Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.264

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (450/1997-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de menor contía 450/1997, que se segue neste xulgado por instancia de María Dolores Boo González, representada polo procurador Regueiro Muñoz, contra Manuel Boo González, Rafael Boo González, Antonio Boo González, Jesús Boo González e María Jesús Toubes Boo, por medio da presente cédula emprázase a Jesús Boo González, con domicilio actual descoñecido, co fin de que no prazo de dez días compareza en autos, coa prevención de que de non facelo será declarado en rebeldía e se dará por contestada a demanda, notificándolle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento a Jesús Boo González, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

8610