Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación do amoblamento da residencia sacerdotal de San Roque en Santiago de Compostela.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación do amoblamento da residencia sacerdotal de San Roque en Santiago de Compostela. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Tlf.: 54 41 34. Expediente 27/97.

2. Obxecto do contrato: amoblamento da residencia sacerdotal de San Roque en Santiago de Compostela.

3. Prazo de execución: será dun mes a partir da data de sinatura do contrato.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

5. Orzamento base de licitación: trinta millóns novecentas oitenta e catro mil setecentas trinta e dúas pesetas (30.984.732) IVE incluído.

6. Garantía provisional: 619.695 pesetas.

7. Obtención de documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo de San Caetano, s/n, CP 15704 Santiago de Compostela. Tlf.: 54 41 34; fax: 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

8. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no prazo de 26 días naturais contados

a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares se deberán presentar no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n, CP 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

8898