Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.608

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cepillos Mariño, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Cepillos Mariño, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-8-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal, en data 3-7-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma

de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de setembro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Artigo 1º.-Convenio propio.

O presente convenio afectará á empresa Cepillos Mariño, S.L., de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O convenio vincula á empresa Cepillos Mariño, S.L., dedicada á fabricación de brochas, pinceis, cepillos e similares.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará á totalidade do persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro da industria afectada.

Artigo 4º.-Efectos económicos.

Independentemente da entrada en vigor do presente convenio, os efectos económicos comezarán a rexer a partir do día 1 de xuño de 1997.

Artigo 5º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor ós oito días da súa sinatura e a súa duración será ata o 31-12-1997, prorrogándose anualmente sempre que non exista denuncia ningunha das partes con 3 meses de antelación.

Artigo 6º.-Rescisión e revisión.

O convenio poderase rescindir mediante aviso formulado en tempo e forma cunha antelación dun mes á data de remate da súa vixencia.

Artigo 7º.-Absorción.

Os aumentos concedidos polo presente convenio absorberán os que, por imperativo legal, se impuxesen posteriormente durante a súa vixencia.

Artigo 8º.-Salarios.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá desde o 1º de xuño de 1997 as retribucións consignadas na táboa anexa.

Artigo 9º.-Revisión salarial.

En caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1997 un incremento superior ó 6%, con respecto

ó 31-12-1996, efectuarase unha revisión salarial en tódolos conceptos económicos do convenio así que se constate oficialmente a dita circunstancia no exceso da indicada cifra. Tal incremento aboarase a partir do mes en que se produza o dito incremento.

Artigo 10º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento de nóminas realizarase de forma mensual, non obstante o persoal poderá solicitar, coa debida antelación, anticipos a conta de haberes devengados.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A partir do 1-6-1997 non se devengarán por este concepto novos dereitos, quedando polo tanto suprimida a antigüidade.

Os traballadores que teñen adquiridos dereitos por este concepto percibiranos no mesmo importe que teñan recoñecido o 1-6-1997. Esta contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto de antigüidade consolidada e non será absorbible nin compensable.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición da antigüidade, os traballadores que teñan adquiridos dereitos o 1-6-1997 percibirán en compensación 1.600 ptas. mensuais, cantidade que se cobrará ata o mes de marzo do ano 2002 e será aboada mensualmente. Transcorrido este período desaparecerá a citada contía e a antigüidade quedará cos valores que tivese cada traballador o 1-6-1997, quedando así fixada no sucesivo, sen sufrir ningún incremento. O valor do quinquenio anual será o seguinte:

Xefe administrativo 67.364.

Oficial 1ª 66.195.

Oficial 2ª 65.961.

Auxiliar 55.914.

Almaceneiro 58.909.

Garda, vixilante ou ordenanza 58.718.

Encargado xeral 64.110.

Encargado de sección 63.990.

Oficial de 1ª 66.195.

Oficial de 2ª 65.961.

Conductor 66.195.

Axudante 55.914.

Mecánico 66.195.

Viaxante 61.677.

Limpadora (media xornada) 28.451.

Limpadora (xornada completa) 55.777.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Por este concepto os traballadores afectados por este convenio percibirán, incluída a antigüidade que a tivese, 30 días de salario na paga extraordinaria do 24 de xullo e 30 días en Nadal.

Tamén percibirán unha paga extraordinaria de 24 días, que será aboada na data do día inmediatamente anterior á festa do padroeiro, que se celebra o 19 de marzo de cada ano.

Artifo 13º.-Vacacións.

O período de vacacións para todo o persoal afectado consistirá en 22 días laborables.

Artigo 14º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitarán ós seus traballadores as dúas pezas de roupa de traballo que determina a ordenanza laboral respectiva.

O incumprimento desta obriga dará lugar ó aboamento de 3.255 ptas. en compensación de cada peza de roupa non entregada.

Artigo 15º.-Plus de gastos de locomoción.

Establécese para todo o persoal da empresa afectada por este convenio un plus de locomoción ou distancia equivalente a 6.800 ptas. mensuais. Esta cantidade aboarase os 12 meses do ano.

Artigo 16º.-Plus de traballos tóxicos.

Rexerá o establecido na lexislación vixente.

Artigo 17º.-Seguro de accidentes.

A partir do 1 de xuño de 1997 as empresas afectadas por este convenio teñen a obriga de facer un seguro por accidente de traballo que cubrirá un capital de 1.500.000 ptas. en caso de morte e 2.500.000 pesetas en caso de invalidez permanente, absoluta ou gran invalidez, sempre que se produza o accidente durante as horas de traballo.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral máxima ordinaria será de 1.808 horas efectivas de traballo ó ano.

Para efectos da distribución e cálculo da xornada anual anterior consideraranse como días non laborables o 24 e o 31 de decembro de 1997.

Artigo 19º.-Condicións máis beneficiosas.

Tendo en conta a consideración de bases mínimas, serán respectadas as condicións máis beneficiosas que a empresa aceptase polo mesmo, tivese xa concedida ós seus respectivos productores.

Artigo 20º.-Revisión médica.

A empresa solicitará da mutua de accidentes ou da entidade que corresponda unha revisión médica anual para tódolos traballadores do seu cadro de persoal, que disporán do tempo necesario para a realización dela.

Artigo 21º.-Contratacións.

Cando se celebren contratos, ó abeiro do artigo 15 do Estatuto dos traballadores, estes poderán ter unha duración máxima de 10 meses, continuos ou descontinuos, dentro de cada ano natural. Esta cláusula será de aplicación ós contratos que estean en vigor na data da sinatura do convenio.

Os contratos que se concertasen por unha duración inferior á máxima establecida poderán prorrogarse por acordo entre as partes, ata o dito límite máximo de duración.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores créase unha comisión paritaria do convenio que terá as funcións e fins regulados pola normativa vixente, a cal estará presidida polo presidente da comisión deliberadora dos traballadores

por unha banda e do empresario por outra, da que a designación recaerá sobre as mesmas persoas e en igual número de vocais titulares que foron nomeados para a negociación deste convenio.

Artigo 23º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son a empresa e a central sindical CC.OO.

Vilagarcía de Arousa, 3 de xullo de 1997.

TÁBOA DE SALARIOS DE CEPILLOS, BROCHAS

E PINCEIS PARA 1997

Categorías

Táboa

actual

Táboa

anterior

I. Persoal administrativo
Xefe93.01989.819
Oficial de 1ª89.14385.943
Oficial de 2ª86.47582.853
Auxiliar77.75274.552

II. Persoal subalterno
Almaceneiro81.74578.545
Garda, vixilante ou ordenanza81.49078.290

III. Persoal producción
Encargado xeral89.17085.480
Encargado de sección88.52085.320
Oficial de 1ª86.73482.199
Oficial de 2ª86.48181.099
Conductor86.73482.199
Axudante77.75274.552
Mecánico86.73482.199
Viaxante85.43682.236
Limpadora (media xornada)39.53437.934
Limpadora (xornada completa)75.96974.369

IV. Aprendices
Aprendiz de 1º e 2º ano45.88545.885
Aprendiz a partir do 3º ano71.35271.352

Os aprendices contratados mediante un contrato de aprendizaxe ou formación percibirán o seu salario de acordo co salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, aplicándose a este o 70% ou o 80% durante, respectivamente, o primeiro ou segundo ano de vixencia do contrato.

Non obstante o anterior, a retribución dos aprendices, menores de dezaoito anos, non poderá ser inferior ó 85% do salario mínimo interprofesional correspondente á súa idade.

8146