Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.707

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (196/1997-V).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co número 196/1997-V se tramitan autos de xuízo de faltas por ameazas nos autos do cal se acordou citar a Juan Carlos García Fernández para que compareza na sala de audiencias número catro deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza, polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela) o vindeiro

día dezanove de decembro ás once corenta horas co fin de asistir como denunciado á celebración do xuízo, debendo comparecer provisto do seu DNI e, se fose parte, cos medios de proba dos que tente valerse, baixo apercibimento de que se non o fixese recaerán sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación en forma ó expresado demandado e para a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

8306