Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.264

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (425/1997-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de menor contía 425/1997, que se segue neste xulgado por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., María Teresa Ramos Vigo, María Concepción, Manuel, Domingo, Lucía, Sandra, María José e Ángeles Pajaro Ramos, por medio da presente cédula cítase de remate a Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., con domicilio actual descoñecido, para que no termo de nove días compareza en autos e se opoña

á execución se lle conviñer, coa prevención de que de non facelo no prazo indicado será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen facerlle máis notificacións nin citacións cás que a lei determine.

E para que lle sirva de citación de remate a Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

8780