Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.707

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (1225/1997-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramitan D. previas 1225/1997-10 contra a empresa Elice, S.L., nas actuacións da cal en resolución desta data se acordou darlles traslado a todas aquelas persoas que se sentisen prexudicadas pola compra de obxectos e rifas ofertados pola empresa Elice, S.L., no centro comercial Área Central de Santiago de Compostela e outros de Galicia, para o seu debido coñecemento, podendo proceder para exercita-la súa reclamación como prexudicado poñéndoo en coñecemento deste xulgado e, se é o caso, comparecendo para exercita-la acusación particular con avogado e procurador.

E para que conste e para os efectos oportunos, expido e asino en Santiago de Compostela o dezasete de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

8230