Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/54-2-4734 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Denominación: L.B.T. e C.T. equipos captación central hidroeléctrica-Tarrío.

Situación: Chantada.

Descricións técnicas: liña de baixa tensión de 162 metros desde o apoio número 14 ó apoio tipo 9-1000 que se vai situar xunto á caseta de servicios xunto a canle, en conductor R.Z.-3x25/54,6 Al. Centro de transformación de 25 kVA 20.000/400-231±5% V, para subministración de enerxía a equipos captación da central hidroeléctrica de Tarrío, en Chantada.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regula

mentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 10 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8466