Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.652

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de novembro de 1997 pola que se modifican os concertos educativos.

Por Orde do 10 de xuño de 1997 (DOG do 3 de xullo) apróbanse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e formación profesional de primeiro e segundo grao; publicouse no DOG do 26 de setembro de 1997 unha corrección de erros desta orde.

Vistos os expedientes de modificación de concertos educativos, incoados de oficio ou por instancia de parte, segundo o disposto no artigo 46 do Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, aprobado polo Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, e nos puntos vixésimo primeiro e vixésimo segundo da Orde do 8 de xaneiro de 1997 (DOG do 21), pola se dictan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 1997/1998.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

DISPÓN:

1. Aproba-las modificacións dos concertos educativos dos centros que se reflicten no anexo da presente orde.

2. O documento administrativo de formalización do concerto educativo e, de se-lo caso, a addenda correspondente, será asinado polo titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e polo titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada. Se o titular do centro privado non subscribise o documento de formalización ou a addenda corresponderase na data que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

3. A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

4. De acordo co establecido nos artigos 109 e 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a presente resolución esgota a vía administrativa, polo que contra ela poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

-EFA Piñeiras de Arzúa: suprímese o concerto da unidade de 1º ciclo de ESO con efectos do 1-9-1997.

-Virgen del Carmen da Coruña: rescíndese o concerto das 3 unidades de educación primaria con efectos do 1-9-1997.

-San Cristóbal Faro da Coruña: redúcese o concerto nunha unidade de educación primaria con efectos do 30-11-1997.

-Minverva da Coruña: redúcese o concerto en 2 unidades de educación primaria con efectos do 30-11-1997.

-Concepción Arenal II de Vigo: rescíndese o concerto das 3 unidades de educación primaria con efectos do 30-11-1997.

-Miguel de Cervantes de Vigo: redúcese o concerto en 2 unidades de educación primaria con efectos do 30-11-1997.