Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.877

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1827/1997, interposto pola Asociación de Médicos de Familia Vía Mir de Ourense (Anfamir).

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 1/1827/1997 interposto pola Asociación de Médicos de Familia Vía Mir de Ourense (Anfamir) contra o Decreto 186/1997, do 3 de xullo (DOG nº 136, do 16 de xullo), polo que se regulan os procesos de provisión de prazas e selección de per

soal estatutario no ámbito da atención primaria do Servicio Galego de Saúde. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer e persoarse en autos na sección primeira da antedita sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

8472