Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.601

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 303/1997, do 23 de outubro, polo que se acordan as cesións do uso, a título gratuíto, de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias de Ames, Aranga, Boqueixón, Fisterra, Oza dos Ríos, O Pino, Toques, Samos, Cotobade, Dozón, Marín, Mondariz e Salceda de Caselas.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu apartado tres establece que o Consello da Xunta, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Os concellos de Ames, Aranga, Boqueixón, Fisterra, Oza dos Ríos, O Pino, Toques, Samos, Cotobade, Dozón, Marín, Mondariz e Salceda de Caselas solicitaron a cesión do uso dos inmobles sitos nos seus respectivos termos municipais e que pertenceron ás extintas cámaras agrarias locais, para destinalos a actividades de interese agrario.

Mediante os decretos 140/1996, do 5 de xuño (DOG nº 115, do 17 de xuño), 194/1997, do 3 de xullo (DOG nº 142, do 24 de xullo), e 208/1997, do 24 de xullo (DOG nº 152, do 8 de agosto), desafectáronse do dominio público, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Ames, Aranga, Boqueixón, Fisterra, Oza dos Ríos, O Pino, Toques, Samos, Cotobade, Dozón, Marín, Mondariz e Salceda de Caselas.

Polas ordes da Consellería de Economía e Facenda, do 24 de xullo, 27 de agosto e 5 de setembro de 1997 (DOG nº 151, do 7 de agosto e nº 182, do 22 de setembro) declarouse a alleabilidade dos anteditos inmobles.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da mencionada consellería, tramitou o expediente de cesión do uso de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, e tendo en conta o informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdanse as cesións a título gratuíto que a continuación se relacionan:

1. A favor do Concello de Ames, do dereito de uso do predio nº 6, local situado na planta baixa

dun edificio no lugar de Agro da Taberna, parroquia de Ortoño, municipio de Ames (A Coruña), que fai esquina con rúa de nova construcción e á rúa Alcalde Lorenzo, sinalado co nº 5. Ten unha superficie útil de 100 m. Linda: norte, local nº 6 desta mesma planta; sur, local nº 1 desta mesma planta; leste, descanso de entrada a este local e ó local nº 6 desta mesma planta; e oeste, despois da rampla de acceso ó soto, Amelia Pombo Pena, Ana-María e María-Castora Gesto Pombo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 790, libro 204, folio 155, predio nº 19730, inscrición 3ª.

2. A favor do Concello de Aranga, do dereito de uso do edificio sen número no sitio de Arriba do Prado do Arrequento, no lugar de Gomil, parroquia e municipio de Aranga (A Coruña), composto de planta baixa, distribuída en arquivo, secretaría, sala de xuntas e oficinas, dunha superficie construída aproximada de 63 m. Rodeada por tódolos seus ventos por un terreo destinado a chousa de 9 áreas e 18 centiáreas. Forma todo un só predio de dous ferrados e cuarto, ou 9 áreas e 81 centiáreas. Linda: norte, regato de Foxo, que o separa do campo de José Grañas e Ángel Vázquez; sur, o seu cerrado de monte da herdanza e dos herdeiros de Francisco García; leste, prado ó que lle chaman Longo, de Ángel Vázquez Roca, e mais camiño; e oeste, o seu cerrado de monte da herdanza e dos herdeiros de Francisco García.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.431, libro 42, folio 134, predio nº 3257, inscrición 4ª.

3. A favor do Concello de Boqueixón, do dereito de uso do predio número 9 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de San Vicente de Boqueixón, no sitio de Fonte Branca, municipio de Boqueixón (A Coruña), sobre a que hai construído un edificio dunha soa planta, que ocupa a extensión de 100 m, que forma co terreo sobrante un só predio de 7 áreas de extensión. Linda: norte, con José Carrillo; sur, estrada da Susana a Ponte Ledesma; leste, con Consuelo Novo Mareque; e oeste, con Pedro Gómez Ferreiro.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela no tomo 1215, libro 86, folio 219, predio nº 8216, inscrición 1ª.

4. A favor do Concello de Fisterra, do dereito de uso do terreo secaño, no sitio de Hermedesujo de Abajo, número 417 da zona de concentración parcelaria de San Martiño e San Vicente de Duio, municipio de Fisterra (A Coruña), de 37 áreas e 85 centiáreas. Linda: norte, con camiño público; sur, con masa común (421), saída a camiño público e Manuel Castreje Leis (420); leste, con Fernando Insua Trillo (418); e oeste, con Ramón Senlle Santos (416). Sobre o terreo atópase construída unha casa de planta baixa, dunha superficie de 115 m; ten dúas entradas pola súa fronte norte, unha para almacén e outra

para oficinas. Linda por tódolos seus ventos co predio no que está enclavada.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 544, libro 53, folio 84, predio nº 6029, inscrición 3ª.

5. A favor do Concello de Oza dos Ríos, do dereito de uso dun soar, no lugar de Castiñeiro, no municipio de Oza dos Ríos (A Coruña), dunha superficie de 164 m. Linda: norte ou esquerda, predio do número anterior; sur ou dereita, predio do Concello de Oza dos Ríos; leste ou por detrás, terraplén do ferrocarril; e oeste ou fronte, estrada de Betanzos á Agolada. Sobre este terreo construíuse un edificio sinalado co nº 2, composto de planta baixa e piso alto, dunha superficie por planta de 77 m.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1178, libro 137, folio 42, predio nº 14125, inscrición 4ª.

6. A favor do Concello de Oza dos Ríos, do dereito de uso do predio nº 476 da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Oza e Santo Estevo de Parada, no sitio dos Lagos, municipio de Oza dos Ríos (A Coruña), cunha superficie de 2.645 m. Linda: norte, Encarnación Corral Sánchez (474), saída a camiño, e outros (745 e 437); sur, María Nieves Quiroga y Pardo Bazán (434); leste, Isaura Barallobre López (477) e Manuel Rilo Valiño (478); e oeste, María Nieves Quiroga y Pardo Bazán (434).

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1516, libro 161, folio 30, predio nº 12739, inscrición 3ª.

7. A favor do Concello do Pino, do dereito de uso dun soar na parroquia de Arca, municipio do Pino (A Coruña), de 918 m. Linda: norte, dereita entrando, por onde ten 37 m de Iglesias Viñas; sur, esquerda entrando, por onde ten 35 m, terreo que pertence ó Concello do Pino; leste ou fronte, por onde ten 31 m, a estrada Lugo a Santiago de Compostela; e oeste ou fondo, por onde ten 20 m, valado de Josefa Chico Lareo. Sobre parte deste predio, cara á súa fronte ou leste, construíuse unha casa de planta baixa, cunha extensión de 136 m, que linda por tódolos seus ventos con máis terreo sen edificar.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 412, libro 50, folio 99, predio nº 2044, inscrición 4ª.

8. A favor do Concello de Toques, do dereito de uso dun edificio que ocupa 90 m, en Ponte Queimadas, parroquia da Capela, municipio de Toques (A Coruña), composto de planta baixa, destinada a almacén, e piso alto, destinado a oficinas, cunha porción de terreo ó sur e oeste. Todo forma un só predio de 392 m. Linda: fronte ou leste, estrada de Melide a Vaamonde; esquerda-entrando, camiño que forma parte deste predio de 3 m de largo, para o que poderán abrirse luces por ámbolos lados; dereita, camiño; e costas, terreo que separa da casa de Jesús Sueiro.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 536, libro 18, folio 62, predio nº 548, inscrición 2ª.

9. A favor do Concello de Samos, do dereito de uso dun soar na rúa Xeneral Franco, s/n, do municipio de Samos (Lugo), cunha superficie de 200 m, sobre o que se construíu unha casa, de planta baixa e alta, que ocupa a extensión total do terreo. Linda: norte e sur, vías públicas; leste, herdeiros de José Gómez Pereira, parede que fai de medianeira; oeste, José Valdés Grandío, parede medianeira.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Sarria no tomo 380, libro 50, folio 87, predio nº 4695, inscrición 3ª.

10. A favor do Concello de Cotobade, do dereito de uso dun terreo ó que lle chaman Nabal e Malvariña, no lugar de Chan, parroquia de Carballedo, municipio de Cotobade (Pontevedra), que ocupa unha extensión de 19 áreas e 5 centiáreas. Linda: norte, herdeiros de Emilia García e estrada de Caroi; sur, estrada de Augasantas; leste, herdeiros de Francisco Blanco; oeste, estrada de Caroi e Concello de Cotobade.Sobre a parcela descrita atópase construído un edificio de baixo e planta alta de 140 m que linda por tódolos seus ventos co seu soar.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ponte-Caldelas no tomo 133, libro 57, folio 161, predio nº 5238, inscrición 2ª.

11. A favor do Concello de Dozón, do dereito de uso dun soar situado no lugar de Castro, minicipio de Dozón (Pontevedra), de 12 m de fronte por 28 m de fondo, o que fai unha superficie de 336 m. Linda: norte, terreo dos herdeiros de José Lorenzo Castro e outros; sur ou fronte, estrada de Ourense a Santiago de Compostela; leste e oeste, con máis de José Lorenzo Rodríguez. Sobre este predio construíuse un edificio composto de planta baixa para almacén e un piso alto para oficinas, que ocupa unha superficie de 66,99 m, e linda: fronte, estrada de Ourense a Santiago de Compostela; dereita entrando, franxa de 3 m de largo sobrante da edificación; esquerda, hoxe herdeiros de José Lorenzo Rodríguez; e fondo resto do predio.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 484, libro 32, folio 128, predio nº 4062, inscrición 4ª.

12. A favor do Concello de Marín, do dereito de uso do predio nº 6 do edificio nº 9 da rúa do Río Lameiriña, na vila e municipio de Marín (Pontevedra), composta de planta baixa cunha superficie útil de 177,20 m. Linda: norte, predio nº 7, portal de entrada e caixa da escaleira da edificación á que pertence; sur, Travesía de Lameiriña á Banda do Río; leste, rúa do Río Lameiriña; e oeste, rúa Banda do Río.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra nº 2 no tomo 580, libro 91, folio 28, predio nº 7853, inscrición 4ª.

13. A favor do Concello de Mondariz, do dereito de uso do predio ó que lle chaman Monte de Ovella, sita no municipio de Mondariz (Pontevedra), que ten unha extensión de 320 m. Linda: norte, herdeiros de José Fontán; sur, rúa de Merouces; leste, predio matriz propiedade do Concello de Mondariz; e oeste, Campo da Feira. Sobre este soar construíuse un edificio de unha planta que mide 140 m aproximadamente.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 557, libro 98, folio 120, predio nº 13490, inscrición 4ª.

14. A favor do Concello de Salceda de Caselas, do dereito de uso dun terreo no lugar de Altamira, municipio de Salceda de Caselas (Pontevedra), de 265 m de superficie, sobre o que se construíu unha casa de planta baixa e un piso que ocupa unha superficie de 137,50 m. Linda: esquerda ou sur, camiño; fronte ou leste, estrada do Porriño a Salvaterra de Miño; norte, Carmen Sanjuán; e oeste, Dolores Sanjuán.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 765, libro 83, folio 146, predio nº 9532, inscrición 3ª.

Artigo 2º

As cesións de uso relacionadas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) O fin da cesión será a dedicación do inmoble a fins e servicios de interese xeral agrario.

b) A cesión do uso outórgase por un período de dez anos, contados desde o outorgamento da correspondente escritura pública, prorrogable por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo da petición do cesionario con anterioridade ó vencemento do período anterior; queda excluída a tácita reconducción.

c) Se o dereito cedido non se aplicase ó fin sinalado dentro do prazo de dous anos, contado desde o outorgamento da escritura pública, deixase de estalo con posterioridade, ou se incumprisen calquera das outras cláusulas, considerarase resolta a cesión e o dereito reverterá á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

d) Serán por conta do cesionario:

-Os gastos de conservación e mantemento do inmoble do que se cede o uso.

-Os gastos polos servicios con que conte o inmoble que se individualicen mediante aparellos contadores.

-As cotas dos tributos que poidan grava-lo inmoble.

e) As obras de adaptación, reparación e mellora do inmoble, que serán por conta da entidade cesionaria, requirirán a presentación do proxecto e a súa aprobación pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda. En todo caso, as expensas investidas quedarán en beneficio do inmoble e, en ningún caso, poderán ser reembolsados pola Comunidade Autónoma de Galicia, propietaria do inmoble.

f) O cesionario subscribirá unha póliza, da que será beneficiaria a Comunidade Autónoma de Galicia, que cubra os danos do inmoble do que se cede o uso, así como a responsabilidade civil por posibles danos a terceiros.

Artigo 3º

As devanditas cesións de uso formalizaranse mediante escritura pública subscrita pola Secretaría Xeral e do Patrimonio ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario; serán por conta deste os gastos de formalización.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón no presente decreto.

Santiago de Compostela, vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

8089