Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública, a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a construcción dunha liña eléctrica no termo municipal de Viveiro.

Para efectos previstos nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, artigo 9 do Decreto 2117/1996 e o artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, de aplicación en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da citada lei, sométese a información pública a solicitude da instalación eléctrica e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica coas características que se indican a continuación:

Referencia: anexo 2 o proxecto da liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde a subestación de Magazos ata o apoio número 11 da L.A.T. Subestación parque eólico Coriscada-parque eólico Vicedo.

Peticionario: Eurovento, S.L. Unipersonal, con domicilio social en Santiago de Compostela, rúa Galeras, 17-3º, oficina 3, e Gamesa Promoción Eólica, con domicilio social en Vitoria (Álava), rúa Portal de Gamarra, 40 e domicilio para efecto de notificacións Avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela.

Finalidade: transporte de enerxía eléctrica a subestación de Magazos desde o parque eólico do Vicedo (Eurovento) e o parque eólico de Coriscada (Gamesa).

Obxecto: autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, que comportará a expropiación forzosa, polo procedemento de urxente ocupación, dos bens e da adquisición dos dereitos afectados.

Descrición:

Tramo aéreo: este tramo de liña aérea que se proxecta ten unha lonxitude de 1.360 m en simple circuíto na zona de aplicación A. Os apoios e crucetas estarán preparados para unha eventual incorporación dun segundo circuíto, poñéndose mentres tanto o primeiro ó tresbolillo. O tramo está formado por 4 aliñacións e descorre polo concello de Viveiro de Lugo.

Tramo subterráneo: este tramo ten unha lonxitude de 1.700 m en simple circuíto, aínda que a gabia incorpora os encanamentos necesarios para unha posible incorporación dun segundo circuíto no futuro. A liña subterránea discorre na súa maior parte seguindo a estrada Viveiro-Covas pertencente á Deputación de Lugo. Todo o seu trazado está no concello de Viveiro de Lugo.

Orzamento: 182.400.960 ptas.

Afeccións derivadas da declaración de utilidade pública do proxecto:

a) Servidume de paso aérea e subterránea de enerxía eléctrica que comprende, ademais do voo sobre o predio do servente, o establecemento de soportes coas limitacións descritas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro.

b) Servidume da ocupación temporal durante o período de execución das obras, onde se eliminaría todo obstáculo que poida impedi-la montaxe das torres e o tendido dos cables, co pagamento dos danos que se produzan en cada caso.

c) Dereito de paso de tres metros de largo segundo o eixe da liña e libre acceso ás instalacións do persoal e dos elementos necesarios para mellorar, manter, reparar e renova-las diferentes instalacións, co pagamento dos danos que se ocasionen en cada caso.

d) Mantemento de distancias de seguridade establecidas no Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión en edificación e construccións futuras e masa forestal. Non obstante, en casos especiais e cando por razóns moi xustificadas non se poida observar todo o indicado, será necesario solicitalle autorización á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente, a cal poderá concedela.

Todo o que se indica nos apartados anteriores non será de aplicación nos bens de dominio público.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo coas compañías promotoras eólicas beneficiarias, da cal se insire a relación no anexo desta anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bnes afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nas oficinas da Delegación Provincial de Industria de Lugo, sita na rúa Ronda da Muralla, 70-3º, e presenta-las alegacións que sexan oportunas, por triplicado, nun prazo de trinta días, contados a partir da publicación deste anuncio.

Lugo, 28 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Lista concreta e individualizada dos bens

e dereitos afectados

Abreviaturas utilizadas.

* Datos catastrais:

PN= predio número. TE= titular e enderezo. L= lugar.

* Afeccións:

A= afección. AP= apoio. V= voo. CT= clase terreo. MB= monte baixo. AR= arboredo. PR= prado. EU= eucalipto. LAB= labrado. XU= xuncos. VI= viña. PI= piñeiros. FR= froiteiro. S= superficie.

-Tramo subterráneo.

Provincia de Lugo.

Termo municipal de Viveiro.

PN= 8. TE= Modesto Sijido López, Castelo-Magazos-Viveiro. L= Castelo. S-195 m. CT= PR.

PN= 9. TE= Paulino González Fernández (Construcciones Paulio), Castelo-Magazos-Viveiro. L= Castelo. S= 165 m.

PN= 18. TE= Juan Fraga, r/ Pablo Enea, 8 Dta. L= Vichiños. S= 66 m. CT= LAB.

PN= 19. TE= Vivente Ferro Cora, r/ Misericordia, 25, Viveiro. L= Vichiños. S= 132 m. CT= PR.

97-8558