Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, no 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución e modificación da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica: V-0462; SG-029, entre Becerreá e Sarria, con anexo (titular: Aníbal Piñeiro López).
Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1997.
Emilio García Gallego
Director xeral de Obras Públicas e Transportes
8337