Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.281

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de novembro de 1997 pola que se aproba a modificación dos artigos 11, 14 e 18 da Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga), e se inscriben no rexistro de fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de modificación dos estatutos de seu, promovido pola Fundación Empresa-Universidad Gallega,

Resultando que esta fundación foi clasificada con carácter cultural de interese galego pola Orde do 1 de agosto de 1984 e que se encontra inscrita no rexistro de fundacións desta consellería co número 155,

Resultando que a Fundación Empresa-Universidad Gallega solicitou perante esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación dos seus estatutos,

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983, así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación,

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento,

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e nos artigos 32º.3. e 38º do devandito regulamento,

Considerando que os novos estatutos cumpren as esixencias dos artigos 5, 6 e 7 da Lei 7/1983, e que son conformes coa vontade fundacional.

Esta consellería

RESOLVE

Primeiro.-Aproba-la modificación dos artigos 11, 14 e 18 dos estatutos, da Fundación Empresa-Universidad Gallega, segundo consta en escrituras públicas do notario de Santiago de Compostela, Ildefonso Sánchez Mera, con datas do 25 de novembro de 1996 e 17 de abril de 1997.

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste Protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrarán en vigor tales cambios estatutarios.

Terceiro.-Esta disposición pon fin á vía administrativa, consonte co establecido no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

07-9244