Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.263

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (117/1995).

Eu, María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, fago saber que neste xulgado e co número 117/1995 se seguen autos de xuízo de cognición promovidos por Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra José Antonio Brenlla Cancela, sobre reclamación da cantidade de 181.951 pesetas de principal, máis outras 125.000 pesetas que se calculan para xuros e custas de execución, nos autos do cal se dictou resolución pola que se acorda notificarlle a José Antonio Brenlla Cancela que o día 29 de outubro de 1997 se practicou embargo de bens propiedade do demandado na secretaría deste xulgado por ignorarse o seu paradoiro.

Para que lle sirva de notificación en forma ó expresado demandado, José Antonio Brenlla Cancela, que tivo o seu derradeiro domicilio coñecido en Landeira, s/n (Negreira), e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula de notificación en Negreira o vintenove de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

8611