Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.610

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do texto do convenio colectivo da empresa Círculo Mercantil e Industrial de Vigo (cidade deportiva).

Advertido erro no texto do convenio colectivo da empresa Círculo Mercantil e Industrial de Vigo, cidade deportiva, publicado no DOG nº 57, do 24 de marzo, na páxina 2.634, e no BOP nº 70, do 14 de abril, na páxina 35, na táboa salarial onde di: «Conserje CD/SC», debe dicir: «Encargado deportes CD/conserje SG». Polo que en virtude do disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, esta delegación provincial,

ACORDA:

Rectifica-lo erro material padecido no devandito texto no sentido explicitado, e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de outubro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

8371