Na sesión que realizou o día 30 de outubro de 1997 o tribunal II-1C, designado co fin de avalia-las probas selectivas para o acceso á categoría (17), asistentes sociais, do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro), acordouse que:
1º. O primeiro exercicio que os aspirantes admitidos realizarán no proceso selectivo para o acceso á categoría (17), asistentes sociais do grupo II, terá lugar o día 29 de novembro de 1997, ás 11 horas, na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, situada na Avda. Xoán XXIII, Campus Norte de Santiago de Compostela.
Ás 10.30 h comezará o chamamento para que os opositores entren no lugar onde se realizará o exercicio.
2º. Os aspirantes deberán presentarse provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), lapis do número 2 e goma de borrar.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.
Jesús García Porto
Presidente do tribunal
97-8570