Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 7 de novembro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ós contribuíntes que se citan (López Díaz, Emilio e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican, e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación dos artigos 14.7º do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e 18 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns. Para a comprobación dos valores utilizouse o regulado no artigo 52-1-D da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo ingreso da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, que establece que as débedas tributarias resultantes de liquidacións practicadas pola Administración deberán pagarse:

a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

c) As débedas non satisfeitas no período voluntario faranse efectivas por vía de constrinximento.

Os recursos contra as liquidacións son:

-De reposición no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, ante a Delegación da Consellería de Economía e Facenda (Ronda da Muralla 70-Lugo),

-Reclamación económico-administrativa no mesmo prazo ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia.

No caso de ter presentado recurso de reposición, este prazo entenderase desde o día en que se notificarase, expresa ou tacitamente, a resolución do devandito recurso.

Así mesmo, no mesmo prazo poderase promove-la práctica da taxación pericial contradictoria, de conformidade co artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Non se simultanearán a interposición do recurso de reposición e a reclamación económico-administrativa.

A interposición do recurso ou reclamación non suspende a obriga de efectua-lo ingreso no Tesouro do total do importe da liquidación.

Lugo, 7 de novembro de 1997.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ContribuínteEnderezoContíaExpd.

López Díaz EmilioTr. dos Fornos, 29

Sarria-Lugo

7.3641252/91

López Fernández Manuelr/ Francolín 30-3º C

Madrid

48.431767/96

Vega Vázquez, José AntonioAvd. A Coruña 229,

Lugo

13.425280/95

Quintana Jato Antonio Ramón Germánr/ Montevideo 17,

Lugo

301.8441041/90

Fernández Saavedra José Carlosr/ Valle Ferrera 4-2º,

Madrid

6.9003810/97

Fernández Saavedra José Carlosr/ Valle Ferrera 4-2º,

Madrid

2.7643810/97

Moyer Castro Rafael ManuelPza. Campo Castelo 1-5º A,

Lugo

23.1704257/96

Ruiz Díaz Antonior/ Alfonso X O Sabio, 11-4º C,

Lugo

347.825777/92

Barros Martínez Francisco, Javierr/ Concepción Arenal 23,

A Coruña

1.626.5884044/90

Sangil Fernández Avelinor/ Ourense 49,

Lugo

3.1091017/85

Sangil Fernández Avelinor/ Ourense 49,

Lugo

53.7611017/85

8899