no propio recibo, para os efectos oportunos.

2. A liquidación dos salarios que correspondan ós traballadores fixos descontinuos, nos supostos de conclusión de cada período de actividade, levarase

a cabo con suxeición ós trámites e garantías establecidas no número anterior».

Artigo 41º.-Clasificación do persoal.

O persoal ó servicio das empresas afectadas por este convenio colectivo quedará encadrado nalgúns dos seguintes grupos profesionais, en función das súas titulacións académicas, aptitudes profesionais e contido xeral da prestación laboral requirida.

As definicións contidas para cada grupo profesional non son exhaustivas, senón meramente enunciativas.

Grupo I. Están abranguidos neste grupo aqueles traballadores que coordinan, dirixen, establecen e crean políticas xerais, prácticas normativas e procedementos amplos, con alto grao de autonomía a partir de directrices xerais. Exercen a supervisión a través de mandos intermedios, co fin de consegui-los obxectivos operacionais marcados.

Grupo II. Están abranguidos neste grupo aqueles traballadores cunha actividad e que se desenvolve baixo especificacións precisas e con certo grao de autonomía, podendo coordina-lo traballo dun equipo, e para o desenvolvemento da cal se requira unha pericia ou habilidade sistemática en actividades ou procesos técnicos, comerciáis, informáticos ou administrativos, estando ou non estandarizados.

Grupo III. Están abranguidos neste grupo aqueles traballadores en postos que se executan baixo instruccións concretas con dependencia xerárquica e funcional total. Esíxese o coñecemento total do oficio e as funcións poden implicar incomodidade temporal ou esforzo físico.

A precedente definición de grupos profesionais non implica a derrogación das categorías profesionais e a súa definición funcional contidas na vixente ordenanza laboral do comercio.

Artigo 42.-Modalidades de contratación.

A) Contrato de formación. Terá unha duración máxima de tres anos, cun salario do 90, 95 e 100% para o primeiro, segundo e terceiro ano respectivamente e en relación co salario base da súa categoría profesional.

B) Contrato en prácticas. A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 100% do salario base da súa categoría profesional. A duración máxima deste contrato será de dous anos.

C) Contrato eventual por circunstancias do mercado. A duración máxima deste contrato será de 13,5 meses dentro dun período de 18 meses, cunha indemnización dun día de salario por mes traballado se o contrato é superior a seis meses.

Artigo 43º.-Mobilidade xeográfica.

A) Desprazamento. As empresas podarán despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos a aquel en que presten os seus servicios, fundamentando o dito desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

B) Traslado. Enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique un cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio, cando o centro de traballo de novo destino diste máis de 40 quilómetros do seu centro actual ou do seu domicilio actual.

Para os supostos de traslados de persoal polos motivos establecidos na lei, establécense os seguintes mecanismos:

* Negociación preceptiva coa representación legal dos traballadores.

* Intervención dos mecanismos do AGA e en caso de desacordo da comisión paritaria.

* Recuperación do posto de traballo anterior en caso de laudo ou sentencia favorable.

* Aviso previo de 45 días.

* Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

* Os traslados non terán unha duración inferior a doce meses nun período de tres anos.

* Se, por traslado, un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se fose traballador da mesma empresa, terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Os casos de traslado darán lugar ó devengo por parte do traballador trasladado dos seguintes conceptos compensatorios:

* Billete para o traballador e os familiares que vivan ás súas expensas.

* Transporte de mobiliario, roupa e utensilio do fogar.

* Indemnización consistente en dúas veces o salario base mensual de categoría profesional, nun único pagamento.

* Compensación durante doce meses da diferencia do custo de vivenda en alugueiro (vivenda das mesmas características).

* Notificada a decisión de traslado, o traballador podará optar pola extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de 25 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades.

Artigo 44º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto á intimidade e/ou contra a liberdade dos traballadores, conductas de acoso sexual verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, graves ou leves en función da repercusión do feito (*). Nos supostos en que se leve a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persoa e/ou con persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, os delegados de persoal, sección sindical e a dirección da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador afectado, procurando silencia-la súa identidade, cando así sexo preciso.

(*) Poderá seguirse o réxime disciplinario establecido no acordo para a substitución da ordenanza do comercio.

Artigo 45º.-Igualdade no traballo.

Respectarase o principio de igualdade no traballo para tódolos efectos, e non se admitirá discriminación por razons de idade, sexo, ideoloxía, raza, minusvalidez, etc.

Artigo 46º.-Cláusula de submisión ó AGA.

Diante da importancia que pode ter para a resolución dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos Colectivos de Traballo (AGA) asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia(CEG) e as organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UGT, as partes asinantes deste convenio durante a vixencia del acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Disposicións adicionais

Primeira.-Ámbalas dúas partes comprométense a inicia-la negociación do convenio colectivo a partir da segunda quincena do mes de xaneiro de cada ano.

Segunda .-As partes asinantes amasan a sú a vontade de que a figura contractual prevista no Art. 42.c) se leve a cabo de acordo coa declaración de motivos contida nel. Para tal efecto a comisión paritaria do convenio fará un seguimento específico, nos termos previstos no artigo 31 do propio texto, a través de reunións que só se celebrarán por instancia de cada unha das partes asinantes.

TÁBOA SALARIAL

Grupo

Profes.

Nivel

Salar.

Categorías incluídasSalario

base

Xefe de división114.799
Xefe de sección administrativa114.799
Xefe de persoal114.799
AXefe de compras114.799
Xefe de división114.799
Xefe de vendas114.799
Encargado xeral114.799
I
Xefe administrativo110.772
Xefe de almacén110.772
BContable-caixeiro110.772
Oficial administrativo110.772
Operador máquinas contables110.772

Prof. de oficio de 1ª-chofer 1ª106.745
AXefe de grupo106.745
Viaxante106.745
Xefe de supermercado106.745
II
Corredor de praza102.712
Vendedor, poxador, comprador102.712
Dependente maior102.712
Xefe de sección mercantil102.712

Grupo

Profes.

Nivel

Salar.

Categorías incluídasSalario

base

BEncargado de establecemento102.712
Secretaria102.712
Debuxante102.712
Xefe de sección de servicios102.712
Visitador102.712
Xefe de taller102.712

Aux. caixa maior 25 anos (***)102.712
Profesional oficial 2ª-chofer 2ª100.699
Capataz 98.687
Auxiliar de caixa 22-25 anos 98.687
ADependente 98.687
Auxiliar administrativo ou perforista 98.687
Mozo especializado 98.687
Escaparatista 98.687
Mozo 98.687
Auxiliar de caixa 20-22 anos (***) 95.326
IIIBAuxiliar de caixa 95.326
Axudante 92.646
Axudante 92.646
Telefonista 92.646
Vix. sereno, ordenanza, porteiro 92.646
Cobrador 92.646
CCosedora de sacos 92.646
Conserxe 92.646
Empaquetadora 92.646
Pesoal de limpeza 92.646

Auxiliar de caixa 18-20 anos (***) 90.632

AprendicesAux. Advo. ou perforista 18 anos 90.632
SalarioAuxiliar de caixa 16-17 anos (***) 64.449
segundo textoAspirante 16-17 anos (***) 62.432
convenioAprendiz 16-18 anos (***) 62.432

(***) Contratados antes 13-9-1994