Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Onyx R.S.U., S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Onyx, R.S.U., S.A., antes Semat, S.A., (código nº 3200662) de Ourense, con entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, subscrito en representación da parte económica, pola empresa e, da parte social, polo delegado de persoal, en xuntanza celebrada o día 10-7-1997, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.d. 1/1995, do 24 de marzo, R.d. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.d. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidáde Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 8 de setembro de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio Onyx R.S.U., S.A. (Ourense)

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ambito funcional.

O presente convenio regulará as relacións laborais e económicas da empresa Onys R.S.U, S.A., e rexerase o non recollido neste convenio polo convenio xeral do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollidas, tratamento, eliminación de residuos e limpeza e conservación da rede de sumidoiros.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo subscríbese para o concello de Ourense, no cal a empresa realizará por concesión administrativa do Concello de Ourense, a limpeza e recollida pública no indicado concello.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio os traballadores da empresa concesionaria dos servicios de limpeza viaria, recollida de lixo, limpeza da rede de sumidoiros e servicio de mantemento de papeleiras e contedores de lixo do Concello de Ourense.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

Con independencia da súa publicación no BOP entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1997 e a súa duración será de catro anos, é dicir, ata o 31 de decembro do ano 2000.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia do presente convenio deberá facerse por escrito á outra parte e cun mínimo dun mes de antelación desde o seu vencemento ou de calquera das súas prorrogas.

Desta comunicación enviaráselle copia para efectos de rexistro á Dirección Provincial de Traballo.

A parte que promova a negociación presentará proposta concreta sobre os puntos e contido para a negociación do seguinte convenio.

Se o presente convenio ou calquera das súas prórrogas non fose obxecto de denuncia por ningunha das partes, prorrogarase a súa vixencia tacitamente durante un ano.

Artigo 6º.-Comisión mixta paritaria.

No prazo de 10 días a partir do asinamento do convenio, constituirase unha comisión mixta de interpretación e vixilancia do convenio.

Estará formada por dous representantes da empresa e dous membros do comité de empresa. Ámbalas dúas partes poderán contar con asesores.

Reuniranse por instancia de calquera das partes, cantas veces sexa necesario, debendo celebra-la reunión dentro das 48 horas seguintes á convocatoria.

As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudio e valoración de novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio, que poidan afecta-lo seu contido.

d) Cantas outras actividades tendan á eficacia práctica do convenio e a unha maior solución interna dos conflictos.

As reunións da comisión mixta paritaria non descontarán do crédito de horas sindicais.

Artigo 7º.-Interpretación e aplicación do convenio.

Ámbalas dúas partes conveñen en que calquera dúbida ou diverxencia que poida xurdir sobre a interpretación ou aplicación deste convenio sexa sometida, antes de establecer reclamación perante os órganos competentes, segundo informe da comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria emitirá o seu informe nun prazo máximo de 48 horas a partir do día seguinte a aquel en que fose solicitado.

As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstruirán, en ningún caso, o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lei.

Artigo 8º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse todas aquelas situacións ou condicións laborais que tivese recoñecidas o traballador e que sexan máis beneficiosas cás pactadas neste convenio.

Artigo 9º.-Compensación e absorción.

As retribucións establecidas neste convenio compensarán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou a orixe destas. Os aumentos de retribucións legais de xeral aplicación, convenios colectivos, contratos individuais, etc., só poderán afecta-las condicións pactadas no presente convenio cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, superen as aquí pactadas. No caso contrario, serán compensadas e absorbidas por estas últimas, e manterase o presente convenio nos seus propios termos, na forma e condicións en que quedan pactadas.

Artigo 10º.-Festividade patronal.

A celebración da festividade de San Martiño de Porres, o 3 de novembro, terá carácter de festivo aboable e non recuperable para tódolos efectos. No

caso de coincidir en festivo, ou inmediatamente anterior ou posterior a festivo, trasladarase ó mércores anterior ou posterior respectando sempre os servicios mínimos do mercado e hospitais.

Capítulo II

Condicións de traballo

Artigo 11º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, cun descanso de 30 minutos para o bocadillo. Esta xornada distribuirase en tres quendas continuadas e fixas e non existirá xornada partida exceptuando administración e mecánicos, aínda que en período estival a terán continuada.

Establécese unha libranza para tódolos traballadores dun sábado ó mes excepto no mes de decembro, e a empresa será a encargada de realiza-los cadrantes.

Artigo 12º.-Período de proba.

O período de proba para o persoal operario sera de 15 días.

Para os traballadores cualificados será de tres meses e para os titulados será de seis meses.

Artigo 13º.-Mantemento do emprego.

A empresa Onyx R.S.U., S.A. comprométese a mante-lo cadro de persoal necesario para a prestación do servicio requirido polo concello de Ourense. No suposto de que un traballador se xubile ou cause baixa por calquera outra natureza, a empresa poderá contratar outro traballador para cubri-la devandita vacante e informará o comité de empresa de tódolos novos contratos e renovacións que se efectúen. Valorarase nas novas contratacións daqueles candidatos que se atopen en situación de desemprego.

Artigo 14º.-Previsión de vacantes e contratos.

A empresa acepta que tódolos postos de traballo que supoñan un ascenso ou mellora profesional se cubran de xeito preferente co persoal en activo.

Artigo 15º.-Traballo de superior categoría.

Nesta materia, as partes someteranse o establecido ó respecto no artigo 39 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º.-Incapacidade temporal.

Nos supostos de IT derivada de accidente laboral, a empresa completará ata o 100% do salario mensual desde o 1º día de baixa e mentres dure esta.

De igual forma completarase ata o 100% do salario mensual nos casos de hospitalización e mentres dure a hospitalización.

Nos supostos de IT por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará ata o 75% do salario mensual os 20 primeiros días, e ata o 100% a partir do día 21 de baixa.

Igual criterio se seguirá con respecto ó aboamento das pagas extraordinarias.

Artigo 17º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais e serán retribuídas con tódolos conceptos da táboa salarial excepto o plus de nocturnidade.

As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, salvo nos casos de liquidación por finalización do contrato ou despedimento.

A empresa, logo da consulta dos representantes dos traballadores, confeccionará un cadro de vacacións con tres meses de anticipación mínima ó comezo do seu desfrute, que será exposto no taboleiro de anuncios e entregaráselle unha copia asinada e selada ó comité de empresa.

Desfrutaranse por ano de servicio. No caso de que un traballador sexa empregado no curso do ano; ou cause baixa na empresa, desfrutará do período de vacacións que corresponda ó tempo de vinculación coa empresa e ratearanse as fraccións dun mes como meses enteiros.

Os traballadores desfrutarán de 15 días durante o período de verán, de maio a outubro (ámbolos dous inclusive), e 15 días no período de inverno, os meses restantes do ano, e en todo caso, supeditado ás necesidades do servicio.

Artículo 18º.-Licencias.

Tódolos traballadores ó servicio da empresa, realizado o aviso oportuno con antelación suficiente, terán dereito ó desfrute de licencias na forma e condicións seguintes:

a) 20 días por matrimonio.

b) 3 días en caso de nacemento dun fillo.

c) 3 días por enfermidade grave ou morte de familiares en primeiro grao (pai, nai, irmáns, cónxuxe) e afíns (segros e cuñados).

d) 5 días cando polo motivo anterior necesite realizar desprazamentos fóra da provincia de Ourense.

e) 2 días por traslado de domicilio habitual.

f) 1 día por morte dun tío ou sobriño, etc.

g) 1 día por asuntos propios, logo de comunicación.

A comisión paritaria regulará coa empresa o uso do dito día de modo que a súa utilización non impida o seu normal funcionamento.

h) Polo tempo indispensable para a asistencia médica.

i) Polo tempo indispensable para un deber inescusable de carácter público.

j) 1 día por matrimonio de fillos ou irmáns. Fóra da provincia: 3 días.

k) 1 día por primeiro aniversario de morte de familiares en primeiro grao.

1) 1 día por bautizo ou primeira comuñón de fillo.

m) Os traballadores poderán solicitar por causas xustificadas e razoables, ata 15 días de permiso sen soldo ó ano, tendo en canta as necesidades do servicio.

Salvo no caso de forza maior, o traballador avisará da súa ausencia a empresa con 24 horas de antelación para calquera das circunstancias previstas.

Artigo 19º.-Vestiario.

A empresa entregaralles durante o ano ós traballadores as pezas de roupa de traballo seguintes:

Conductor inverno: 1 anorak cada dous anos, 2 pantalóns, 2 camisas, 1 par de botas de calidade e 2 cazadoras.

Conductor verán: 2 pantalóns, 2 camisas, 1 xersei e 2 pares de zapatillas.

Peóns inverno: 2 pantalóns, 2 chaquetas, 2 xerseis, 1 traxe de auga, 2 pares de botas, 1 anorak cada 2 anos, 2 camisas e gorra.

Peóns verán:

2 pantalóns, 2 chaquetas, 2 pares de zapatillas e 2 camisas.

Mecánicos: 2 camisas, 2 xerseis, 3 fundas, 1 par de botas de inverno.

Tódalas pezas de roupa irán con tiras reflectantes.

Os uniformes serán de obrigado cumprimento.

A entrega das pezas de roupa levarase a cabo no que respecta ás épocas: de inverno, entre os meses de setembro e outubro e de verán entre os meses de abril e maio.

O conxunto anual non superará o custo do ano anterior incrementado no IPC.

Se o material se deteriorase involuntariamente, repoñerase inmediatamente logo da entrega das pezas de roupa deterioradas.

Ó comité de seguridade e hixiene entregaráselle unha mostra desta.

Todo o perosal deberá ir obrigatoriamente vestido co uniforme durante a prestación do servicio.

Capítulo III

Condicións económicas.

Artigo 20º.-Soldo.

O saldo do persoal afectado por este convenio será o que para cada categoría se establece nas táboas salariais anexas, que será ingresado pola empresa os días 3 de cada mes, como data máxima, sempre e cando as condicións de cobramento do canon municipal o permitan.

Artigo 21.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade será valorado da forma seguinte:

Anos%

25

410

615

920

1225

1630

1835

2140

2445

2750

3055

3360

A antigüidade percibirase con efectos do 1 de xaneiro do ano en que se cumpran os períodos.

Este sistema de devengo de antigüidade manterase vixonte ata o 31 de decembro de 1999.

Os traballadores que o 31 de decembro de 1999 tivesen consolidada calquera cantidade en concepto de antigüidade, manterán, a título persoal a dita cantidade, nun concepto que será denominado antigüidade consolidada, desaparecendo para tódolos efectos o concepto antigüidade confomme a fórmula de devengo establecida na táboa superior deste mesmo artigo.

A partir do 1 de xaneiro do ano 2000 iniciarase o seguinte sistema de devengo de antigüidade para os traballadores suxeitos ó ámbito de aplicación do presente convenio.

Por cada trienio cumprido na empresa, a partir do 1 de xaneiro do ano 2000, devengaranse por categorías, cas seguintes importes ó mes:

Peón: 1.755 ptas.

Mecánico: 2.340 ptas.

Conductor: 2.340 ptas.

Aux. adm.: 2.340 ptas.

Capataz: 3.504 ptas.

Artigo 22º.-Préstamos e anticipos.

Crearase un fondo de 3.000.000 de ptas. e será regulada pola comisión mixta paritaria a forma de distribución e reintegro.

O persoal poderá solicitar anticipos mensuais ata un máximo de 2 mensualidades, devolvéndoo en mensualidades iguais nun tempo non superior a 15 meses.

No caso de existiren varias peticións, repartirase por medio dun reparto proporcional e igual entre os solicitantes, tendo prioridade os casos de máxima urxencia.

Ningún traballador poderá solicitar un préstamo superior ás dúas mensualidades por ano natural, non podendo solicita-lo seguinte ata devolve-la totalidade do anterior.

O dito fondo incrementarase en 100.000 ptas. nos anos 1998, 1999 e 2000.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

Evitarase no posible a realización de horas extras. As ditas horas só se realizarán nos casos necesarios e aboaránselles estas a partir de 1997 o importe de 6.000 ptas. por xornada completa, 3.000 por media xornada; e 6.378 ptas. por xornada completa, 3.189 por media xornada, a partir de 1999. A realización das horas extraordinarias poderá compensarse con descanso.

Artigo 24º.-Horas extraordinarias estructurais.

Dado o carácter público dos servicios que se prestan nesta actividade, consideraranse horas extraordinarias estructurais tódalas que se precisen para o remate dos servicios, concretadas pola prolonga

ción de tempos que se realicen, motivados ben sexa por ausencias imprevistas, ben por procesos puntas de producción non habituais e outras situacións estructurais derivadas da natureza do traballo de que se trata, todo iso ó abeiro do disposto na Orde do 1 de maio de 1983; a súa execución é obrigatoria para o traballador.

Artigo 25º.-Pagas extraordinarias.

Aboaranse anualmente 3 gratificacións extraordinarias:

A do 15 de xullo.

A do 15 de decembro: Nadal.

Beneficios: mes de marzo

As tres serán aboadas ó 100% do salario excepto os pluses de nocturnidade, penosidade e actividade.

A paga de xullo devengarase do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

A paga de decembro devengarase do 1 xullo ó 31 de decembro.

A paga de beneficios devengarase do 1 xaneiro ó 31 de decembro do ano anterior.

A paga correspondente ó mes de vacacións será completa coa excepción do plus de nocturnidade.

Artigo 26º.-Toxicidade, penosidade e perigosidade.

Tódolos traballadores percibirán como plus por traballos tóxicos, penosos e perigosos unha contía equivalente ó 25% do salario base, e este será mensual.

Artigo 27º.-Plus de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 22 h e as 6 h da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada nun 25% sobre o salario base.

En virtude da acta de acordo do convenio, con data do 10 de xullo de 1997, as horas traballadas durante o período comprendido entre as 22 h e as 6 h da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexo nocturno pola súa propia natureza, remuneraranse no ano 1997 conforme o importe establecido na táboa salarial do dito ano.

Artigo 28º.-Traballos en domingos e festivos.

Os traballos en festivos e domigos aboaranse para tódalas categorías profesionais na cantidade de 4.675 ptas. en 1997; 5.020 en 1998; 5.336 no 1999 e no ano 2000 incrementaranse no IPC dese ano; aboaranse por día traballado, con descanso correpondente segundo a quenda na que realice o seu labor.

Artigo 29º.-Premios e xubilacións.

Como compensación pola xubilación anticipada establécense os seguintes premios de xubilación a

partir do ano 1998, para aqueles traballadores cun mínimo de 10 anos de antigüidade:

a) Ós 60 anos: 5.000.000 de ptas.

b) Ós 61 anos: 4.000.000 de ptas.

c) Ós 62 anos: 3.000.000 de ptas.

d) Ós 63 anos: 2.000.000 de ptas.

e) Ós 64 anos: 1.000.000 de ptas.

A xubilación ós 64 anos será de acordo co Real decreto lei 14/1981.

Terase dereito a estes premios de xubilación, dentro dos 90 días seguintes ó do cumprimento dos anos correspondentes.

Artigo 30º.-Axudas de custo.

Compensaranse economicamente os desprazamentos por motivos laborais fóra do municipio, sempre que se teña que pasa-la noite fóra, ou cando sexa necesario xantar ou cear nel. Establécese unha contía por axuda de custo de 6.500 ptas. por día. A empresa poderá optar polo aboamento da dita cantidade ou ben polo pagamento de gastos xustificados.

Capítulo IV

Condicións sociais

Artigo 31º.-Seguro de invalidez ou morte.

No caso de accidente laboral do que derive morte do traballador os seus beneficiarios percibirán 4.000.000 de ptas.

Cando o traballador quedase en situación de gran invalidez ou incapacidade permanente absoluta para calquera actividade laboral como consecuencia de accidente de traballo, percibirá en concepto de indemnización 5.000.000 de ptas., e a empresa subscribirá a correspondente póliza ó respecto.

Artigo 32º.-Axuda por falecemento.

Establécese para gastos de funerais unha axuda ós herdeiros legais do traballador cun importe que será de 230.000 ptas. e a empresa poderá cubrir este custo mediante a contratación dun seguro.

Artigo 33º.-Axuda de estudios.

A empresa dotará anualmente dun fondo de 500.000 ptas. para os anos 1997 e 1998, e de 700.000 ptas. para os anos 1999 e 2000 destinado a atender gastos escolares oficiais (matrículas e libros) debidamente acreditados de fillos de traballadores ou para traballadores, que realicen estudios oficiais.

O aboamento das axudas por este concepto efectuarase no mes de setembro, logo da acreditación dos gastos efectuados no concepto de matrículas ou certificados dos centros de ensino oficiais. O comité indicaralle á empresa a forma de reparto do fondo antes do 25 de setembro de 1997, que en ningún caso terá carácter lineal igual para tódolos traballadores.

Artigo 34º.-Retirada do carné.

No caso de retirada do carné de conducir a un traballador por feifos ocorridos durante a xornada de traballo, a empresa asignaralle outro posto e percibirá o salario correspondente á súa categoría de conductor.

Se ocorrese fóra do horario de traballo, percibirá o salario correspondente á categoría que lle asigne.

Estes beneficios non terán efecto nos supostos de embriaguez e/ou imprudencia temeraria.

Artigo 35º.-Excedencias.

Considerarase excedencia forzosa, e por tanto obrigatoria a súa concesión, o nomeamento dun traballador para desempeñar un cargo de carácter público. O tempo que dure esta excedencia contarase para antigüidade para tódolos efectos.

Todo traballador cun ano de antigüidade na empresa podará solicitar excedencia voluntaria por un prazo superior a 6 meses e inferior a 5 anos, de acordo co establecido no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

O traballador avisará a empresa con dous meses de antelación á data prevista para a súa reincorporación ó posto de traballo. Este dereito só poderá volver a ser exercido polo mesmo traballador unha vez transcorridos catro anos desde a finalización da anterior excedencia.

Artigo 36º.-Revisión médica.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán revisións médicas completas durante o ano, por conta da empresa, a cal lles facilitará os medios e períodos precisos para o seu cumprimento.

Comprométese a dota-lo servicio dun médico de empresa contratando os servicios dunha mancomunidade de médicos ou calquera outro medio de concerto, co obxecto de facer frente ó ano anteriormente exposto.

Artigo 37º.-Saúde laboral.

Observarase o establecido ó respecto pola Lei de prevención de riscos laborais, así como o regulamento do seu desenvolvemento.

Capítulo V

Dereitos sindicais

Artigo 38º.-Dereitos sindicais.

Sen prexuízo do establecido legalmente, establécense os dereitos sindicais seguintes:

O comité de empresa terá as seguintes competencias:

Emiti-lo informe con carácter previo á execución por parte da empresa das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Restructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daqueles.

b) Reduccións de xornada así como o traslado total ou parcial de instalacións.

c) Asembleas: os traballadores teñen dereito a celebrar asambleas fóra do horario de traballo, nos seus centros de traballo, coa simple notificación previa da empresa. Así mesmo, disporán dun máximo de 6 horas laborais ó ano para celebraren asembleas en horas de traballo, logo da notificación á empresa cun mínimo de 48 horas, cunha duración máxima de 2 horas para cada unha, que se computarán para tódolos efectos como traballo efectivo.

d) Os representantes sindicais poderán dispoñer de ata 20 horas laborais mensuais para faltar ó traballo, e non se computarán nestas as utilizadas para negociación do convenio colectivo, asistencia por citación a organismos oficiais e asistencias a congresos sindicais provinciais ou nacionais. Se un representante non desfrutase unha parte ou ningunha das horas citadas, podará cederllas a outro representante da mesma representación sindical co consentimento da organización sindical á que pertencese. Cando un mesmo representante acumule as horas de varios, estas nunca poderán exceder das estipuladas dentro da xornada obrigatoria, co fin de evitar nas que superen, o seu aboamento por parte da empresa.

Taboleiro de anuncios: a empresa porá á diposición do comité da empresa o correspondente taboleiro de anuncios co obxecto de informar e comunicar tódalas cuestións que os representantes dos traballadores consideren oportunas.

e) Os traballadores poderán solicitar por escrito que mensualmente lles sexa descontada da nómina a cota sindical, sendo transferida pola empresa a unha conta bancaria aberta ó nome do sindicato ou central sindical á que o traballador estea afiliado.

As solicitudes poderán ser tramitadas polo mesmo sindicato.

Artigo 39º.-Seccións sindicais.

A empresa considerará os sindicatos debidamente implantados como elementos básicos e consubstanciais para afrontar a través deles as necesarias relacións entre traballadores e empresarios, polo que a empresa respectará o dereito de tódolos traballadores a sindicárense libremente. Admitirá que os traballadores afiliados a un sindicato poidan celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra do tempo de traballo, sen perturba-la súa actividade. O emprego dun traballador non poderá condicionarse ó feito de estar ou non afiliado e non estará obrigado a renunciar á súa afiliación sindical.

Tampouco poderá ser despedido ou prexudicado de calquera outra forma un traballador por causa da súa afiliación ou actividade sindical.

No centro de traballo existirán taboleiros de anuncios para que as centrais sindicais legalmente recoñecidas insiran os seus comunicados. As centrais

sindicais poderán establecer seccións sindicais de acordo cos seus estatutos.

A representación da sección sindical do sindicato maioritario de entre os que constitúen o comité de empresa será desempeñada por un delegado sindical, debidamente acreditado, que deberá ser traballador en activo do centro de traballo.

Para todo o exposto, ademais dos dereitos recoñecidos pola Lei orgánica de liberdade sindical, acórdase o seguinte:

Se o centro de traballo de Ourense ocupa a máis de 50 traballadores, calquera que sexa a clase do seu contrato, poderán ser constituídas seccións sindicais polos traballadores afiliados, e que obtivesen polo menos o 10% dos votos na elección do comité de empresa.

A sección sindical do sindicato maioritario dentro do comité estará representada, para tódolos efectos, por un delegado sindical elixido por e entre os seus afiliados no centro de traballo.

Os delegados sindicais terán os mesmos dereitos e funcións có comité de empresa e terán dereito á utilización dun local en condicións para o desenvolvemento das actividades da sección sindical.

Artigo 40º.-Funcións do comité de empresa.

Ademais dos dereitos e facultades concedidas polo Estatuto dos traballadores, recoñécenselle ó comité de empresa os seguintes dereitos e funcións:

1. Ó ser abriga da empresa rexistrar nas oficinas públicas de emprego todo tipo de contratación e ó deber facer entrega da copia básica dos contratos realizados ó comité nun prazo de dez días, o traballador poderá reclama-la presencia dalgún membro do comité no asinamento da copia básica ou contrato.

2. A empresa facilitará ó comité de empresa un local adecuado para desenvolve-las súas funcións representativas, que terán carácter permanente do comité.

3. No caso de demisión dos membros do comité de empresa respectaránselle-las garantías establecidas conforme o apartado c) do artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

4. A empresa, así como se é o caso calquera outra sociedade que asumise a totalidade da actual sociedade, virá obrigada ó mantemento de tódolos traballadores do seu cadro de persoal, así como ó mantemento de tódolos dereitos adquiridos, incluídos os sindicais, e responderán solidariamente das obrigas que calquera delas tivese cos traballadores.

5. Os comités de empresa e delegados de persoal poderán convoca-los traballadores en horas de traballo para a realización de asembleas.

6. A asistencia e o acceso ó centro de traballo para participar en actividades propias do seu sindicato ou do conxunto dos traballadores, logo da

comunicación ó empresario e sen que se prexudique o desenvolvemento normal do proceso productivo.

Artigo 41º.-Crédito horario.

Os membros do comité de empresa e delegados sindicais, como representantes dos traballadores, disporán dun crédito de 20 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación e abondará, para dispoñer delas, a comunicación previa ou posterior xustificación.

Por petición escrita do comité de empresa, o crédito horario poderá acumularse nun ou varios membros do comité de empresa, tanto o total como parte del. Esta acumulación realizarase en cómputo anual ou mensual, sempre comunicada á empresa no primeiro trimestre do ano, ou se é o caso, durante o primeiro trimestre de mandato, ou ben a partir de 3 meses desde o asinamento deste convenio.

A dita acumulación será sempre da mesma organización sindical e co consentimento desta.

Artigo 42º.-Réxime disciplinario. Infraccións e sancións.

Observarase o disposto no capítulo XII do convenio xeral do sector (artigos 54 a 60).

Artigo 43º.-Estructura salarial e retribucións.

A estructura salarial aplicable ós traballadores de Onyx R.S.U., S.A. será a que se corresponda co recollido no capítulo III, así como conforme as táboas salariais anexas para os anos 1997, 1998 e 1999. Para o ano 2000 o incremento salarial será a previsión oficial do IPC para ese ano sobre os conceptos recollidos na táboa salarial do ano 1999.

Artigo 44º.-Normas de subsidiaria aplicación.

En todo o non previsto neste convenio observarase, subsidiariamente o disposto no convenio xeral do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos e limpeza e conservación da rede de sumidoiros.

Artigo 45º.-Garantía do posto de traballo.

Observarase o disposto no artigo 49 e seguintes do convenio xeral do sector.

Disposición derradeira.-Resolución estraxudicial de conflictos.

As partes asinantes do presente convenio acordan someterse ás disposicións contidas no acordo interprofesional galego sobre procedementos estraxudiciais de resolución de conflictos colectivos de traballo (AGA).