Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de outubro de 1997 pola que se resolven os premios de investigación Xunta de Galicia 1996 convocados na Orde do 31 de marzo de 1997 (DOG do 11 de abril).

Pola orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 31 de marzo de 1997 (DOG do 11 de abril), convocáronse os premios de investigación Xunta de Galicia 1996.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse

a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Reunido o xurado e adoptadas as decisións pertinentes en relación cos anexos I, II e III da citada orde procede, en consecuencia, darlles publicidade. Polo que antecede,

RESOLVO:

Primeiro.-Concedérlle-lo premio de investigación Xunta de Galicia 1996 a un labor ou traxectoria investigadora ó profesor Dr. Ramón Varela Núñez.

Segundo.-Concedérlle-lo premio de investigación Xunta de Galicia 1996 de promoción da investigación ó mellor artigo publicado en xornal, semanario ou revista de información xeral editado en España á Dra. Mª del Carmen Leirós de la Peña e ó Dr. Fernando Gil Sotres, polo artigo: ¿Mellora a calidade dos solos cando son fertilizados con xurro de vacún?, publicado na revista Feiraco.

Terceiro.-Concedérlle-lo premio de investigación Xunta de Galicia 1996 ó mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro ás persoas que a continuación se relacionan dentro das súas respectivas áreas de coñecemento:

1. Área de Ciencias Experimentais.

Premio compartido ós investigadores:

-Dra. Emilia Iglesias Martínez polo artigo titulado Enolization of benzloylacetone in aqueous surfactant solutions: A novel method for determining Enolization Constants, publicado na revista The Journal of Physical Chemistry.

-Dr. Juan Manuel Viaño Rey polo traballo titulado Mathematical modelling of rods, publicado en Handbook of Numerical Analysis.

2. Área de Ciencias da Saúde.

Premio ó investigador Dr. Francisco Orallo Cambeiro polo traballo titulado Regulation of Cytosolic calcium levels in vascular smooth muscle, publicado na revista Pharmacology-Therapeutics an International Review Journal.

3. Área de Ciencias Sociais e Xurídicas.

Premio á investigadora Dra. María Pilar Jiménez Aleixandre polo traballo titulado Darwinian and Lamarckian models used by students and their representation, publicado na revista Knowledge Acquisition, Organization and Use in Biology.

4. Área de Humanidades.

Premio á investigadora Dra. Teresa Fanego Lema polo traballo titulado The development of gerunds as objects of subject-control verbs in English (1400-1760), publicado na revista Diachronica.

Cuarto.-Declarar deserto o premio de investigación Xunta de Galicia 1996 ó mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro correspon

dente á área de ensinanzas técnicas por non se presentar ningunha candidatura.

Quinto.-A presente orde ponlle fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

8442