Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.600

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 302/1997, do 23 de outubro, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais de Vedra, Cervo, Guntín de Pallares, A Pontenova e Carballeda de Avia.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu apartado tres establece que o Consello da Xunta, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Tendo en conta as solicitudes de cesión de uso presentadas, así como o informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 21 de xuño de 1996, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

1. Urbano. Casa destinada a local social, de planta baixa e piso alto. Ocupa unha superficie de 82 m. Ten anexo un terreo que a circunda, destinado a penedal, no sitio de Reverencia, sita no lugar de Sol, parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, municipio de Vedra (A Coruña), que mide 118 m. A edificación está situada no sector centro-oeste do predio. Linda o conxunto: norte, remata en punta e con valado de varios; sur, canal do Sr. Marqués; leste, valado que a cerra de José Canedo Tejo; e oeste, camiño veciñal de Sol á Devesa.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela no tomo 1245, libro 115, folio 218, predio nº 11990, inscrición 3ª.

2. Urbano. Soar, sen número de goberno, na chousa da pena da Arca e sitio de Andreallo, na parroquia e municipio de Cervo (Lugo), que ten unha superficie de 510 m. Sobre este terreo construíuse unha edificación de planta baixa e alta, de 100 m por planta,

destinadas a almacén e oficinas. Linda: norte, herdeiros de José María Crego, parede medianil; sur e oeste, predio matriz; e leste, estrada que baixa a Cervo, hoxe Avda. de Galicia.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Viveiro no tomo 725, libro 133, folio 31, predio nº 3765, inscrición 2ª.

3. Urbano. Edificio construído sobre un terreo denominado Leiro xunto á casa, sito na marxe esquerda da estrada de Lugo a Santiago de Compostela, da vila e municipio de Guntín de Pallares (Lugo), que ocupa a totalidade da superficie da parcela de 120 maproximadamente. Consta de dúas plantas, baixa e primeira, destinadas a oficinas e almacén. Linda: norte, liña de 12 m con Germán López; sur, liña de 12 m resto do predio matriz; leste, liña de 10 m, resto do predio matriz; e oeste, liña 10 m estrada de Lugo a Santiago de Compostela.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo no tomo 689, libro 48, folio 129, predio nº 4102, inscrición 2ª.

4. Urbano. Predio no campo da feira ou Pumarega, sito na parroquia da Pontenova-Vilaodriz, municipio da Pontenova (Lugo). Ten unha superficie de 240 m, con 12 m de fronte á estrada de Santo Estevo e 20 m de fondo. Sobre este terreo construíuse un edificio que consta de planta baixa e piso, destinado a almacén e oficinas, cunha superficie total construída de aproximadamente 261 m. Linda: norte, Auxiliadora Fernández Villanueva; sur, Manuel Liz Ginzo; leste, estrada da Pontenova a Santo Estevo; e oeste, Auxiliadora Fernández Villanueva.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo no tomo 329, libro 46, folio 137, predio nº 2607, inscrición 3ª.

5. Urbano. Edificio que ocupa 88 m, dunha soa planta baixa, construído sobre un soar de 110,5 m de superficie, no sitio ó que lle chaman Seara, preto da rectoral da igrexa de San Miguel de Carballeda, no municipio de Carballeda de Avia (Ourense). Linda: norte, liña de 13 m con praza Párroco Quiroga; sur, liña de 13 m con máis do predio ó que lle chaman Seara, propiedade da Igrexa; leste, liña de 8,5 m; e oeste, liña de 8.5 m con máis do predio Seara, propiedade da Igrexa, que separa doutra parcela de Benjamín Fernández.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadavia no tomo 397, libro 45, folio 35, predio nº 5987, inscrición 2ª.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

8274