Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.868

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo Gonzacoca 1997 e 1998.

Visto o texto do convenio colectivo Gonzacoca 1997 e 1998 (código do convenio nº 8200313), que se subscribiu con data do 17 de xuño de 1997, entre a dirección da empresa e o comité de empresa, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo anos 1997/1998 das empresas do Grupo Gonzacoca: Eduardo González Alonso

y Cía.; S.A.; Gonzacoca Distribución, S.A.;

Gorense, S.A.; Gorxalauto, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación ós centros de traballo da empresa Eduardo González Alonso y Cía, S.A., Gonzacoca Distribución, S.A., Gorxalauto, S.A. e Gorense, S.A. e por extensión en calquera lugar onde o seu persoal realice servicios por conta delas.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará a totalidade do cadro de persoal das empresas e dos centros de traballo aludidos no artigo anterior no momento do asinamento, e a todo aquel que con posterioridade se incorpora a elas.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997 sen prexuízo da súa publicación no BOP e terá unha duración de dous anos que expirará o 31 de decembro de 1998. Prorrogarase auto

maticamente por anualidades se non media denuncia das partes con tres meses, polo menos, do remate da súa vixencia. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio. No caso de denuncia e ata o asinamento do novo seguirá en vigor este convenio.

Artigo 4º.-Incremento salarial.

O incremento económico para o ano 1997 establécese nun 4% en tódolos conceptos económicos, agás o artigo 15º, así como a axuda de locomoción e plus de transporte. Para o ano 1998 establécese un incremento do IPC + 1%, en tódolos conceptos citados anteriormente.

Artigo 5º.-Revisión salarial.

Efectuarase revisión salarial para 1997 a tódolos conceptos económicos, agás a antigüidade, sempre e cando o IPC establecido polo Instituto Nacional de Estatística supere o 2,6% o 31 de decembro de 1997. A revisión dos salarios aplicarase polo exceso que supoña a citada porcentaxe, e con efectos a partir do día primeiro do mes en que se produza ata o 31 de decembro de 1997.

Do mesmo xeito esta cláusula aplicarase para o exercicio de 1998, co IPC previsto para ese ano.

Artigo 6º.-Compensación e absorción de melloras.

As melloras que se establecen no presente convenio compensarán ou absorberán, no que alcancen aquelas que voluntariamente tivese establecidas a empresa en cómputo anual ou as que no futuro puidesen establecerse por disposición legal de carácter obrigatorio.

Artigo 7º.-Aplicación do convenio.

Para a interpretación e mellor cumprimento das cláusulas deste convenio, e para resolver tódalas posibles dúbidas que poidan derivarse da súa aplicación, establecerase unha comisión paritaria composta por unha representación da dirección da empresa e cinco membros do comité de Eduardo González Alonso y Cía, S.A. No caso de non lograr acordo no seo da comisión no prazo de 10 días, solicitarase mediación do AGA.

Artigo 8º.-Competencia.

A organización práctica do traballo, con suxeición á lexislación laboral vixente, é facultade exclusiva da empresa.

Sen mingua da autoridade que corresponda á dirección da empresa ou ós seus representantes legais, os membros do comité de empresa terán funcións de asesoramento, orientación e proposta no relacionado coa organización e racionalización do traballo.

En todo o non previsto neste artigo, aplicarase o referenciado no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 9º.-Mobilidade xeográfica e funcional.

En canto ó disposto en desprazamentos aplicarase o previsto no artigo 40 do ET.

Artigo 10º.-Clasificación do persoal segundo a súa función.

O persoal afectado por este convenio clasificarase de acordo coas normas usualmente seguidas, e tendo en conta o xénero de traballo e as esixencias de idade e proceso formativo profesional que os ocupe, nos seguintes tipos:

Persoal técnico ou titulado e mandos.

Persoal comercial-especialistas.

Persoal administrativo.

Persoal non cualificado.

Durante a vixencia do presente convenio iniciaranse conversas para a reestructuración e actualización de categorías profesionais máis acordes co mercado comercial e coas nosas necesidades de distribución sendo inseridos e en vigor os cambios que nelas poidan existir.

Artigo 11º.-Niveis de clasificación por categorías.

Segue en vixencia a actual distribución do persoal por categorías e niveis profesionais, sen prexuízo de que durante a vixencia do convenio se adecuen e se varíen as nomenclaturas das actuais categorías.

A súa clasificación determínase no cadro número 1.

Artigo 12º.-Liquidación mensual.

A totalidade das retribucións do conxunto do persoal, sen distinción de empregos, categorías e niveis, serán obxecto da correspondente liquidación por períodos mensuais, sendo realizado o seu aboamento a través de entidades bancarias. O día de cobramento será o último día laborable de cada mes.

Artigo 13º.-Xornais e soldos básicos.

Entenderase como soldo básico a suma dos actuais conceptos: soldo+complemento+incentivo. A súa contía determinase no cadro número 2.

Artigo 14º.-Complementos salariais e suplidos.

Son complementos salariais, en aplicación do Decreto 2380/1973, os seguintes conceptos: antigüidade e incentivo ou prima de producción.

Consideraranse suplidos en función do mesmo decreto: axuda a locomoción e plus de transporte.

Artigo 15º.-Antigüidade.

Para efectos de antigüidade establécese por cuadrienios, sendo estes ilimitados, e computaranse desde o ingreso ou alta no cadro de persoal da empresa. O valor do cuadrienio será para tódolas categorías profesionais de 1.200 ptas. cada cuadrienio.

Artigo 16º.-Axuda á locomoción.

A empresa aboaralles ós traballadores unha axuda de locomoción de 7.920 ptas. cada un dos doce meses do ano.

Artigo 17º.-Plus de transporte.

O persoal que estea percibindo este concepto no ano 1987 continuará percibíndoo durante a vixencia do presente convenio nos doce meses do ano por importe de 2.267 ptas./mes.

Artigo 18º.-Incentivo do posto de traballo-prima de producción.

A empresa, seguindo os principios xerais de organización do traballo, establecerá para o persoal uns incentivos en función dos resultados obtidos. Así mesmo iniciarase a análise e estudio para aqueles colectivos que non teñan estes conceptos.

Artigo 19º.-Locomocións.

Aquel persoal que efectúe desprazamentos con vehículos da súa propiedade por servicios da empresa percibirá unha compensación económica de 29 ptas. por km percorrido.

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

Para tódolos traballadores afectados por este convenio a xornada será de 1.792 horas de traballo efectivo para cada ano de vixencia do convenio, distribuídas segundo o calendario oficial publicado pola Xunta de Galicia. A diferencia resultante entre o calendario oficial e a xornada pactada, en canto ó número de días, será facultade da dirección da empresa regularizala segundo as necesidades dos servicios. Sen prexuízo do anterior considéranse días inhábiles os días 24 de decembro e 31 de decembro de 1997 e 1998.

Os horarios de traballo de luns a venres responderán en todo momento ás necesidades tanto comerciais como operativas que demanden os nosos clientes ou servicios, gozando da flexibilidade necesaria para a súa adecuación a eles, segundo os criterios e valoración da dirección da empresa, que deberá establece-los correspondentes acordos coas persoas ou colectivos afectados.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia do presente convenio realizaranse o menor número de horas extras posibles, as cales serán apreciadas pola dirección, oído o comité de empresa, logo de aceptación dos traballadores, agás aquelas consideradas de forza maior segundo o estipulado no Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Valor da hora extraordinaria.

Durante a vixencia do presente convenio o valor das horas extraordinarias nas distintas categorías-niveis é o reflectido no cadro número 5.

Artigo 23º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio manterá o seu dereito a percibir catro pagas extraordinarias dunha mensualidade cada unha delas, que se percibirá nos seguintes meses: febreiro, xullo, outubro e decembro.

Serán aboadas dentro da primeira quincena dos meses respectivos, de acordo co salario que por tódolos conceptos perciba o traballador, con excepción da axuda de locomoción e plus de transporte.

Os traballadores da empresa cumprindo as súas obrigas de servicio militar terán dereito á percepción íntegra das pagas extraordinarias de xullo e decembro, así como á proporción que lles corresponde das de febreiro e outubro.

Artigo 24º.-Vacacións anuais.

As vacacións anuais serán de 22 días laborables. O seu desfrute será de común acordo entre a empresa e os traballadores, planificándoas de tal xeito que se procurará que se desfruten entre os meses de maio e outubro, ámbolos dous incluídos, e con carácter rotativo.

O tempo mínimo de desfrute será de cinco días continuados.

Aqueles traballadores que por razóns de servicio non poidan desfruta-las vacacións nos meses antes indicados percibirán unha indemnización económica de acordo co seguinte:

Meses de novembro a abril: 35.000 ptas.

Nota: esta cifra aplicaráselles a aqueles ós que lles correspondan os 22 días completos ou na proporción a estes días.

O calendario de vacacións establecerase durante o primeiro trimestre do ano e será exposto nos taboleiros de anuncios; o traballador deberá ser informado cun mínimo de dous meses ó comezo do período que lle corresponde.

Artigo 25º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, nos seguintes supostos:

a) 16 días naturais en caso de matrimonio do traballador.

b) 3 días naturais en caso de nacemento de fillos.

c) 5 días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, pais ou fillos.

d) 2 días naturais en caso de falecemento de irmáns, netos, avós e pais políticos.

e) 2 días naturais no suposto de enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos. Deberá presentarse xustificante médico que acredite a gravidade.

f) 1 día natural en caso de falecemento de tíos, sobriños, fillos políticos e irmáns políticos.

g) 1 día natural por traslado de domicilio habitual.

h) O tempo indispensable necesario para acudir a consulta médica, sempre que se xustifique debidamente.

Nota: no referido ó cónxuxe terá o mesmo tratamento a persoa que conviva co traballador, tendo que certificar necesariamente tal convivencia.

i) O tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Artigo 26º.-Cesamentos.

O persoal que pola súa vontade desexa cesar na empresa deberá comunicarllo con 15 días de antelación á data do cesamento, en caso contrario incorrerá na penalización que prescribe a lexislación vixente. Agás pacto expreso en contrario.

Artigo 27º.-Vacantes.

As vacantes serán comunicadas pola dirección da empresa no taboleiro de anuncios cun mínimo de 5 días de antelación á data do peche de recepción de solicitudes. As persoas interesadas nas ditas vacantes deberán solicitalo por mediación da oficina de persoal.

En igualdade de condicións daráselles preferencia ós traballadores da empresa, ós fillos ou familiares destes en orde de parentesco.

As probas que se efectúen estarán de acordo coa descrición do posto que se vai cubrir, e serán realizadas por unha empresa especializada informando do resultado delas ó comité de empresa.

Os postos dos niveis 00 ó 11, 25 ó 30, 41 ó 43 e 79 ó 81 son de libre designación pola dirección.

Os fillos dos traballadores poderán optar a postos que por necesidades da empresa se produzan por interinidade.

Artigo 28º.-Excedencias.

A empresa garantirá o reintegro do traballador en excedencia por un prazo máximo de 3 anos concertando un contrato de substitución para o efecto. Aplicarase o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e artigo 9 da LOLS.

O reingreso garantirase sempre que a excedencia non sexa para realizar actividades noutra empresa.

No suposto de solicitar excedencia por enfermidade grave do cónxuxe ou fillos garántese o seu reintegro sen a perda de antigüidade sempre que o prazo non exceda dun ano.

Artigo 29º.-Xubilación.

A empresa e os traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co establecido no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo de 1985 (BOE do 20 de xullo de 1985), debendo a empresa substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto. A idade tope de permanencia en alta na empresa será de 65 anos, pasando o traballador ó cumprir esta idade á xubilación.

As indemnizacións mínimas por xubilacións anticipadas, dependendo da idade do traballador, quedan como segue:

Para 1997:

Ós 60 anos: 18 mensualidades.

Ós 61 anos: 12 mensualidades.

Ós 62 anos: 10 mensualidades.

Ós 63 anos: 6 mensualidades.

Ós 64 anos: 5 mensualidades.

Para 1998:

Ós 60 anos: 24 mensualidades.

Ós 61 anos: 18 mensualidades.

Ós 62 anos: 12 mensualidades.

Ós 63 anos: 6 mensualidades.

Ós 64 anos: 5 mensualidades.

Nota: os meses que se indemnizarán serán motivo de rateo en función da idade real que teña o traballador no momento que formule a solicitude.

Artigo 30º.-Promoción e formación profesional.

Aplicarase o disposto no artigo 22 do Estatuto dos traballadores.

A dirección da empresa poderá solicitarlles ós traballadores os xustificantes oportunos de asistencia expedidos polos centros escolares.

Artigo 31º.-Saúde laboral.

Considérase que a seguridade no traballo é un dos obxectivos prioritarios da empresa. En consecuencia, potenciarase todo o posible o funcionamento dos sistemas que tendan a diminuí-los riscos.

O comité de seguridade e hixiene no traballo constituirase segundo o estipulado na ordenanza xeral de seguridade e hixiene e terá as competencias que se sinalan na lexislación vixente.

A empresa solicitará dos organismos correspondentes o cumprimento do recoñecemento médico anual para todo o persoal que o solicite mediante acordo establecido a través do comité de seguridade e hixiene.

Anualmente a empresa entregará como mínimo as seguintes pezas de roupa de traballo:

-Persoal obreiro: 2 fundas (xaneiro).

-Persoal empregado: 2 fundas ou peza similar cando o traballo así o esixa (xaneiro).

O uso da roupa de traballo facilitada pola empresa é obrigatorio durante toda a xornada para todo o persoal ó que se lle asignase.

Iniciaranse as conversas necesarias durante a vixencia do presente convenio, co fin de ir adaptándose á nova Lei de prevención e riscos laborais.

Artigo 32º.-Seguro de vida.

Establécese un seguro colectivo de vida, coa compañía de seguros GES, para tódolos traballadores en alta na empresa na data de entrada en vigor deste convenio, ou ós que no sucesivo se incorporen a ela, quedando amparados por este ata a idade de 65 anos na que se causará baixa. Os capitais asegurados serán os seguintes:

Capital aseguradoIndemnización

Morte natural1.000.000 de ptas.1.000.000 de ptas.

Morte por accidente1.000.000 de ptas.2.000.000 de ptas.

Morte por accidente tráfico1.000.000 de ptas.3.000.000 de ptas.

Invalidez absoluta permanente 1.000.0000 de ptas.1.000.000 de ptas.

O custo que corresponda satisfacer por este seguro será sufragado nun 75% por conta da empresa e o 25% restante será por conta dos traballadores a partes iguais, sendo deducido este importe das nóminas.

Artigo 33º.-Axuda por defunción.

Ó falecemento dun traballador das empresas afectadas por este convenio, os familiares percibirán o importe de tres mensualidades brutas iguais á última que o traballador percibise, ademais dos emolumentos que lle correspondesen ó traballador polo traballo realizado ata o seu falecemento.

Os gastos ocasionados por esquela do traballador falecido serán sufragados ó 50% pola dirección da empresa e pola agrupación de traballadores de Gonzacoca.

Os gastos de coroas (a familiares directos: muller, fillos, pais) serán pagados ó 50% pola empresa e pola agrupación de traballadores de Gonzacoca.

Artigo 34º.-Bolsa de estudios.

Créase un fondo destinado a axudas por estudios daqueles traballadores que desexen amplialos, e sempre que estean en relación directa coa actividade da empresa; os interesados deberán envia-la solicitude entre os meses de setembro e outubro dirixida ó departamento de persoal ou ó comité de empresa. A comisión paritaria do convenio estudiará as solicitudes recibidas e emitirá informe sobre elas.

A contía desta axuda para a vixencia do presente convenio será de 300.000 ptas.

O traballador que o solicite achegará un mínimo dun 30% segundo solicitudes e presentará os xustificantes oficiais de matrícula correspondente.

A decisión da comisión paritaria será inapelable.

Artigo 35º.-Plus de nocturnidade.

Este plus consistirá no 25% sobre tódolos conceptos salariais e na P/P dos días e horas traballados na xornada comprendida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

Artigo 36º.-Venda de recambios e artigos de servicio.

Á venda de recambios e todos aqueles artigos que os traballadores adquiran para o seu uso persoal aplicaráselle a seguinte tarifa:

-Compras a crédito: tarifa maior.

-Compras ó contado: 10% s/tarifa maior.

-Facturación man de obra: 20% s/tarifa clientes.

Estas compras, se non son pagadas ó contado, serán deducidas da nómina posterior ós 60 días da data da factura.

Todo caso de mala fe, abuso ou comercio indebido por parte dos traballadores implicará a perda total deste beneficio para o traballador que a infrinxa.

Ó persoal que adquira para o seu servicio automóbiles, tractores, embarcacións, motores, etc., seralle deducido un 50% da comisión que achegue a venda do dito artigo á empresa.

En vehículos usados, a venda será realizada polo mesmo importe que foi aboado e mailos gastos de reparación ou revisión.

Na venda adiada cargaranse unicamente os gastos bancarios.

Os vendedores ou similares con contrato fixo que adquiran vehículos comercializados pola empresa quedarán exentos dos gastos financeiros ata unha contía máxima do importe adiado de 750.000 ptas. con amortización en 3 anos.

Artigo 37º.-Percepción de salarios durante a ILT (baixa).

Durante o tempo de permanencia en situación de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade ou accidente, todo traballador quedará amparado polas percepcións que se establecen para a súa categoría-nivel.

Artigo 38º.-Ascensos-revisión de categorías.

Os cambios de categorías dos traballadores serán propostos á dirección da empresa a través dos mandos intermedios ou do comité de empresa.

Artigo 39º.-Dereitos sindicais.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores ou posterior disposición que o modifique.

O crédito de horas sindicais dispoñibles para cada delegado do comité poderá acumularse entre os distintos membros deste órgano, logo de comunicarllo á empresa.

Artigo 40º.-Disposición derradeiras.

En todo o non expresamente previsto no presente convenio, aceptarase o disposto na ordenanza laboral do comercio e no Estatuto dos traballadores.

Categoría por claves - cadro número 1

As distintas claves por categorías quedan como segue:

ClaveCategoría

Mandos e técnicos
00Conselleiro delegado
01Director xeral
02Subdirector xeral
03
04Director división
05Xefe explotación «E»
06Xefe explotación «C»
07Xefe explotación «B»
08Xefe explotación «A»
09Xefe Secc. comerciais
10Encargado Xral. obras
11Técnico industrial

Comerciais (especialistas)
12Dependente maior
13Dependente 25 anos «C»
14Dependente 25 anos «B»
15Dependente 25 anos «A»
16Dependente 22 a 25 anos
17Axundante de dependente
18Aprendiz 17 a 18 anos
19Aprendiz 16 a 17 anos
20
21

Administrativos
24Director de división
25Xefe sección Admtvo. «E»
26Xefe sección Admtvo. «C»
27Xefe sección Admtvo. «B»
28Xefe sección Admtvo. «A»
29Secretaria
30Contable
31
32Oficial Admtivo. «C»
33Oficial Admtivo. «B»
34Oficial Admtivo. «A»
35Auxiliar Admtivo. «C»
36Auxiliar Admtivo. «B»
37Auxiliar Admtivo. «A»
38Aspirante 17 a 18 anos
39Aspirante 16 a 17 anos
40

Mecánicos (especialistas)
41Xefe taller «C»
42Xefe taller «B»
43Xefe taller «A»
44Prof. oficio primeira «C»
45Prof. oficio primeira «B»

ClaveCategoría

46Prof. oficio primeira «A»
47Prof. oficio segunda
48Axudante mecánico
49Aprendiz 17 a 18 anos
50Aprendiz 16 a 17 anos

Profesionais (Especialist.)
51
52
53Prof. oficio primeira «C/P»
54Prof. oficio primeira «B/P»
55Prof. oficio primeira «A/P»
56Prof. oficio segunda
57Axudante oficio
58
59Aprendiz 4º ano
60

Conductores (Especialist.)
61
62
63Prof. oficio primeira «C/C»
64Prof. oficio primeira «B/C»
65Prof. oficio primeira «A/C»
66Prof. oficio segunda
67
68Axudante conductor

Servicio-varios (no cualf.)
75Mozo especializado
76Mozo
77
78
79Sereno
80
81Ordenanza
82
83

Vendedores (especialist.)
84
85Vendedor «C» automoción
86Vendedor «B» automoción
87Vendedor «A» automoción
88Vendedor «C» repostos
89Vendedor «B» repostos
90Vendedor «A» repostos
91Vendedor «C» metais
92Vendedor «B» metais
93Vendedor «A» metais
94
95
96
98
99

Retribucións directas - cadro número 2

Clave Categ.Soldo mesCompto.Total mínimoSalario mínimoSalario máximo

00172.00099.000271.000271.000340.000
01156.00083.000239.000239.000286.000
02151.00068.000219.000219.000270.000
03
04146.00062.000208.000208.000260.000
05135.00054.000189.000189.000255.000
06135.00054.000189.000189.000241.000
07135.00027.000162.000162.000189.000
08135.0000135.000135.000162.000
09114.00021.000135.000135.000156.000
10114.00021.000135.000135.000156.000
11100.00015.000115.000115.000130.000
12108.00022.000130.000130.000145.000
1390.00024.000114.000114.000130.000
1490.00010.000100.000100.000114.000
1590.000090.00090.000100.000
1684.000084.00084.00090.000
1779.000079.00079.00084.000
1869.000069.00069.00075.000
1960.000060.00060.00069.000
24151.00068.000219.000219.000270.000
25135.00054.000189.000189.000255.000
26135.00054.000189.000189.000241.000
27135.00027.000162.000162.000189.000
28135.00017.000152.000152.000162.000
29101.00014.000115.000115.000125.000
30101.00024.000125.000125.000150.000
31
32101.00024.000125.000125.000150.000
33101.00010.000111.000111.000125.000
34101.0005.000106.000106.000111.000
3584.00010.00094.00094.000106.000
3684.0005.00089.00089.00094.000
3784.000084.00084.00089.000
3869.000069.00069.00075.000
3960.000060.00060.00069.000
41114.00054.000168.000168.000203.000
42114.00022.000136.000136.000168.000
43114.00010.000124.000124.000135.000
44101.00034.000135.000135.000165.000
45101.00019.000120.000120.000135.000
46101.0000101.000101.000120.000
4790.000090.00090.000100.000
4879.000079.00079.00090.000
4969.000069.00069.00075.000
5060.000060.00060.00069.000
51
52
53101.00024.000125.000125.000145.000
54101.00010.000111.000111.000125.000
55101.0000101.000101.000111.000

Clave Categ.Soldo mesCompto.Total mínimoSalario mínimoSalario máximo

5690.000090.00090.000100.000
5779.000079.00079.00090.000
58
59
60
61
62
63101.00024.000125.000125.000145.000
64101.00010.000111.000111.000125.000
65101.0000101.000101.000111.000
6690.000090.00090.000100.000
67
6879.000079.00079.00090.000
69
70
71
72
73
74
7590.00010.000100.000100.000115.000
7684.000084.00084.000100.000
78
7990.00019.000109.000109.000125.000
80
8190.00019.000109.000109.000125.000
82
83
84
8596.00034.000130.000130.000170.000
8696.00019.000115.000115.000130.000
8796.000096.00096.000115.000
8896.00034.000130.000130.000170.000
8996.00019.000115.000115.000130.000
9096.000096.00096.000115.000
9196.00034.000130.000130.000170.000
9296.00019.000115.000115.000130.000
9396.000096.00096.000115.000

Incentivo o prima cadro - número 3

Os incentivos mínimo e máximo quedan como segue por categoría-clave:

ClaveMínimoMáximo

00069.000
01047.000
02051.000
0300
04052.000
05066.000

ClaveMínimoMáximo

06052.000
07027.000
08027.000
09021.000
10021.000
11015.000
12015.000
13016.000
14014.000
15010.000

ClaveMínimoMáximo

1606.000
1705.000
1806.000
1909.000
2000
2100
2200
2300
24051.000
25066.000
26052.000
27027.000
28010.000
29010.000
30025.000
3100
32025.000
33014.000
3405.000
35012.000
3605.000
3705.000
3806.000
3909.000
4000
41035.000
42032.000
43011.000
44030.000
45015.000
46019.000
47010.000
48011.000
4906.000
5009.000
5100
5200
53020.000
54014.000
55010.000
56010.000
57011.000
5800
5900
6000
6100
6200
63020.000
64014.000
65010.000
66010.000

ClaveMínimoMáximo

6700
68011.000
6900
7000
7100
7200
7300
7400
75015.000
76016.000
7700
7800
79016.000
8000
81016.000
8200
8300
8400
85040.000
86015.000
87019.000
88040.000
89015.000
90019.000
91040.000
92015.000
93019.000
9400
9500
9600
9700
9800
9900

Calendario laboral - cadro número 4

O calendario para 1997 figura detallado en folla á parte.

Valor hora extra - cadro número 5

Os valores de horas extras serán os seguintes por categoría - clave:

ClaveValor

00
01
02
03
04
05

ClaveValor

06
07
08
09
10
11
12969
13932
14927
15921
16867
17841
18
19
20
21
22
23
24
25
26
271.061
28974
29959
30974
31
32974
33959
34932
35894
36852
37841
38
39
40
411.425
421.425
431.425
441.301
451.301
461.301
471.184
481.061
49
50
51
52
53969
54927
55927
56889

ClaveValor

57847
58
59
60
61
62
63969
64927
65927
66889
67
68867
69
70
71
72
73
74
75889
76841
77
78
79867
80
81841
82
83
84
85
86
87
88
89

8421