Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.610

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 22 de setembro de 1997 (DOG do 9 de outubro), pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros no anexo da resolución desta universidade do 22 de setembro de 1997 (DOG do 9 de outubro), pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado, ó abeiro do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

Praza número 97/002, onde di: «María Concepción Lozano Mantecón, catedrática de universidade. Universidade da Laguna», debe dicir: «María Concepción Lozano Mantecón, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Madrid».

A Coruña, 22 de outubro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

8109