Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto para a contratación da subministración consistente na adquisición de reactivos e instrumental de laboratorio para o programa de saneamento gandeiro.

Por Resolución do 17 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso público aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle-la suministración ás empresas:

Lote 1: reactivos para diagnóstico serolóxico de leucose bovina enzoótica. Merial Laboratorios, S.A., importe de adxudicación: 5.363.589 ptas.

Lote 2: reactivos para cultivo bacteriolóxico. R. Costoya, S.L., importe de adxudicación: 2.134.649 ptas.

Lote 3: reactivos para identificación de xermes en análises bacteriolóxicas e realización de antibiogramas. Biomérieux España, S.A., importe de adxudicación: 4.990.000 ptas.

Lote 4: 1 dispensador automático para microplacas e 1 lavador de microplacas. R. Costoya, S.L., importe de adxudicación: 3.280.001 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9037