Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.281

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de novembro de 1997 pola que se lle autoriza o cambio de denominación ó Instituto de Educación Secundaria de Carballo.

Tendo en conta o artigo 3º, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9-8-1996), así comos os correspondentes informes, por proposta da Direc

ción Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Carballo.

Código do centro: 15002591.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Carballo.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Monte Neme.

97-9201