Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Saceda-Lucenza (Cualedro-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Saceda-Lucenza (Cualedro-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución da zona por decreto da Xunta de Galicia nº 296/1991, do 5 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 179, do 18 de setembro de 1991).

Primeiro.-O 16 de outubro de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o Acordo de concentración parcelaria da zona de Saceda-Lucenza (Cualedro-Ourense) logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no concello de Cualedro durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día ó da publicación do último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal de maior circulación desta.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se dan, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poderán presenta-lo recurso no Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para este efecto, deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal de que se trate e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teña que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Ourense, 16 de outubro de 1997.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense

8415