Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 1997 Páx. 11.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 70/1997).

De conformidade co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional (BOE do 31-12-1994), e artigos 9 do Decreto 261/1966, e 10, 16 e 31 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), estes de aplicación transitoria, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo nº 171, 15009 A Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública que levará implícita a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aerosubterránea a 15/20 kV, de 649 m de lonxitude, con conductor LA-56 e R.H.V. 3x9 Al, sobre apoios

de formigón e metálicos, con orixe na liña M.T. Cruz Verde-Celestino Naveira, centro de transformación tipo intemperie de 100 kVA, e R.B.T. de 2.582 m de lonxitude en R.Z. que se vai instalar en San Xiao, no termo municipal de Betanzos (expediente 70/97).

Finalidade: mellora-la seguridade e a subministración de enerxía eléctrica no sector de San Xiao (Betanzos).

En consecuencia, calquera persoa dentro dos trinta días seguintes ó da presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán notifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afectan; examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luís Seoane, s/n, 15701 A Coruña, e formular ante esta mediante escrito alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 14 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 70/97Provincia: A Coruña

Liña L.M.T. e C.T. San XiaoConcello: Betanzos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

1TalayLabradíoFrancisco Vázquez Martínez1ª Trav. dos Cregos

15300 Betanzos

11550

2TalayPradoMilagros García VázquezVenezuela, 39-4º D

15300 Betanzos

1111110

3TalayPradoAurelia López PatiñoVirgen del Coro, 9

28027 Madried

990

4TalayLabradíoSalvadora Corral DelgadoCruz Verde, 21

15300 Betanzos

21210

5TalayLabradíoFelisa CarunchoDescoñecido20200

6TalayViñedoAgustín Pardo TizónPraza Alfonso IX, 31

15300 Betanzos

2126260

7TalayPradoMercedes Leira FernándezFerradores, 8-2º

15300 Betanzos

2129290

8TalayPradoDescoñecidoDescoñecido29290

9TalayMonte altoDescoñecidoDescoñecido21252

10TalayMonte altoLourdes Maceiras Amorr/ Galicia, 3-2º D18288

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

11TalayMonte altoMaría Maceiras AmorPraza Alfonso IX, 11-2º

15300 Betanzos

14196

12TalayMonte altoDescoñecidoDescoñecido3112320

14San XiaoMonte altoAlfredo Peña SanzFederico Tapia, 17

15005 A Coruña

25400

15San XiaoMonte baixoJesús Torre LouredaMarina, 63

15300 Betanzos

11110

16San XiaoMonte baixoManuel Carlos Sas FernándezRoldán, 7-1º

15300 Betanzos

11110

17San XiaoViñedoJesús Cadaveira PérezRolo, 35

15300 Betanzos

17170

18San XiaoLabradíoManuel Méndez PicadoAvda. Castela, 110

15300 Betanzos

Lat.20

19San XiaoMonte altoMaría Buyo FerreñoAvda. Exército, 21-7º D

15006 A Coruña

36504

20San XiaoViñedoCarmen Noguerol PorcaVenezuela, 36-2º I

15300 Betanzos

CT649736

8592