Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.246

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 10 de novembro de 1997 pola que se establecen as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio á Comunidade Autónoma.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Sergas establece no seu Art. 4.d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais polo Decreto 291/1993, do 11 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión.

En atención a isto, a contratación, no ámbito do Sergas, de servicios de asistencia, axustarase ás modalidades de prestación que se establezan e no xeito e condicións en que se determinen.

A Orde do 13 de novembro de 1996, publicada no DOG nº 231, do 26 de novembro de 1996, establecía as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Sergas, con efectos do 1 de xaneiro de 1996.

Nembargantes, tendo en conta a evolución do índice de prezos de 1996, e as previsións para 1997, resulta necesaria a actualización para este exercicio das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes, así como as tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios en réxime de asistencia sanitaria concertada.

En virtude de todo isto, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada para 1997 e a actualización dos prezos dos concertos vixentes serán as que se especifican nos apartados seguintes:

1. Asistencia en réxime de hospitalización.

Tarifas máximas por día de hospitalización

Actualización prezos de concertos vixentes

Tarifas en pesetas

GruposNiveisPorcentaxe

aumento en %

Médicos

propios

Médicos

Sergas

G. INI3,43.4682.499
NII3,44.3953.428
NIII3,45.2264.281

G. IINI3,44.5643.586
NII3,46.2765.303
NIII3,49.7488.816

G. IIINI3,45.5104.557
NII3,48.0897.169

G. IVNIA2,69.4528.475
NIB2,67.2606.298
NII2,610.0959.144
NIII3,210.0959.144

G. VNI2,68.4727.592
NII2,69.4198.544
NIII2,612.82711.931

G. VINI2,67.6566.761
NII2,610.93710.072
NIII2,612.82011.956

G. VIINI2,616.00315.122
NII2,619.56518.696
NIII2,624.72823.844

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

As tarifas por prestacións especiais de hospitalización dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde que non estean asimilados ós grupos e niveis anteriormente indicados, incrementaranse nun 2,6 por 100.

2. Asistencia ambulatoria.

2.1 Primeiras consultas, intervencións cirúrxicas menores e urxencias.

Tarifas máximas por prestación 1997

Actualización prezos de concertos vixentes

Tarifas en pesetas

GruposNiveisMédicos

propios

Médicos

Sergas

G. INI3.0001.500
NII3.0001.500
NIII3.0001.500

Tarifas en pesetas

GruposNiveisMédicos

propios

Médicos

Sergas

G. IINI3.0001.500
NII3.0001.500
NIII4.4921.600

G. IIINI3.0001.500
NII3.7821.600

G. IVNIA4.2712.200
NIB3.2822.200
NII4.6462.800
NIII4.6182.800

G. VNI3.9882.800
NII4.4342.800
NIII6.0103.200

G. VINI4.4342.850
NII5.1472.900
NIII6.0363.100

G. VIINI7.5373.300
NII9.1273.500
NIII11.2943.800

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

2.2. Consultas sucesivas e revisións.

Tarifas en pesetas

GruposNiveisMédicos

propios

Médicos

Sergas

G. INI1.500750
NII1.500750
NIII1.500750

G. IINI1.500750
NII1.500750
NIII2.246800

G. IIINI1.500750
NII1.891800

G. IVNIA2.1361.100
NIB1.6411.100
NII2.3231.400
NIII2.3091.400

G. VNI1.9941.400
NII2.2171.400
NIII3.0051.600

G. VINI2.2171.425
NII2.5741.450
NIII3.0181.550

G. VIINI3.7691.650
NII4.5641.750
NIII5.6471.900

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que superen as tarifas máximas fixadas para 1997 non sufrirán incremento ningún.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que non acaden os topes sinalados para 1997 revisaranse coa porcentaxe de aumento correspondente ó grupo e nivel do

centro, sempre que non superen as tarifas máximas de consultas sucesivas fixadas para 1997.

3. Servicios especiais de diagnóstico e tratamento en centros hospitalarios e non hospitalarios.

Actualización de prezos de concertos vixentes.

Porcentaxe de aumento e tarifas máximas por día ou sesión de tratamento para 1997.

3.1. Tratamento domiciliario do síndrome de apnea do sono e insuficiencias respiratorias.

3.1.1. CPAP.

Porcentaxe de aumento: -

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 429 ptas.

3.1.2. BIPAP espontánea (dobre presión).

Porcentaxe de aumento: -

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 625 ptas.

3.1.3. BIPAP controlada (dobre presión).

Porcentaxe de aumento: -

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 1.100 ptas.

3.1.4. Respirador volumétrico.

Porcentaxe de aumento: -

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 2.300 ptas.

3.1.5. Monitor de apnea.

Porcentaxe de aumento: -

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 1.100 ptas.

3.2. Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

3.2.1. Osixenoterapia con concentradores.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 599 ptas.

3.2.2. Osixenoterapia con cilindro ou bala de osíxeno.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 569 ptas.

3.2.3. Osíxeno líquido.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 1.424 ptas.

O Sergas aboaralles ós pacientes sometidos a tratamento de osixenoterapia domiciliaria con concentradores, en concepto de compensación económica polos gastos de electricidade, a cantidade de 2.733 ptas. por mes de tratamento. A citada cantidade poderase aboar directamente ó enfermo ou ben á

empresa subministradora, logo da xustificación do pagamento ó enfermo, na facturación mensual presentada por aquela.

3.3. Aerosolterapia e ventiloterapia.

3.3.1. Tratamento individualizado de aerosolterapia e ventiloterapia.

Porcentaxe de aumento: -

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 270 ptas.

3.3.2. Tratamento individualizado de aerosolterapia con alto fluxo.

Porcentaxe de aumento: -

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 320 ptas.

3.4. Radioterapia e quimioterapia.

Teleterapia nivel I.

3.4.1. Nivel I: 77.994 ptas.

Nivel I

Estudio dosimétrico con cálculo limitado a un punto da cara central // Verificación radiolóxica // Pode utilizar un campo directo ou dous campos directos a dúas localizacións diferentes ou ben dous campos opostos a 180 graos sobre a mesma localización, con cálculo de dose nun plano medio.*Leito larínxeo.

*Cadeas ganglonares.

*Pelve (2 campos).

*Holocranial.

*Bazo.

*Radiocastración.

*Paliativo de metástase ósea dunha soa localización.

Teleterapia nivel II.

3.4.2. Nivel II: 101.275 ptas.

Nivel II

Dous ou máis campos por sesión ou ben paliacións con máis de dúas localizacións simultáneas ou máis de dous campos por sesión // Estudio dosimétrico con representación gráfica de destribución de dose, nun plano como mínimo, e definición de dose en volumes tumorais e críticos. Cálculo con curvas de isodose // Sempre con simulación // Sempre con verificación.*Mama (2 campos).

*Glote.

*Base de lingua.

*Orofarinxe e cadeas.

*Pulmón.

*Vexiga.

*Próstata.

*Esófago.

*Seo maxilar.

*Parótida.

*Recto e leito rectal.

*Pelve xinecolóxica.

*Cerebro.

*Paliativo de metástase ósea de dúas localizacións simultáneas.

Teleterapia nivel III.

3.4.3. Nivel III: 148.137 ptas.

Nivel III

Estudio dosimétrico como no nivel 2 // Sempre con verificación // Con ou sen campos formado // Sempre con simulación // Técnicas pendulares e/ou rotatorias ou máis de dous campos por sesión e dous ou máis localizacións // Grandes campos (irradiación hemicorporal).*Mama (3 campos).

*Larinxe e cadeas.

*Hodgkin.

*Meduloblastoma.

*Tumores pediátricos.

*Técnicas rotatorias e/ou pendulares.

Braquiterapia nivel I.

3.4.4. Nivel I: 63.715 ptas.

Nivel I

Tratamentos endocavitarios con carga diferida // Tratamentos intersticiais con carga directa // Tempo de implantación e retirada do material radiactivo inferior a 40 minutos // Anestesia local // Verificación radiolóxica // Cálculo dosimétrico limitado a un plano.*Cúpula vaxinal.

*Vaxina (Endocavit.).

*Tumor pel < 3 cm.

*Tumor labio < 3 cm.

Braquiterapia nivel II.

Nivel II: 106.191 ptas.

Nivel II

Tratamentos endocavitarios vaxinais con carga diferida // Tratamentos intersticiais con carga directa // Tempo de implantación e retirada do material radiactivo superior a 40 minutos // Anestesia xeral // Rx ortogonal // Estudio dosimétrico con representación gráfica de distribución de dose e definición de dose en volumes tumorais e críticos. Cálculo de isodose. Sempre con verificación.*Cervix uterino.

*Endometrio.

*Uretra feminina.

*Vaxina (Intert.).

*Pene.

*Tumor labio > 3 cm.

*Tumor pel > 3 cm.

Braquiterapia nivel III.

Nivel III: 201.763 ptas.

Nivel III

Tratamentos intersticiais con carga directa // Manipulación cirúrxica // Tempo de implantación e retirada do material radiactivo superior a 60 mintutos // Anestesia xeral // Coidados poscirúrxicos durante o tratamento // Rx ortogonal // Estudio dosimétrico con representación gráfica de distribución de dose e definición de dose en volumes tumorais e críticos. Cálculos con curvas de isodose. Sempre con verificación.*Ano.

*Vulva.

*Mucosa oral.

Braquiterapia nivel IV.

Nivel IV: 201.763 ptas.

Nivel IV

Tratamentos intersticiais con carga directa // Manipulación cirúrxica complexa // Tempo de implantación e retirada do material radiactivo superior a 80 minutos // Anestesia xeral tanto na implantación como na retirada do material radiactivo // Rx ortogonal // Estudio dosimétrico con representación gráfica de distribución de dose e definición de dose en volumes tumorais e críticos. Cálculo con curvas de isodose. Sempre con verificación.*Lingua.

*Solo de boca.

*Farinxe.

3.4.5. Radioterapia superficial: 1.281 ptas.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

3.4.6. Quimioterapia proceso: 38.468 ptas.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

3.4.7. Quimioterapia ciclo: 16.486 ptas.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

3.5. Medicina nuclear.

3.5.1. Probas diagnósticas/estudios morfofuncionais.

Medicina nuclear grupo I.

Grupo I: 8.732 ptas.

Grupo I

*Anxigammagrafía cerebral.

*Anxigammagrafía hepática.

*Captación tiroidea.

*Cistogammagrafía indirecta.

*Cistogammagrafía directa.

*Gammagrafía de corpo enteiro con I-131.

*Detección mucosa gástrica ectópica.

*Diagnóstico positivo de IAM.

*Ventriculografía de primeiro paso e shunts.

*Gammagrafía shunt peritoneo venoso.

*Ggrafía. dinámica glándulas salivares.

*Ventriculografía en equilibrio.

*Estudio funcional renal/renograma.

*Flebogammagrafía.

*Gammagrafía cerebral.

*Gammagrafía escrotal e testicular.

*Gammagrafía hepática.

*Gammagrafía de medula ósea.

*Gammagrafía ósea de corpo enteiro.

*Gammagrafía de paratiroides.

*Gammagrafía pulmonar perfusión.

*Gammagrafía renal.

*Gammagrafía tiroidea.

*Detección refluxo gastro-esofáxico.

*Linfogammagrafía.

*SPECT hepático.

*SPECT óseo.

*Test de Shilling.

*Estudio baleiramento gástrico.

*Renograma tras captopril.

*Renograma tras furosemida.

*Gammagrafía esplénica.

*Estudio tránsito esofáxico.

*SPECT renal.

*SPECT pulmonar.

*SPECT cerebral con gluconato.

Medicina nuclear grupo II.

Grupo II: 18.045 ptas.

Grupo II

*Detección de hemorraxias intestinais.

*Gammagrafía de vías biliares.

*Perfusión miocárdica con talio.

*Gammagrafía meduloadrenal.

*Gammagrafía pulmonar ventilación.

*Gammagrafía de corpo enteiro con galio.

*Gammagrafía de corpo enteiro con MIBG.

*SPECT cardíaco.

*SPECT oncolóxico con galio.

*Ggrafía. pulmonar ventilación/perfusión.

*Gammagrafía pulmonar con galio.

*Gammagrafía hepática con galio.

*Gammagrafía de corpo enteiro con talio.

Medicina nuclear grupo III.

Grupo III.

*Exploracións MIBG-Y131: 33.982 ptas.

Medicina nuclear grupo IV.

Grupo IV.

*SPECT cerebral: 58.405 ptas.

Medicina nuclear grupo V.

Grupo V.

*Gammagrafía corticoadrenal: 90.798 ptas.

No caso das probas de cardioloxía nuclear que precisen avaliación en reposo/esforzo poderase ademais facturar como concepto engadido, a proba de esforzo por un importe de 11.641 ptas.

3.5.2. Tratamentos con medicina nuclear.

-CA de tiroides I 131: 99.873 ptas.

-Hipertiroidismo I 131: 32.500 ptas.

-Ytrio intraarticular Y90: 37.778 ptas.

-Policitemia vera P32: 46.607 ptas.

Os concertos de asistencia sanitaria nos que figuren probas recollidas nos apartados 3.4. e 3.5. non serán obxecto de revisión de tarifas con efectos retroactivos.

3.6. Rehabilitación.

3.6.1. Por cada mes completo de tratamento en réxime de sesión diaria: 12.465 ptas.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

3.6.2. Por cada sesión deste tratamento: 499 ptas.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

3.7. Fisioterapia e logopedia.

3.7.1. Por cada mes completo de tratamento de fisioterapia ou logopedia en réxime de sesión diaria: 14.522 ptas.

Porcentaxe de aumento: 1,5%.

3.7.2. Por cada sesión deste tratamento: 577 ptas.

Porcentaxe de aumento: 1,5%.

3.8. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

3.8.1. Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia e neuropediatría: 27.142 ptas.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

3.8.2. Por cada sesión deste tratamento: 1.086 ptas.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

3.9. Hemodiálise por sesión.

3.9.1. En centros hospitalarios.

Porcentaxe de aumento: 1,74%.

Tarifa máxima: 19.363 ptas.

3.9.2. Nun club de diálise.

Porcentaxe de aumento: 2%.

Tarifa máxima: 18.488 ptas.

3.9.3. En centros satélites con persoal sanitario do Sergas.

Porcentaxe de aumento: 2%.

Tarifa máxima: 14.720 ptas.

3.9.4. En centros satélites con persoal sanitario da empresa concertada.

Porcentaxe de aumento: 2%.

Tarifa máxima: 17.503 ptas.

3.9.5. No domicilio do enfermo con máquina.

Porcentaxe de aumento: 2%.

Tarifa máxima: 16.268 ptas.

3.9.6. Diálise domiciliaria con máquina a través de club de diálise.

Porcentaxe de aumento: 2%.

Tarifa máxima: 16.268 ptas.

3.10. Hemodiálise por día.

3.10.1. Diálise peritoneal ambulatoria continua (DPAC).

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

Tarifa máxima: 6.072 ptas.

3.10.2. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora.

Porcentaxe de aumento: -

Tarifa máxima: 10.774 ptas.

3.10.3. Diálise peritoneal ambulatoria a través de club de diálise.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

Tarifa máxima: 6.072 ptas.

3.10.4. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

Tarifa máxima: 7.490 ptas.

3.10.5. Suplemento por dialización mediante

concentrados de bicarbonato:

Porcentaxe de aumento: 2%.

-Hemodiálise no domicilio do enfermo con máquina: 2.284 ptas.

-Resto de hemodiálise: 1.196 ptas.

Co obxecto da facturación e aboamento dos servicios de hemodiálise a domicilio e diálise peritoneal ambulatoria continua, diálese peritoneal domiciliaria con último cambio automático as tarifas establecidas no apartado anterior para estas prestacións diferenciaranse, dada a súa distinta fiscalidade, nos conceptos que se recollen a continuación.

Hemodiálise a domicilio con máquina:

-Material funxible: 6.826 ptas.

-Material fixo: 9.442 ptas.

Diálise ambulatoria continua:

-Material funxible: 6.072 ptas.

Diálise a domicilio con ciclador:

-Material funxible: 8.547 ptas.

-Material fixo: 2.227 ptas.

Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático:

-Material funxible: 6.395 ptas.

-Material fixo: 1.095 ptas.

Con independencia da tarifa fixada no apartado 3.9, punto 5, por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina aboarállese á empresa concertada a cantidade, de pagamento único, de 269.100 ptas. en concepto de gastos pola instalación dos aparellos e exclusivamente para aqueles enfermos que utilicen por primeira vez o tratamento de hemodiálise no seu domicilio.

Polos servicios de diálise peritoneal ambulatoria, prestados no domicilio do enfermo a través dun club de diálise, o Sergas aboará, ademais da tarifa por sesión establecida no apartado 3.10, punto 3, en concepto de pagamento único pola formación, entrenamento e adestramento do enfermo nas operacións previas á diálise, unha vez remitido o enfermo logo da instalación do catéter polo centro de referencia, a cantidade de 48.438 ptas., que se aboarán na facturación do mes seguinte ó do inicio do tratamento.

Así mesmo na diálise domiciliaria realizada mediante un club de diálise, en concepto de seguimento clínico e controis analíticos rutineiros aboarase a cantidade de 780 ptas. por sesión.

O Sergas aboaralle ó enfermo por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina, a cantidade

de 778 pesetas por sesión como compensación económica polo consumo de auga e electricidade, aboándose ó enfermo, no suposto da diálise peritoneal domiciliaria con cicladora, a cantidade de 2.234 pesetas mensuais por gastos de electricidade.

3.11. Exploracións mediante Tac-Scanner.

3.11.1. Por cada exploración con ou sen contraste: 14.799 ptas.

Porcentaxe de aumento: -

3.12. Exploracións mediante resonancia nuclear magnética.

3.12.1. Por cada estudio simple: 32.005 ptas.

Porcentaxe de aumento: -

3.12.2. Por cada estudio dobre: 47.575 ptas.

Porcentaxe de aumento: -

3.12.3. Por cada estudio vascular: 47.575 ptas.

Porcentaxe de aumento: -

3.12.4. Plus de anestesia: 15.000 ptas.

Porcentaxe de aumento: -

3.12.5. Plus de contraste: 8.208 ptas.

Porcentaxe de aumento: 2,6%.

3.13. Detección de doadores de órganos e tecidos. Este proceso comprenderá tódalas probas e tratamentos precisos para a xeración de órganos e tecidos.

Doador efectivo: 860.153 ptas.

4. Actualización dos prezos dos concertos vixentes.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde para a realización de servicios especiais de diagnóstico e tratamento, incrementaranse, en cada caso, nas porcentaxes establecidas en cada un dos apartados anteriores sempre que non superen as tarifas máximas fixadas para 1997.

Estas actualizacións de tarifas non serán aplicables se no texto do concerto se prevé unha cláusula de revisión distinta.

Os prezos dos concertos vixentes para as distintas prestacións de medicina nuclear e dos servicios de diagnóstico e tratamento non incluídos nos apartados anteriores non se incrementarán en 1997.

5. Asistencia concertada por procesos médicos ou cirúrxicos.

5.1. Litotricia renal extracorpórea, tarifa máxima por proceso: 145.050 ptas.

Porcentaxe de aumento: -

5.2. Outros procesos médicos ou cirúrxicos.

A Dirección Xeral de Atención Especializada poderá propoñe-la concertación de procesos médicos e/ou cirúrxicos distintos ós sinalados nos apartados anteriores de xeito individualizo do ós centros privados xa concertados ou non. As condicións eco

nómicas e asistenciais quedarán fixadas con carácter previo e reflectiranse nos pregos ou requisitos de contratación.

5.3. A facturación por procesos médicos e cirúrxicos será incompatible coa facturación por estadías.

5.4. Nos concertos nos que estean incluídos os procesos médicos ou cirúrxicos diferenciados e teñan prevista cláusula de revisión de prezos, a contía individual de cada proceso poderá ser incrementada na porcentaxe máxima do 2,6 por 100, sempre que non superen os topes establecidos na orde.

5.5. A inclusión no concerto dalgún dos procedementos cirúrxicos requirirá, en todo caso, que o centro se atope cualificado, de forma provisional ou definitiva, entre os grupos IV ó VII dos establecidos no anexo I da resolución da Secretaría de Estado para a Sanidade, do 11 de abril de 1980.

Artigo 2º.-Concertos singulares.

1. A Dirección Xeral de Atención Especializada poderá propoñe-la subscrición de concertos singulares distintos ós referidos no apartado 2.1 da circular nº1 conxunta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, Secretaría Xeral e Dirección Xeral de Atención Especializada sobre procedemento de concertos de asistencia sanitaria.

2. As condicións económicas dos citados concertos estableceranse con carácter previo, podendo determinarse baixo a modalidade de unidades ponderadas de asistencia (UPAS), ou outras medidas de actividade asistencial.

3. A revisión das condicións económicas dos concertos singulares vixentes realizarase de acordo co previsto en cada un dos concertos subscritos, tendo en conta o grao de cumprimento dos obxectivos asistenciais pactados en cada caso e da actividade para 1997, na que se incluirán os procesos médicos cirúrxicos que se determinarán en función das necesidades asistenciais.

Artigo 3º

Delégase nos directores provinciais do Sergas a competencia para o asinamento dos concertos individuais que sexan precisos de:

-Monitorizacións e terapias domiciliarias relacionadas con actividade respiratoria.

-Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

-Hemodiálise e diálise domiciliaria.

Sen perxuízo das instruccións que ó respecto dicte a Dirección Xeral de Recursos Económicos e sen que en ningún caso poidan superarse as tarifas fixadas nesta orde.

Artigo 4º.-Contratos marco.

Para efectos do previsto no artigo 160.2.f da Lei 13/1995, segundo a redacción dada ó mesmo polo artigo 72.2º da Lei 13/1996, do 30 de decembro,

de medidas fiscais, administrativas e de orde social, os concertos singulares regulados no artigo 2º da presente orde terán a consideración de contrato marco en relación cos servicios establecidos no artigo 1º, apartados 3.11, 3.12 e 5, sempre que as ditas prestacións figuren na carteira de servicios do centro concertado.

Os contratos-programa anuais dos concertos substitutorios, así como as cláusulas adicionais dos restantes concertos singulares, que se subscriban a partir da entrada en vigor desta orde recollerán o carácter do contrato marco deles.

Constituirán condicións técnico-económicas, de carácter marco, para a contratación das prestacións recollidas no artigo 1º, apartados 3.11, 3.12, e 5, desta orde; as establecidas no propio concerto singular -se as houbese-, as que determine especificamente o Sergas ou, no seu defecto, as xerais establecidas na presente orde.

Artigo 5º.-Normas de procedemento.

1. A revisión das tarifas dos concertos vixentes o 31 de decembro de 1996 será realizada automaticamente polo Sergas, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1997. Para os concertos subscritos con posterioridade ó 31 de decembro 1996, a aplicación da revisión das tarifas será desde a data da súa formalización. Agás que nas súas estipulacións se recolla outra cousa.

Nos concertos en vigor que inclúan prestacións, nas cales as súas tarifas para 1997 sexan inferiores ás determinadas para 1996, a regularización que resulte pertinente efectuarase na facturación correspondente ó mes seguinte ó da entrada en vigor desta orde.

Nas autorizacións de uso temporais a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante, a partir da data de entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas que se autoricen serán as incluídas nela.

2. Para axiliza-la aplicación desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

2.1. Con independencia do procedemento de revisión previsto no artigo 2º para os concertos singulares, os directores provinciais do Sergas, no prazo máximo dun mes a partir da data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia, por cada concerto vixente na súa provincia, na que se faga consta-la contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira dereito ó incremento.

O contido desa nota dilixencia comunicarase por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada á que se lle dá un prazo máximo de vinte días para pre

sentar escrito de conformidade ou, se é o caso, as alegacións que consideren oportunas.

2.2. Se transcorrido o prazo indicado non se producise ningunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibise escrito de conformidade dela, o director provincial remitiralle a nota dilixencia sen asinar á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial emitirá resolución que eleve a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución acompañada dun exemplar da nota dilixencia remitiráselle á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á Secretaría Xeral, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Presupostos da Dirección Xeral de Recursos Económicos.

2.3. Se transcorrido o prazo de vinte días se producise escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial elevará o expediente á Dirección Xeral de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 6º

As unidades de control de concertos das direccións provinciais velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e, en particular, das que se refiren ó tratamento adecuado dos enfermos da Seguridade Social.

Artigo 7º

A aplicación retroactiva desta orde con efectos desde o 1 de xaneiro de 1997 á que se refire o artigo 4º non será aplicable no caso de autorizacións temporais de uso, nas que a tarifa aplicable será a expresamente aceptada pola empresa para o período de vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas autorizadas que poderán ser establecidas en novas autorizacións de uso serán as incluídas nela.

Artigo 8º.-Impostos e taxas.

Nas tarifas indicadas en todos e cada un dos apartados anteriores considéranse incluídos tódolos impostos, taxas e demais cargas legais e especificamente o imposto sobre o valor engadido (IVE), dos servicios gravados con el.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral e o director xeral de Recursos Económicos para adopta-las medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1997.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

9178