Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.051

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 315/1997, do 13 de novembro, polo que se modifica o prezo do Diario Oficial de Galicia.

Advertido erro no devandito decreto publicado no DOG nº 221, do pasado venres, 14 de novembro, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 10.993, artigo 2º, onde di: «a) Procedemento ordinario: 508 pesetas», debe dicir: «a) Procedemento ordinario: 540 pesetas», e onde di: «b) Procedemento urxente: 1.016 pesetas», debe dicir: «b) Procedemento urxente: 1.080 pesetas».