Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.611

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (348/1995).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Romero Gómez, en nome e representación de Ramón Caamaño Rodríguez e Clemencia Gabín Varela, contra José Antonio Pallas Bermúdez e herdeiros de José Pallas Gómez, dictouse coa data do 27 de xuño de 1997 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo o vintesete de xuño de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario declarativo de menor contía número 348/1995, seguido por instancia de Ramón Caamaño Rodríguez, con DNI 32.139.478 domiciliado en rúa Cervantes, nº 9 (Carballo) e Clemencia Gabín Varela, con DNI 32.139.477 domiciliada en rúa Cervantes, nº 9 (Carballo), representados polo procurador Antonio Romero Gómez, contra José Antonio Pallas Bermúdez, con DNI 32.366.875 domiciliado en rúa Cervantes, nº 8 (Carballo), representado pola procuradora Isabel Trigo Castiñeira, e contra herdeiros de José Pallas Gómez, declarados en rebeldía sobre reparación de danos causados en edificación.

Resolvo que considero a demanda interposta polo procurador Antonio Romero Gómez, en nome e representación de Ramón Caamaño Rodríguez e Clemencia Gabín Varela, en contra de José Antonio Pallas Bermúdez e herdeiros de José Pallas Gómez, e na súa virtude condeno os ditos demandados a que realicen as obras necesarias na súa propiedade para que cesen as causas que producen as humidades e filtracións no edificio dos demandantes e a que indemnicen os danos causados por consecuencia destas, e cunha valoración que se difire á fase de execución de sentencia conforme se dictamine pericialmente, isto con expresa imposición de custas á parte demandada. Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Déixese testemuño da presente resolución nos autos ó que se refire e arquívese o orixinal no libro de sentencias que se leva neste xulgado. Así, por esta miña sentencia,

definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E no cumprimento do acordado, para a súa fixación no taboleiros de anuncios desta xulgado e publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, herdeiros de José Pallas Gómez, con DNI/CIF domi

ciliado en descoñecido (descoñecida) expídese o presente edicto en Carballo o dous de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8066