Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.280

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ACORDO do 7 de novembro de 1997, do Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se notifica a resolución referida á reclamación económico-administrativa 477-OR 96/12, interposta por Eugenio Martínez Tato.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da seguinte resolución, correspondente á reclamación económico administrativa interposta por Eugenio Martínez Tato (rúa Jose Antonio, 12 32300 O Barco de Valdeorras - Ourense), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do R.D. 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas:

Presidente

María Casais Mira

Vocais

Joaquín Caballero Miranda

Matías Alonso del Campo

Carlos Barrada Rodríguez

Secretario

Juan J. Vázquez Seijas

Vista, en sesión que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 24 de setembro de 1997 coa asistencia das persoas sinaladas á marxe, a reclamación nº 477-OR 96/12 interposta por Eugenio Martínez Tato contra resolución de recurso de reposición pola que se estima en parte o recurso presentado contra providencia de constrinximento dictada como consecuencia de non pagamento de sanción en materia de industria (Expte.: G-OR 14/94) liquidación 8951008219, por importe de 120.000 ptas.

Resultando 1º: que o interesado foi sancionado con data do 6-10-1994, pola Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Industria e Comercio, cunha multa de 100.000 ptas. Contra esta resolución sancionadora o interesado interpuxo recurso ordinario que foi desestimado por Resolución do 8-6-1995, notificado con data do 13-6-1995.

Resultando 2º: que segundo o expediente remitido pola Delegación de Economía de Ourense, o interesado ingresou na data do 7-8-1995 o importe de 100.000 ptas. da sanción imposta, fóra do prazo do período voluntario de pagamento.

Resultando 3º: que ó interesado lle foi notificada con data do 24-5-1996 providencia de constrinximento pola que se lle requiría ó cobro 120.000 ptas. do principal máis recargo de constrinximento da súa débeda.

Resultando 4º: que contra a dita providencia, o interesado interpuxo recurso de reposición ante a Delegación de Economía e Facenda de Ourense, alegando pagamento en período voluntario.

Resultando 5º: que o seu recurso foi estimado parcialmente, estimado respecto ó principal da débeda e continuando as actuacións respecto ó recargo de constrinximento.

Resultando 6º: que contra esta resolución o interesado presentou reclamación económico administrativa ante este tribunal, con data do 13-12-1996.

Vistos: a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto

1684/1990, do 20 de decembro; o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas aprobado polo Real decreto 391/1996, do 10 de marzo, e o Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, polo que se regula a organización, competencias e funcionamento do Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Considerando 1º: que este tribunal é competente por razón de materia para coñecer desta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 2 do Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, e que esta se interpuxo en tempo e forma e por persoa con capacidade e lexitimación, de acordo cos artigos 29 e 30 do Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas, aprobado polo Real decreto 391/1996, do 1 de marzo.

Considerando 2º: que as alegacións do interesado se refiren á improcedencia do recargo do 20% dado que o principal da súa débeda foi pagado en período voluntario.

Considerando 3º: que do exame do expediente se observa que se ben a débeda foi ingresada fóra do período voluntario de pagamento, o ingreso tivo lugar antes da notificación da providencia de constrinximento polo que non procede a liquidación do recargo de constrinximento do 20%

Este tribunal acorda: considera-la presente reclamación interposta por Eugenio Martínez Tato e anula-la liquidación practicada do recargo de constrinximento.

Esta resolución esgota a vía económico administrativa, contra ela poderá interpor recurso ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó desta publicación.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1997.

Juan J. Vázquez Seijas

Secretario do tribunal

8996