Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/35-2, 4704 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. C.T., R.B.T. piscina municipal-parque Milagrosa.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 290 metros, con conductor D.H.Z.1, 12/20 kV, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 630 kVA 20.000/400-231±2,5%±5% V. Rede de baixa tensión en conductor R.V. 0,6/1 kV, cunha lonxitude de 360 metros, para piscina municipal-parque Milagrosa, en Lugo.

Orzamento: 6.315.917 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas con

dicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 14 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8742