Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.246

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 3 de novembro de 1997 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

-Anuario de actividade asistencial dos hospitais do Sergas 95/96: 3.500 pesetas.

Conxunto mínimo básico de datos en hospitais do Sergas: Resultados bienio 95/96: 2.500 pesetas.

-Síndromes psicopatolóxicas condicionadas pola inmigración e emigración: 1.695 pesetas.

-A psiquiatría na medicina popular galega: 1.695 pesetas.

9169