Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 7 de novembro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifica acordo dictado polo Servicio de Xestión Tributaria no que se impón a Antonio Rodríguez Anllo unha sanción de 15.000 ptas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Antonio Rodríguez Anllo que, con data do 17 de novembro de 1992, foi informado da apertura dun expediente sancionador por infracción simple consistente en non responder ó requirimento número 317/1992 do Servicio de Xestión Tributaria, e que o interesado non formulou alegacións no prazo regulamentario; que conforme a Lei xeral tributaria, do 28 de decembro de 1963, modificada pola Lei 10/1985, do 26 de abril (BOE do 27), e o Real decreto 2631/1985, do 18 de decembro (BOE do 18 de xaneiro de 1986); e considerando que a actitude do suxeito pasivo constitúe infracción simple de acordo co disposto no artigo 78 da Lei xeral tributaria, que no artigo 77 sinala que as infraccións tributarias son sancionables incluso a título de simple neglixencia; e que segundo

dispón o artigo 83 da devandita norma, a infracción poderá sancionarse con multa de 1.000 a 200.000 ptas., e para gradua-la súa contía teranse en conta as circunstancias previstas no Real decreto 2631/1985 antes citado. Por todo o exposto procede impoñerlle ó suxeito pasivo unha sanción de 15.000 pesetas e remiti-lo expediente á Intervención.

Contra o acordo transcrito poderá promover reclamación económico-administrativa diante do Tribunal Económico-Administrativo Rexional ou, potestativamente, recurso de reposición perante a Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo. En ámbolos dous casos no prazo de quince días a partir do seguinte a esta publicación, sen que poidan simultanearse os recursos.

Lugo, 7 de novembro de 1997.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

8741