Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.279

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ACORDO do 7 de novembro de 1997, do Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se notifica a resolución referida á reclamación económico-administrativa 506-PO 97/2, interposta por Miguel Piñeiro Acosta.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da seguinte resolución, corresponde á reclamación económico-administrativa interposta por Miguel Piñeiro Acosta (domicilio: Punta Castelete-Sobradelo 0 36600 Vilagarcía de Arousa- Pontevedra), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do RD 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas:

Presidenta

María Casais Mira

Vocais

Joaquín Caballero Miranda

Matías Alonso del Campo

Carlos Barrada Rodríguez

Secretario

Juan J. Vázquez Seijas

Vista, en sesión que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 17 de outubro de 1997 coa asistencia das persoas sinaladas á marxe, a reclamación nº 506-PO 97/2 interposta por Miguel Piñeiro Acosta contra providencia de constrinximento dictada como consecuencia de non pagamento de sanción en materia de pesca (Expte.: PO 572-90) liquidación 8961004185, por importe de 120.000 ptas.

Resultando 1º: que ó interesado lle foi notificada con data do 5-2-1997 providencia de constrinximento dictada como consecuencia de non pagamento en período voluntario de sanción de pesca (expte. sancionador: PO 572-90) por importe de 100.000 ptas.

Resultando 2º: que contra esa providencia o interesado interpuxo reclamación económico-administrativa perante este tribunal, con data do 24-2-1997.

Vistos: a Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro; o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas aprobado polo Real decreto 391/1996, do 10 de marzo e o Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, polo que se regula a organización, competencias e funcionamento do Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Considerando 1º: que este tribunal é competente por razón de materia para coñecer desta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 2 do Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, e que esta se interpuxo en tempo e forma e por persoa con capacidade e lexitimación, de acordo cos artigos 29 e 30 do Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas, aprobado polo Real decreto 391/1996, do 1 de marzo.

Considerando 2º: que no seu escrito de reclamación o interesado alega non se-lo suxeito pasivo da débeda dado que o expediente sancionador base do procedemento executivo iniciado, se instruíu contra unha entidade da que el era representante.

Considerando 3º: que examinado o expediente se observa que: o interesado foi sancionado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura por resolución do 22-5-1991, impoñéndolle unha sanción de 100.000 ptas., contra a devandita resolución sancionadora o interesado interpuxo recurso de alzada, recurso que foi desestimado confirmando a sanción imposta, mediante resolución do 16-1-1992, notificada ó interesado con data do 30-1-1992 informándolle da súa firmeza en vía administrativa e da posibilidade de interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa notificación.

O interesado incorreu na vía de constrinximento ó non satisface-la súa débeda en período voluntario, estendéndose certificación de descuberto e dictándose providencia de constrinximento, sendo notificada ó interesado con data do 28-1-1995. Contra a devandita providencia o interesado interpuxo recurso de reposición previo ó económico-administrativo, recurso que foi desestimado por resolución do 29-3-1995 da Delegación de Economía e Facenda en Pontevedra, notificada con data do 5-4-1995. Contra esa resolución desestimatoria o interesado interpuxo reclamación económico-administrativa ante este tribunal, con data do 10 de outubro de 1995 este tribunal resolveu a reclamación nº 123-PO 95/4 interposta por Miguel Gerónimo Piñeiro Sánchez en representación de Miguel Piñeiro Acosta, contra resolución desestimatoria de recurso de reposición interposto contra providencia de constrinximento dictada polo xefe da dependencia de

recadación da Delegación da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, como consecuencia do non pagamento da sanción de pesca (Expte. nº PO 572-90 Liquidación: 65012 92 278 CP 138), sendo a súa decisión a seguinte «Este tribunal acorda: estima-la reclamación interposta por Miguel Gerónimo Piñeiro Sánchez en representación de Miguel Piñeiro Acosta, anula-la providencia de constrinximento e, en consecuencia, a liquidación practicada polo Servicio de Tesourería co nº I 65012 92 378 CP00138 0 e retrotrae-las actuacións administrativas ó momento da notificación da resolución do recurso de alzada, establecendo novo prazo para o seu ingreso en voluntaria.

Considerando 4º: que en cumprimento da decisión deste tribunal a Delegación Territorial de Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura notificoulle ó interesado, con data do 14-11-1995 o novo prazo de ingreso en voluntaria ó que se fai referencia no parágrafo anterior.

Considerando 5º: que ó non satisface-la súa débeda nese período de tempo, o interesado incorreu en vía de constrinximento, e é contra esta providencia de constrinximento contra a que interpuxo a reclamación económico administrativa obxecto desta resolución.

Considerando 6º: que as alegacións do interesado carecen de fundamento, e que non se aprecia a existencia de ningún dos motivos de impugnación as providencias de constrinximento prevenidos no artigo 99 do Regulamento xeral de recadación.

Este tribunal acorda: desestima-la presente reclamación.»

Esta resolución esgota a vía económico administrativa, contra ela poderá interpor recurso ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1997.

Juan J. Vázquez Seijas

Secretario do tribunal

97-8972