Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 109/1-96).

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre

expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado por Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña, como entidade beneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 1.560 m de lonxitude desde a liña ó C.T. Aquelavila, e centro de transformación de 50 kVA no lugar de Ponteboado, no termo municipal de Boimorto (expediente 109/1996), da que con data do 3-3-1997 se outorgou a declaración de utilidade pública.

En consecuencia, calquera persoa, dentro do prazo dos quince días seguintes ó da presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa ós que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidad beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afectan; e formular mediante escrito ante esta delegación alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó ministerio fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 8 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Número expediente: 109/1-96.

L.M.T. ó C.T. Ponte Boado.

Provincia: A Coruña.

Termo municipal: Boimorto.

-Predio:

Nº: 7.

Lugar: Carballeira.

Cultivo: prado.-Propietario:

Nome a apelidos: Hros. Concha Bello Mosquera. Rta/ José Sánchez Bello.

Enderezo: O Burgo, V. de la Encina, 4-1º C, 15670 Culleredo.-Afección:

Solo nº apoio: 5.

Solo m: 1.

Voo ml: 88.

Voo m: 880.

8929