Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular de transportes de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: F-2473; XG-237, de Somoza a varias localidades e F-3141; XG-351, de Insua a varias localidades.

O acordo directivo do 9 de agosto de 1995 autorizou a transmisión das concesións de referencia a favor

da empresa El Baturro, S.L., por cesión do seu anterior titular, Herederos de José Tarrío López.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, o novo concesionario queda subrogado nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Director Xeral de Obras Públicas e Transportes

8182