Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 7 de novembro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican comprobacións de valores dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ós contribuíntes que se citan (Álvarez Fernández, José Manuel e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos de comprobación de valores relativos ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican, e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación dos artigos 46.1º, do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Contra estas valoracións poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria, ou reclamación ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, unha e outra no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a esta publicación, sen que podan simultanearse ámbolos dous recursos. Así mesmo, poderase solicitar ante o Servicio de Xestión Tributaria a práctica da taxación pericial contradictoria tamén no prazo de quince días hábiles computados da mesma forma.

No caso de interpoñer reclamación económico-administrativa, deberase comunicar a este servicio, para efectos de interrompe-lo procedemento administrativo de liquidación sobre o valor comprobado.

Lugo, 7 de novembro de 1997.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

Contribuínte

Enderezo

Valor

asingado

Expd.

Álvarez Fernández, José Manuelr/ Calvo Sotelo, 61-63

Sarria

5.566.3855489/95

García Jiménez, Mª Auxilior/ Armorica, 13-baixo, Esq.

Lugo

24.468.2503726/96

López Novo, José MªEstr. de Ombreiro, 26

Lugo

14.466.320511/96

8900