Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.868

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación do concurso para a contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros predoutorais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: contratación dunha póliza para cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros predoutorais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 1 de agosto de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.201.420 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data do 26 de setembro de 1997.

b) Adxudicatario: Previasa, S.A.

c) Importe: 6.869.700 ptas.

Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

97-6640