Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.006

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de outubro de 1997 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

Corpo de xestión de administración

da Xunta de Galicia

Grupo B

Escala técnica de finanzas

BASES DA CONVOCATORIA

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para cubrir 10 prazas do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de oposición.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascende a 5 prazas, correspondente ó 50% do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre ascende a 5 prazas.

I.1.2. Do total de prazas reservarase un 3% para seren cubertas por persoas con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, de acordo coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo. Esta cota de reserva ascende a unha praza e aplicarase ó sistema de acceso libre.

No suposto de que esta non sexa cuberta, acumularase ó dito sistema.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de

acceso libre. Para estes efectos, a fase de oposición do sistema de promoción interna rematará antes da correspondente ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia; modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 95/1991, do 20 de marzo) e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.1.6. O proceso selectivo constará dunha fase de oposición e outra fase consistente nun curso selectivo, coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta orde e os seus anexos.

I.1.7. O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexos I, II e III desta convocatoria.

I.1.8. Rematada a fase de oposición, procederase á distribución das prazas convocadas entre as especialidades da escala técnica de finanzas. A opción entre cada unha das especialidades será realizada polos aspirantes que superen a fase de oposición, de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos exercicios da dita fase. Os aspirantes procedentes da quenda de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes que proveñan do sistema xeral de acceso libre para elixiren especialidade correspondente.

I.1.9. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida por estes ó longo de todo o proceso, dentro de cada unha das especialidades da escala técnica de finanzas, unha vez aplicado o disposto na base VII.3 desta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna:

I.2.2.1. Estaren en posesión ou en condicións de obte-lo título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo C (corpo administrativo e corpo de axudantes facultativos de Administración da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2. e I.2.3. deberán posuírse no día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar mediante instancia (anexo IV) que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia a que se fai referencia na base I.3.2. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade e xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

Como requisito necesario para participar nestas probas, deberase aboar previamente en concepto de

dereitos de exame o importe de 8.270 pesetas e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e deberán encherse cos códigos que figuran no referido anexo V. Non obstante o anterior para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

A non presentación deste anexo, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o apartado terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse ó director xeral da función pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Estes requisitos tamén deberán ser cumpridos, se é o caso, polos aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente, e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Os aspirantes excluídos da quenda de promoción interna por non cumpriren os requisitos para poderen participar nela admitiranse na de acceso libre se cumpren os requisitos desta, salvo manifestación expresa en contrario formulada nos dez días a que fai referencia o parágrafo primeiro.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figuraren na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Oposición.

II.1. Exercicios.

II.1.1. As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios, e obrigatorios, agás para os aspirantes ás prazas pola quenda de promoción interna e os aspirantes ós que se refire o segundo parágrafo da base seguinte, que estarán exentos da realización do primeiro exercicio.

II.1.2. Na vindeira convocatoria destas probas, poderán acceder directamente ó segundo exercicio os aspirantes que aproben o primeiro na presente, conservando a cualificación obtida.

De igual xeito na presente convocatoria poderán acceder directamente ó segundo exercicio os aspirantes que aprobaron o primeiro na convocatoria realizada pola Orde do 24 de setembro de 1994 (DOG nº 206, do 25 de outubro), conservando a cualificación obtida naquel momento no dito exercicio.

II.1.3. Primeiro exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun cuestionario de 50 preguntas, que será o resultante do sorteo levado a efecto entre tres, elixidos polo tribunal e que este proporá para a súa realización. O seu temario figura no anexo I desta convocatoria.

O exercicio terá unha duración máxima de 4 horas. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.4. Segundo exercicio: consistirá na resolución por escrito dun caso práctico, que será o resultante do sorteo levado a efecto entre dous elixidos polo tribunal sobre as materias sinaladas no anexo II da presente convocatoria.

O exercicio terá unha duración máxima de cinco horas. Cualificarase de 0 a 35 puntos sendo necesario para superalo obter un mínimo de 17,50 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.5. Terceiro exercicio: este exercicio constará de dúas partes. A primeira parte consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de 10 preguntas proposto polo tribunal, sobre as materias comprendidas no anexo III desta convocatoria. O tempo máximo de duración será dunha hora.

A segunda parte consistirá en desenvolver por escrito no prazo máximo de catro horas dous temas, que se elixirán entre catro obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido do programa comprendido no anexo III. Os temas iranse desenvolvendo a intervalos de dúas horas cada un, realizándose sucesivamente logo de chamamento do tribunal e unha vez que se efectúen os correspondentes sorteos. Posteriormente, serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo o seu autor, ou na súa imposibilidade, por rogo del e na súa presencia, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

O tribunal poderá dispoñe-la obtención de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexa-la lectura efectuada polo aspirante.

A cualificación total do exercicio será de 35 puntos, sendo necesario para superalo obter 17,50 puntos como mínimo. Esta calificación total obterase pola suma da correspondente á primeira parte, que se cualificará de 0 a 17,50 puntos, e da segunda parte que se cualificará de 0 a 17,50 puntos. Esta suma non poderá ter lugar no suposto de que a cualificación obtida en calquera das partes do exercicio

fose inferior a 6 puntos, caso no que non se superará o exercicio.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.6. Cuarto exercicio: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos sendo necesario para supera-lo obter 5 puntos como mínimo.

Cada membro do tribunal puntuará de 0 a 5 puntos por proba, sendo a nota de cada unha delas o resultado da media aritmética do total das puntuacións emitidas por cada membro do tribunal. A nota final será o resultado da suma das puntuacións obtidas nestas.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.7. Cada membro do tribunal cualificará os exercicios segundo a banda de puntuación establecida pola presente convocatoria para cada proba. A cualificación final de cada exercicio será o resultado da media aritmética das puntuacións emitidas polo tribunal.

II.1.8. Para a realización das probas que teñen por contido a resolución de casos prácticos, poderán servirse os opositores, de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

II.1.9. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo de súa identidade, a xuízo do tribunal.

II.1.10. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, agás a lectura da segunda parte do terceiro exercicio, que se efectuará en sesión pública.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios:

II.2.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «H», de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de maio de 1997 pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 5 de maio de 1997, de conformidade co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma, ó tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 1997.

II.2.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.2.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para os efectos dun posterior chamamento.

II.2.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.2.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderase interpoñer recurso ordinario conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Curso selectivo.

III.1. Tódolos aspirantes que superen as probas da oposición realizarán un curso selectivo que igualmente deberán superar con aproveitamento. O dito curso versará sobre as materias do programa da presente convocatoria de probas selectivas.

O curso terá unha duración de 150 horas lectivas, distribuídas por especialidades da escala técnica de finanzas, e impartirase nel o conxunto de materias relacionadas coas funcións e procedementos de cada unha delas.

Parte do curso selectivo poderá consistir nun período de realización de prácticas nos servicios centrais e territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

III.2. Cualificaranse de 0 a 10 puntos cada unha das disciplinas das que consta o curso, sendo necesario para superalo obter en cada unha delas unha puntuación de 5 puntos. A cualificación de cada disciplina obterase mediante a celebración dunha proba final en cada unha delas ó remate da súa impartición.

III.3. Os aspirantes que non superen o curso realizarán no prazo máximo de dous meses, unha nova proba sobre as disciplinas non aprobadas. De non superala, poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior, conforme a opción da especialidade exercida no primeiro, coa puntuación asignada, dentro da especialidade, o último dos participantes nel.

Se non o superan novamente, perderán todos os seus dereitos ó nomeamento de funcionarios de carreira.

III.4. Rematada a impartición do curso, o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superen. Celebrada a segunda proba, conforme o disposto na base III.3, publicarase a relación completa de aspirantes que o superaron definitivamente, así como a relación de aspirantes que, se é o caso, poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador destas probas será designado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a súa composición é a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

IV.2. Ademais do tribunal que se designe na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal sinalado na base anterior cando fose necesario polo número de aspirantes.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG unha resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

IV.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

IV.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán ós que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base IV.3.

IV.5. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros do tribunal. A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación do tribunal e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, o tribunal adoptará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

IV.6. A partir da sesión de constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

IV.7. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.8. O tribunal mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia e demais anuncios correspondentes, fixará o lugar, a data e hora da celebración do primeiro exercicio.

IV.9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

IV.10. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

IV.11. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten no xeito previsto na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

IV.12. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

IV.13. O tribunal que actúe nestas probas selectivas terá a categoría segunda das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

IV.14. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarará que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó de prazas con

vocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.15. As comunicacións que formulen os aspirantes ó tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano - Santiago de Compostela).

V. Lista de aprobados na fase de oposición.

V.1. Rematada a realización dos exercicios da fase de oposición e no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estes serán resoltos pola puntuación obtida no segundo exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva este. De persisti-lo empate, resolverase por orde alfabética, de acordo co sorteo que tivo lugar o 5 de maio de 1997.

O tribunal resolverá os empates que se produzan.

V.2. Rematadas as probas da fase de oposición, o tribunal fará públicas no Diario Oficial de Galicia, no lugar ou lugares de celebración do derradeiro exercicio e naqueloutros que coide oportuno, as relacións independentes de aspirantes aprobados na dita fase, tanto polo sistema xeral de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntuacións alcanzadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal enviaralle proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados ó director xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

VI. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios en prácticas.

VI.1. No prazo de vinte días naturais, contados desde o día seguinte a aquel no que se fixeron públicas no Diario Oficial de Galicia as listas de aprobados, os opositores que superasen as probas deberán presentar na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

A. Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2. ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

B. Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

C. Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.

D. Os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

VI.2. Os que tiveran a condición de funcionario de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do Rexistro Central de Persoal ou da consellería ou organismo do que dependeran para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

VI.3. Os que dentro do prazo fixado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducira que carece dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

VI.4. Rematada a fase de oposición e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que a superasen serán nomeados funcionarios en prácticas mediante unha resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

VII. Nomeamento de funcionarios de carreira e adxudicación das vacantes.

VII.1. Rematado o curso selectivo, a orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase, dentro de cada especialidade da escala técnica de finanzas, de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de oposición e na de curso selectivo, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

No caso de igualdade de puntuación acumulada entre dous ou máis funcionarios en prácticas, a prelación entre eles establecerase tendo en conta que a cualificación obtida no curso selectivo prevalecerá sobre a cualificación acadada na fase de oposición.

VII.2. A petición de destinos por parte dos funcionarios en prácticas que superaron o curso selectivo, deberá realizarse unha vez rematado o proceso selectivo, logo de oferta destes.

VII.3. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo e escala ó que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do

26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

VII.4. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base VII.1, unha vez aplicado o disposto na base VII.3.

VII.5. Rematado o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante unha resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

VII.6. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas diposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VIII. Disposición derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Temario escala técnica de finanzas

ANEXO I

Dereito civil e mercantil. Dereito constitucional e administrativo

Dereito autonómico. Economía xeral

Tema 1. O concepto de persoa. Clases de persoas. Persoas naturais: nacemento e extinción. Persoas xurídicas: concepto, natureza e clases. Constitución e extinción das persoas xurídicas. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. Adquisición e perda da nacionalidade española. O estranxeiro.

Tema 2. Organización económica da sociedade conxugal. O sistema económico-matrimonial no Código civil. As capitulacións matrimoniais. A sociedade de gananciais. O réxime de participación nas ganancias. O réxime de separación de bens.

Tema 3. A filiación: concepto e clases. As accións de filiación. A adopción. A patria potestade. A emancipación. A tutela, a curadoría e o defensor xudicial.

Tema 4. Os dereitos reais: concepto e clases. Diferencias entre os dereitos reais e os dereitos de crédito. A propiedade. Modos de adquirir e perde-la propiedade. O Rexistro da Propiedade. A posesión. O usufructo. A servidume.

Tema 5. Os dereitos reais de garantía: concepto e clasificación. Hipoteca. Peñor. Hipoteca mobiliaria e peñor sen desprazamento.

Tema 6. A obriga: concepto e clases. Fontes da obrigación. Proba das obrigas. Influencia do tempo nas relacións xurídicas.

Tema 7. O contrato: concepto e clases. Elementos dos contratos. Xeración, perfección e consumación dos contratos. Ineficacia dos contratos. Interpretación e forma dos contratos.

Tema 8. A compravenda: concepto e elementos. Contido da compravenda. O contrato de arrendamento: concepto e clases. O arrendamento de predios urbanos. O arrendamento de predios rústicos.

Tema 9. A doazón: concepto e clases. Elementos da doazón. Efectos da doazón. Revogación e reducción de doazóns. A sucesión mortis causa: concepto e clases. A herdanza: concepto e situacións en que pode atoparse a herdanza.

Tema 10. Aceptación da herdanza. Herdeiro e legatario. A sucesión testamentaria: concepto, caracteres e clases de testamentos. Sucesión forzosa. A sucesión intestada.

Tema 11. A contabilidade mercantil. Contabilidade formal: libros obrigatorios. Requisitos dos libros. Conservación dos libros. Eficacia probatoria. Comunicación e exhibición dos libros. Contabilidade material: Contas anuais. Verificación, auditoría e depósito das contas.

Tema 12. A empresa mercantil. O empresario individual: capacidade e prohibicións. Proba, adquisición e perda da cualidade de empresario. Exercicio do comercio por persoa casada. O empresario estranxeiro.

Tema 13. As sociedades mercantís: concepto e clasificación. Requisitos de constitución das sociedades mercantís. A sociedade irregular. Nacionalidade das sociedades. As sociedades colectivas e comanditarias. A sociedade de responsabilidade limitada: principais notas do seu réxime xurídico.

Tema 14. A sociedade anónima: concepto e caracteres. Fundación. Escritura social e estatutos. Accións e obrigas. Órganos da sociedade anónima.

Tema 15. A disolución das sociedades mercantís. Liquidación e división. Transformación, fusión e escisión das sociedades mercantís.

Tema 16. Os títulos valores: concepto e clasificación. Os títulos nominativos, á orde, ó portador e de tradición. A letra de cambio: concepto e requisitos formais. O endoso. A aceptación. O pagamento da letra. As excepcións cambiarias.

Tema 17. As obrigas mercantís: características xerais. Os contratos mercantís: concepto e clases. Perfección, forma e proba dos contratos mercantís. Influencia da alteración das circunstancias nos contratos mercantís. A prescrición no dereito mercantil.

Tema 18. O contrato de compravenda mercantil. Compravendas especiais. O contrato de transporte. O contrato de seguro.

Tema 19. O Rexistro Mercantil. Os contratos bancarios: concepto e clasificación.

Tema 20. Institucións da Unión Europea: o Consello, a Comisión, o Parlamento. O ordenamento xurídico comunitario: fontes. Acta Única Europea.

Tema 21. A Unión Aduaneira. Liberdade de circulación de mercadorías. Concepto de libre práctica. A aduana exterior e as políticas comunitarias. A Organización Internacional do Comercio: o GATT. Consello de Cooperación Aduaneira. As súas orixes, funcións e estructura.

Tema 22. A Constitución española de 1978: características e estructura. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno. O Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. A reforma constitucional.

Tema 23. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. Leis orgánicas. Leis ordinarias. Disposicións do Goberno con forza de lei: decretos-leis e decretos lexislativos. O regulamento: concepto, caracteres e clases. Límites dos regulamentos. Regulamentos ilegais.

Tema 24. Concepto de Administración pública. Tipos de entes públicos. Formas de xestión dos servicios públicos. Xestión directa. Xestión indirecta: a concesión administrativa de servicios públicos.

Tema 25. O acto administrativo: concepto e caracteres. Clasificación dos actos administrativos: actos xerais e concretos; discrecionais e regrados; simples e complexos; unilaterais e plurilaterais; expresos, tácitos e presuntos, de trámite e definitivos; negocios xurídicos e meros actos administrativos.

Tema 26. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, fin e forma. A motivación e comunicación dos actos administrativos. O silencio administrativo.

Tema 27. Eficacia do acto administrativo. Executoriedade dos actos administrativos. Validez e invalidez do acto administrativo. Revogación e anulación de oficio dos actos administrativos.

Tema 28. Os contratos administrativos: natureza xurídica, clases e réxime xurídico. Elementos dos contratos administrativos. Formas de adxudicación dos contratos. Resolución dos contratos administrativos.

Tema 29. A responsabilidade patrimonial das administracións públicas: réxime vixente. Requisitos para que proceda a indemnización. Responsabilidade das autoridades e funcionarios.

Tema 30. O procedemento administrativo: concepto e fins do procedemento. Principios xerais e ámbito de aplicación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O procedemento administrativo común: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Idea dos procedementos especiais.

Tema 31. Os recursos administrativos: concepto e clases. Principios xerais do procedemento administrativo en vía de recurso. O recurso ordinario. O recurso extraordinario de revisión.

Tema 32. A xurisdicción contencioso-administrativa: natureza, extensión e límites. Órganos da xurisdicción contencioso-administrativa. As partes no proceso contencioso-administrativo: capacidade, lexitimación e defensa. Trámites previos á interposición do recurso contencioso-administrativo. Idea xeral do proceso contencioso-administrativo. Recursos contra sentencias.

Tema 33. Os funcionarios públicos: concepto e clases. Situacións dos funcionarios. Dereitos e deberes. Réxime disciplinario dos funcionarios públicos.

Tema 34. A organización territorial do Estado na Constitución de 1978. As comunidades autónomas: estructura e competencias.

Tema 35. Os ordenamentos autonómicos. Relación co ordenamento estatal.

Tema 36. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: caracteres e contido. Procedemento de elaboración e reforma do estatuto.

Tema 37. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

Tema 38. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio, os símbolos. A lingua e a cultura galega. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 39. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

Tema 40. O goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 41. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 42. Competencias das comunidades autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica. Leis de harmonización.

Tema 43. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas.

Tema 44. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis estatais marco, de transferencia e de delegación.

Tema 45. A Administración pública de Galicia. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica. A Administración institucional.

Tema 46. A Consellería de Economía e Facenda: organización e competencias. As delegacións territoriais de Economía e Facenda: organización e competencias. As oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

Tema 47. A función pública galega. Persoal funcionario. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción e situacións administrativas dos funcionarios. Os dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime disciplinario. Persoal laboral. O convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 48. As entidades municipais. As entidades provinciais.

Tema 49. A actividade económica. Sistemas económicos. Tipos de organización da actividade económica. Funcións dun sistema económico.

Tema 50. A renda nacional: concepto e métodos de estimación. A contabilidade nacional. Natureza e fins. A análise «input-output». Relacións sectoriais.

Tema 51. O diñeiro: concepto e funcións do diñeiro. Demanda e oferta do diñeiro. Formación do tipo de xuro.

Tema 52. O sistema financeiro. O banco central. Os bancos comerciais. Outros intermediarios financeiros.

ANEXO II

Contabilidade, matemática financeira e estatística

I. Contabilidade

1. Constitución, distribución de beneficios, aumento e reducción de capital, financiamento, transformación, fusión, absorción, escisións e disolución de empresas individuais e sociais.

2. Suspensión de pagamentos e crebas.

3. Operacións de exercicio, regularización e formulación de estados contables en empresas comerciais, sen ou con seccións sucursais, vendas ó con

tado, a crédito, a prazos, ó retallo, comercio en comisión e en participación entre nacionais e co estranxeiro.

II. Matemática financeira

Capitalización simple e composta: rendas, préstamos e empréstitos.

III. Estatística

Medidas de posición e dispersión: números índices.

ANEXO III

Programa de dereito financeiro, orzamentario e tributario

Tema 1. O dereito financeiro: concepto e contido. A Facenda pública na Constitución española.

Tema 2. O dereito orzamentario: concepto e contido. A Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma.

Tema 3. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma: elaboración, aprobación. Estructura orzamentaria. Os créditos orzamentarios.

Tema 4. As modificacións orzamentarias. Modificación dos créditos iniciais. Gastos plurianuais. Anulación de remanentes. Incorporación de créditos. Créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Anticipos de tesourería. Créditos ampliables. Transferencias de créditos. Ingresos que xeran crédito.

Tema 5. O control da actividade financeira. Concepto e clases. O control interno. O control externo. O Consello de Contas.

Tema 6. O gasto público. Principios constitucionais. A execución do orzamento de gastos. O procedemento de execución do gasto público. O acto administrativo de ordenación de gastos e pagamentos. Documentos contables que interveñen no procedemento de execución do gasto público.

Tema 7. Liquidación e cerramento do exercicio. Gastos para a compra de bens e servicios. Gastos de transferencias: correntes e de capital. Gastos de investimento. Pagamentos: concepto e clasificación. Pagamentos por obrigas orzamentarias. Pagamentos «en firme» e a xustificar. Xustificación de libramentos.

Tema 8. A contabilidade pública. O Plan Xeral de Contabilidade Pública. Principios e estructura. A conta xeral. As contas económicas do sector público.

Tema 9. Ingresos orzamentarios. Créditos orzamentarios e remanentes de crédito. Devolucións de ingresos. Contraído, formalización, intervención.

Tema 10. O dereito tributario: concepto e contido. Fontes. A Lei xeral tributaria: principios xerais. O sistema fiscal español.

Tema 11. Os tributos: concepto e clasificación. Os impostos: clases. Feito impoñible. Non suxeición e exención. Devengo. Prescrición. Aplicación e interpretación das normas tributarias.

Tema 12. Suxeitos pasivos. Responsables. Retención. Repercusión. Capacidade de obrar. Representación. Domicilio fiscal. O NIF.

Tema 13. Base impoñible. Réximes de determinación. Comprobación de valores. Base liquidable. Tipos de gravame. Cota e débeda tributaria.

Tema 14. O procedemento de xestión tributaria. Iniciación. A declaración tributaria. Comprobación, investigación e obtención de información. A proba. As liquidacións. A notificación. A consulta tributaria.

Tema 15. A recadación dos tributos: extinción da débeda tributaria. As garantías.

Tema 16. O procedemento de constrinximento: natureza, características e fases.

Tema 17. A inspección dos tributos. Órganos. Funcións. Facultades. O procedemento de inspección tributaria. A documentación das actuacións inspectoras.

Tema 18. Infraccións tributarias: concepto e clases. Sancións tributarias. Delictos contra a Facenda pública. Contrabando.

Tema 19. A revisión dos actos en vía administrativa: O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas. Suspensión dos actos impugnados. Procedementos especiais.

Tema 20. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I). Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Rendas exentas. Estimación de rendementos. O suxeito pasivo. Obriga persoal e real de contribuír. Determinación da base impoñible en estimación directa. Rendementos do traballo, do capital e de actividades empresariais ou profesionais.

Tema 21. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II). Incrementos e diminucións de patrimonio. Imputación de rendas. Imputación temporal de ingresos e gastos. A estimación obxectiva. A estimación indirecta. Clases de rendas: integración e compensación. A base liquidable. Determinación da débeda tributaria. Tributación conxunta. Período de imposición e devengo. Xestión do imposto.

Tema 22. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto. Referencia ó imposto sobre bens inmobles de entidades non residentes.

Tema 23. O imposto sobre sociedades (I): natureza e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Suxeito pasivo. Base impoñible.

Tema 24. O imposto sobre sociedades (II): período impositivo. Devengo do imposto. Compensación de perdas. Débeda tributaria: tipo de gravame, cota íntegra, deduccións e bonificacións. Xestión do imposto.

Tema 25. O imposto sobre sucesións e doazóns. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Base impoñible. Débeda tributaria.

Tema 26. O imposto sobre o valor engadido (I): Concepto e natureza. Feito impoñible e supostos de non suxeción. Exencións. Suxeito pasivo. Devengo. Base impoñible. Tipos de gravame.

Tema 27. O imposto sobre o valor engadido (II): Débeda tributaria. Liquidación, deduccións, devolucións. Réximes especiais.

Tema 28. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria.

Tema 29. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Operacións societarias: feito impoñible, base impoñible, suxeito pasivo. Actos xurídicos documentados.

Tema 30. A tributación sobre o xogo: máquinas recreativas, casinos, bingos, rifas, tómbolas e combinacións aleatorias. Especial referencia á lexislación autonómica.

Tema 31. As taxas e prezos. Lei de taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 32. O financiamento das comunidades autónomas (I): principios. Recursos financeiros. Participación nos ingresos do Estado. Taxas. Réxime especial: País Vasco e Navarra.

Tema 33. O financiamento das comunidades autónomas (II): os tributos cedidos. A cesión parcial do IRPF. Capacidade normativa das comunidades autónomas. Recargas sobre impostos do Estado. Outros medios de financiamento. O FCI e o FEDER.

Tema 34. O sistema tributario local (I). A Lei reguladora das facendas locais. Estructura e características. Os impostos municipais potestativos e obrigatorios. Outros recursos.

97-8540