Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.051

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de outubro de 1997 pola que se clasifica como de interese industrial a Fundación Novel Empresa.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Novel Empresa.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Novel Empresa, con domicilio en Pontevedra.

Supostos de feito.

1. Gregorio A. Andión López, na súa calidade de secretario da fundación, en escrito do vinteseis de setembro de 1997, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Pontevedra o día cinco de setembro de 1997, ante a notaria do Colexio da Coruña, María Mercedes Bermejo Pumar co número mil corenta e nove do seu protocolo, por María de los Ángeles García Pérez, Gregorio Andión López, José Miguel Gil Mayoral, José Carlos Alonso Domínguez, Bernardo Gómez Rosal, Alberto Eulogio Vila Porto, interveñen no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, o obxecto da fundación é, entre outros, o fomento das vocacións empresariais no ámbito territorial e persoal determinado nos estatutos.

4. O padroado da fundación estará constituído por María de los Ángeles García Pérez como presidenta, José Miguel Gil Mayoral como vicepresidente, Gregorio Amadeo Andión López como secretario, Alberto Vila Porto como vicesecretario, José Carlos Alonso Domínguez como tesoureiro e Bernardo Gómez Rosal como vocal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese industrial da Fundación Novel Empresa, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1 e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese industrial e a súa adscrición á Consellería de Industria e Comercio.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 27 de outubro de 1997.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese industrial a Fundación Novel Empresa e adscribila á Consellería de Industria e Comercio, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8873