Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete á información pública o proxecto de autorización de instalacións de Gasificación del Noroeste: ramal a Ferrol. Addenda I, promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, para ós efectos previstos no acordo do consello da Xunta do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución

única do procedemento, sométese á información pública o proxecto de Gasificación do Noroeste: ramal a Ferrol, Addenda I declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 18 de febreiro de 1997 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais no termo municipal de Pontedeume.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións de Gasificación do Noroeste: ramal a Ferrol. Addenda I.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de

actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para ó efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e de outras limitacións de dominio.

Características das instalacións: esta addenda I, ten por obxecto posibilita-la subministración a unha futura rede de distribución de gas natural, e supón a realización das seguintes modificacións:

-Cambio de situación da Posición I-014.2; situarase a uns 3.437 m ó sur da situación inicial xunto ó vértice V-40 e distante del uns 40 m.

-Cambio de válvula de seccionamento manual a válvula de seccionamiento telemandada MOV-1 de 80 e válvula telemandada MOV-2 de 40.

-Liña eléctrica de 15 kV, de 99,5 m de lonxitude e centro de transformación de 25 kVA, montado en intemperie.

Termo municipal afectado: Pontedeume.

Orzamento: o orzamento suplementario ascende a dez millóns catrocentas corenta e seis mil cento dez pesetas (10.446.110 ptas.).

Afección de predios particulares:

A afección de predios de propiedade privada derivada da construcción das instalacións auxiliares do gasoducto concrétase da seguinte forma:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se han construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous: para as liñas eléctricas:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreno de dous metros de largo, un a cada lado do eixe da liña, ó longo dela, que implicará libre acceso do personal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se for o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Servidume permanente de voo nunha franxa de 15 m centrada co eixe da liña, na que se establecen:

-Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar acto algún que poida dana-lo bo funcionamento da liña, a unha distancia inferior a 7,5 m do eixe da liña de postes do tendido.

-Prohibición de plantar árbores con altura máxima superior a 4 m a unha distancia inferior a 3 m do eixe da liña de postes do tendido.

C) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, para poder realiza-las obras necesarias.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados pola dita addenda, a relación dos cales se insire ó final deste anuncio, para poderen examinala na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Coruña, Edificio

Administrativo Monelos, Pza. Luis Seoane, 1º andar e presentaren por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1997.

Joaquín do Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados polo proxecto de gasificación do Noroeste, ramal a Ferrol, Addenda I

Abreviaturas utilizadas: SE-Expropiación en dominio, SP-Servidume de paso, OT-Ocupación temporal.

Termo municipal: Pontedeume.

AfecciónCatastro

Predio nºTitular e enderezoS.E.

mS.P.

m.l.O.T.

mPolig.Parc.Natureza

C-PD-20POVJuan Luis Brage Cortizas, Vilamoire, 40 - Altos de Ombre, Pontedeume13200015221Pradería

C-PD-20/1LEVConcello de Pontedeume, rúa Real, 13, Pontedeume31144Camiño

C-PD-20/2EVJuan Luis Brage Cortizas, Vilamoire, 40 - Altos de Ombre, Pontedeume73015358Pradería

C-P D-21POVMaría Luisa Romero Gómez, Seixo - Franza, Mugardos10300015368Pradería

C-PD-20/1LEVJuan Luis Brage Cortizas, Vilamoire, 40 - Altos de Ombre, Pontedeume7530015221Pradería

8414