Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Rúa, número 6669.1.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise público o acordo da Comisión Galega de Medio Ambiente, do 29 de xullo de 1997, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión mineira Rúa, nº 6669.1, situada nos concellos de Mesía e Ordes (A Coruña), e promovido pola entidade Explotación de Rocas Industriales e Minerales, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

A Coruña, 18 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación presentada, a Comisión Galega de Medio Ambiente establece pola presente declaración de impacto ambiental as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de forma que se asegure a minoración dos posibles efectos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

A presente declaración refírese, en exclusiva, ás actuacións mineiras de explotación dentro das áreas xeográficas que, estando delimitadas no plano presentado con data do 16 de xuño de 1997, dentro das cuadrículas mineiras solicitadas, se definen segundo proxecto como:

Zona A (sur de Visantoña), cunha superficie aproximada de 40 ha.; zona I (monte Sexto), cunha superficie de 21 ha; zona K (Casa de Fraga), cunha superficie de 7 ha e zona P (oeste de Garandela), cunha superficie de 12 ha (queda excluída a denominada zona M, segundo proxecto).

Para outras zonas ou áreas que se vaian explotar precisaríase unha nova declaración.

1. Protección da atmosfera.

1.1. Adoptaranse as medidas necesarias de forma que nas zonas habitadas máis próximas ás parcelas ocupadas pola explotación e máis concretamente no lugar de Visantoña, distante uns 200 m da zona A, se garante o cumprimento dos niveis de emisión que, para partículas sedimentables, establece o Decreto 833/1975, do 6 de febreiro.

2. Protección do sistema hidrolóxico.

2.1 Considerando que as augas de escorrentía provenientes das zonas ocupadas pola explotación poden afecta-las augas do río Samo e dun tributario

del (corpos P e K) así como as do regato Ponte Pedra (corpo A) procederase a drenar convenientemente as zonas de amoreamento, tanto de estériles como de terra vexetal, co obxecto de que as augas de escorrentía que puidesen provoca-lo seu lavado non incidan directamente sobre as correntes naturais de augas supeficiais, evitando en todo momento o seu alodamento e contaminación.

2.2 Se como consecuencia das escavacións se sacan á superficie augas subterráneas, deberán ser preservadas, en todo momento, protexéndoas coas medidas oportunas para o seu posible aproveitamento.

2.3. Se a propia actividade require a necesidade de captar ou derivar augas para o seu uso, deberase solicitar ante o organismo competente a preceptiva concesión administrativa.

2.4. Para os cambios de combustible e aceites da maquinaria disporase de bidóns preparados para o efecto, e a súa retirada realizaraa un xestor autorizado co que se deberá establece-lo pertinente contrato.

2.5. Os residuos existentes na zona de explotación deberán ser retirados e levados a vertedeiros autorizados antes do comezo dos traballos; e non se poderán depositar nin acumular na explotación nin en terreos propios adxacentes ningún tipo de residuos sólidos, tales como chatarra, plásticos, pezas inservibles da maquinaria, ou calquera outro material que se xera na explotación diferente dos materiais propios procedentes da extracción.

3. Protección da vexetación e paisaxe.

3.1. Procederase a implantar con pantallas vexetais, formadas con especies autóctonas e implantadas naquelas zonas nas que sendo compatibles coa explotación resulte necesario, as concas visuais que, segundo a anexo presentado polo promotor do proxecto, partan de poboacións e vías de comunicación.

Así mesmo, respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente nos límites das zonas que se vaian explotar e que sirva como pantalla visual e acústica e como barreira contra o po.

4. Restauración.

4.1. O plan de restauración proposto deberá porse en práctica e levarse a cabo, de xeito progresivo, tal e como consta no documento presentado.

A remodelación dos ocos creados realizarase de xeito que a morfoloxía e pendentes sexan o máis próximas ás orixinais do terreo en cada zona. A totalidade dos estériles xerados serán empregados na remodelación dos terreos afectados polos labores, non admitíndose en ningún caso a formación de entulleiras permanentes.

5. Documentación adicional.

O promotor da explotación remitiralle a Comisión Galega de Medio Ambiente, a través do órgano subs

tantivo e nos prazos sinalados, a documentación que a continuación se relaciona:

5.1. Nun prazo non superior a tres meses, a partir do comenzo dos traballos de explotación: un mapa de ruídos coa actividade en pleno funcionamento que inclúa os núcleos habitados máis próximos.

5.2. Anualmente e ata o remate dos traballos de explotación:

-Resultado das medicións dos niveis de emisión de partículas sedimentables de acordo co exposto no punto 1.1. da presente declaración, e medidas correctoras propostas no caso de supera-los devanditos límites.

-Reportaxe fotográfico sobre as medidas correctoras e protectoras levadas a cabo no correspondente ano e planificación da restauración prevista para o vindeiro ano.

6. Condicións adicionais.

6.1. Para calquera actuación, consecuencia da actividade, no DPH, zona de servidume e policía de leitos fluviais, será preceptiva a autorización administrativa outorgada pola CPTOPV, que deberá ser tramitada polo servicios de xestión do DPH.

6.2. O órgano substantivo fixará un aval, para garanti-lo cumprimento do plan de restauración que poderá ser acumulativo se se considera axeitado. Esta aval será renovado en función do cumprimento por parte do promotor do plan de restauración e o plan de labores anual.

6.3. As condicións indicadas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para o promotor.

Non obstante, a empresa promotora poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta declaración co obxecto de modificalas ou cambialas por otras naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves deficiencias para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade industrial, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, a empresa promotora solicitarallo á Comisión Galega de Medio Ambiente, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse tres meses despois de serlle enviada a presente declaración polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionada, o órgano ambiental avaliaraas e comunicarelle o acordo adoptado á empresa promotora.

6.4. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente. o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Comisión Galega de Medio Ambiente, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e se corrixan estas.

6.5. Do mesmo xeito, o incumprimento total ou parcial, por parte do promotor, dos labores de restauración previstos serán causa suficiente para que se proceda ó peche cautelar e a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

6.6. O presente acordo adoptado por esta comisión, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes para levar a cabo a actividade.

6.7. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997. Secretario xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente. Asdo. José Luis Aboal García-Tuñón. Visto e prace do presidente da Comisión Galega de Medio Ambiente. Asdo. Dositeo Rodríguez Rodríguez.

8478