Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997 pola que se convocan unhas xornadas de estudio sobre procedemento administrativo sancionador.

A Escola Galega de Administración Pública organiza, en colaboración coa Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, unhas xornadas de estudio sobre procedemento administrativo sancionador, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Realizar un estudio detallado da normativa en materia de sancións, tanto no aspecto substantivo do exercicio da potestade sancionadora, como no relativo ós trámites procedementais, vía de recurso e ulterior impugnacion xurisdiccional.

2. Contido.

Entre outros, desenvolveranse os seguintes temas:

-A potestade sancionadora da Administración.

-A potestade sancionadora en materia de sanidade, alimentación, saúde pública e defensa dos consumidores.

-A potestade sancionadora da Administración e a xurisprudencia do Tribunal Constitucional.

-Cuestións actuais do procedemento administrativo sancionador.

-Función pública e poder disciplinario do Estado.

-As infraccións e sancións en materia laboral.

3. Destinatarios.

Funcionarios da Administración de xustiza e da Administración estatal, autonómica e local; profesionais do dereito, docentes universitarios, xuristas e interesados en xeral.

4. Lugar e datas.

As xornadas convocadas terán lugar os días 4 e 5 de decembro no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

A repetida actividade abrirase ás 9 horas do xoves, día 4 de decembro, e rematará ás 14 horas do venres día 5.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o martes, día 2 de decembro de 1997.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela). Tfno. 54 60 40. Telefax 54 63 37.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando, a partir do día 2 de decembro, por teléfono de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: (981) 54 62 39 ou (981) 54 60 40.

6. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a elas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

8606