Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.611

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (146/1997-I).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co nº 146/1997-I se tramitan autos de xuízo de faltas por desobediencia e ofensas nos autos do cal se acordou citar a María José Comesaña Fernández para que compareza na sala de audiencias número catro deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza-polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela) o vindeiro día 19 de decembro ás 12.10 horas co fin de asistir como denunciada á celebración do xuízo. Deberá comparecer provista do seu DNI e, se fose parte, cos medios de proba dos que tente valerse, baixo apercibimento de que se non o fixer recaerán sobre ela os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que así lle sirva de citación en forma á expresada demandada e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

8183