Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.603

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001755/1997, interposto polo Concello de Valga.

O 1 de outubro de 1997, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001755/1997, interposto polo Concello de Valga, contra resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 30-6-1997 desestimatoria de Rec. Ord. c/ outra de 1-4-1997 da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, sobre desafectación de vivendas profesores.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázaselles para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

8338