Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.707

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (312/1996).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e

testemuño de que nos autos de xuízo executivo nº 312/1996, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva do seguinte teor:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o seis de outubro de 1997. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido os presentes autos de xuízo executivo nº 312/1996, promovidos por Banco de Galicia, S.A., representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo, e defendido polo letrado Carlos Quintanilla, contra Francisco Agrelo García, declarado en rebeldía, sobre reclamación de 902.999 pesetas de principal, máis 400.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución, ata facer remate cos bens embargados e que no sucesivo se lles poidan embargar ós debedores Francisco J. Couselo Rodríguez, Laura Agrelo Estraviz e Francisco Agrelo García, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da cantidade de 902.999 pesetas, importe do principal, reclamado, máis 400.000 pesetas, calculadas para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente lle impoño á parte demandada. Expídase e únaselles certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde a notificación ás partes.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados con ignorado paradoiro, Francisco Agrelo García, Francisco Couselo Rodríguez e Laura Agrelo Estraviz, co último domicilio coñecido en rúa San Xoán , 2-1º B, Santiago de Compostela, o primeiro, e Avenida de Rosalía de Castro, nº 78-4º D, Milladoiro-Ames, os dous últimos».

Expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o sete de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

8187