Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.263

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (439/1997-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de menor contía 439/1997,

que se segue neste xulgado por instancia de Banco de Asturias, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes, contra Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., Hormigones A Serra de Outes, S.L., Camilo Gosende Carballal, María Teresa Ramos Vigo e herdeiros descoñecidos e incertos de José Pajaro Castelao, por medio da presente cédula cítanse de remate os herdeiros descoñecidos e incertos de José Pajaro Castelao, con domicilio actual descoñecido, para que no termo de nove días compareza en autos e se opoñan á execución se lles conviñer, coa prevención de que de non facelo no prazo indicado serán declarados en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen facerlles máis notificacións nin citacións cás que a lei determine.

E para que lle sirva de citación de remate ós herdeiros descoñecidos e incertos de José Pajaro Castelao, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

8609